Arquivo por etiquetas: Cristina Durán e Miguel A. Giner Bou

A BD como medio social, discurso e compromiso en 6 cómics actuais

Os que gozamos coa Banda Deseñada e procuramos manternos ao día asistimos recentemente a outra desas «falsas polémicas» que coma as serpes de verán volven con cada estación. Porqué lles chamo falsas? Porque parten de premisas falsas, inexactas ou terxiversadas, algo que por desgraza vemos cada día nos medios de comunicación de masas e que xa advertia Bordieu nos 90 que ía pasar.

Desta volta o tema non era si existe a novela gráfica ou se tal lista é acaida. Agora o tema é se a Banda deseñada ten diferentes capas de significado e se pode ter un compromiso político ou social. É evidente que si. Porén desta vez a polémica é inexistente porque quen a enuncia amosou nas súas argumentacións certas «disonancias cognitivas» ou dito en galego non entendeu nada. Outro tema é se merece a pena discutir con iletrados.

Mais esa falsa polémica serve para presentar seis bandas deseñadas actuais que son interesantes, e por suposto, con multiples niveis de lectura que convidan á reflexión, afondando porén en algo que todos e todas sabemos xa: a banda deseñada non só é un medio excelente para este tipo de narrativas senón que agora mesmo é un dos que máis obras deste tipo pon no mercado. Seguir lendo

Advertisements

18 Salón do cómic e a ilustración de Cangas

18-Cangas-Metropoles delirantes
Volve a BD a Cangas, a localidade do Morrazo acolle durante toda a semana a decimo oitava edición do Salón do Cómic e Ilustración que terá lugar na Praza de Abastos dende o luns 16 ata o vindeiro domingo día 22.

Este salón contará coa presenza coma convidadas de: Bea Lema, Cristina Durán e Miguel Á. Giner Bou, Pacheco & Pacheco, Quan Zhou e Raquel Riba Rossy. Seguir lendo

Ñam, festival internacional de cómic e novela gráfica

nam-CARTEL-Metrópoles DelirantesEstamos nun momento no que abrollan moitos festivais e xornadas de cómic novos, mentres outros pasan por dificultades para seguir vivos. En Palencia estrean cita este ano, e parece que ven para quedar e converterse nunha das datas importantes, de momento nesta edición terán unha axenda de actividades moi completa e con importantes nomes invitados.

O Ñam vaise celebrar do 30 de setembro ó 5 de outubro, cunha programación dirixida tanto ós aficionados coma ós novos (ou futuros) autores, e ten ás institucións públicas castelán leonesas amparando o proxecto.

Por este festival pasarán invitados tan interesantes coma o noso David Rubín, Scott McCloud, David Aja, ou Alfonso Zapico. Haberá actividades para profesionais e para aficionados, obradoiros, conferencias, master-class e ata sesións de networking . Seguir lendo