Arquivo por etiquetas: Cristian Fojón

Catro fanzines en galego e un murciano

(∞ -1). Xulia Pisón.

XuliaPisonNeste fanzine recompílanse catro historias (incluída a Gañadora do Premio Xuventude Crea da Xunta de Galiza no 2015) nas que Xulia amosa o seu potencial creador. Cun estilo que cabalga entre o clasicismo europeo e o manga, Xulia é en opinión deste que asina, un dos máis firmes valores da Nova Banda Deseñada Galega.

Aquí falamos con ela deste fanzine.

Dorotea. Cristian F. Caruncho.

Dorotea-Cristian1Cristian é outra das realidades da Nova BDG aínda que é moi novo leva xa anos debuxando e autopublicando as súas historias. Un autor certamente interesante cun universo propio con fondas raíces na súa terra, Ortegal. A obra de Cristian bebe da realidade do rural galego en temáticas e personaxes cunha clara mensaxe a prol da vida no rural e do respecto á terra. Este Dorotea segue esas premisas para, nunha breve pero emotiva historia, achegarnos a realidade do rural do noso País cada vez máis esquecido e abandonado a súa sorte. Seguir lendo

Advertisements

As lecturas do SrB: Licor Café

Aquí en español.

13 grolos da Nova Banda Deseñada Galega

LK-metropoles-delirantesDende este verán o Licor café, amais da bebida nacional da nosa terra, é un libro de Banda Deseñada. Manel Cráneo, a mente inqueda que está detrás de Demo editorial é o artífice deste excelente libro que recomplila trece historias curtas doutros tantos autores e autoras da BD do País. Conta o propio Manel no limiar que a idea levaba anos no aire, mais foi finalmente Cristian Fojón, autor dun dos episodios, quen lle puxo un titulo e quen fixo de detonador desta explosión de arte e creatividade que agromou en forma de libro. Xulia Pisón é a coordinadora deste Licor Café, escolma da Nova BD galega que xa é un imprescindíbel da nosa cultura.

A selección de autores e autoras é ben acaida e representativa, con variedade nas propostas. Hai quen xa ten publicada obra longa e hai outros e outras que aínda se moven máis na escena dos fanzines. A edición é de boa calidade, con portada a cor a cargo de Jorge Peral e interior nun expresivo e esencial branco e negro.

Nesta obra colectiva, que usa como nexo común entre as distintas historias a famosa bebida, navegamos ao longo de máis de cen páxinas polas distintas visións, estilos e narrativas destes autores e autoras. Non é só un libro con historias interesantes senón que serve coma visión panorámica da variedade da nosa BD máis nova que nestes momentos é referencia, mesmo no estado, pola súa capacidade, calidade e independencia. Seguir lendo

Premios do XX Concurso de Humor Gráfico “Curuxa do Humor”

Xurado-curuxa-Metrópoles Delirantes

O xurado deliberando.

Onte fallaronse en Fene os premios do XX Concurso de Humor Gráfico “Curuxa do Humor”. O xurado formado polo alcalde de Fene, Juventino Trigo, a concelleira de Cultura, Amalia García, os debuxantes Juan Carlos Abraldes, Luís Davila e Santy Gutiérrez, e o xestor de Actividades Culturais do Concello, Daniel Romero, acordou por unanimidade conceder os premios a:

Categoría CURUXA-NOVA (menores de 25 anos).

  • 1.º Premio, dotado con 1.000 euros e diploma: Cristian Fojón Caruncho.
  • 2.º Premio, dotado con 500 euros e diploma: Alba Souto Rodríguez. 

Categoría CURUXA (maiores de 25 anos).

  • 1.º Premio, dotado con 2.000 euros e diploma: Alberto Cardona Valcarcel.
  • 2.º Premio, dotado con 1.500 euros e diploma: Antón Lezcano González.

Metrópoles Delirantes 19 – Fran Bueno

MD19Nesta décimo novena emisión, voltamos a falar de fanzines, con Cristian Fojón, un autor que vai dar moito que falar na bd. O Sr B celebra o 5 de novembro facendo imprescindible un cómic de Alan Moore e David Lloyd, V de Vendetta. Falamos co autor premiado co Premio Castelao de bd 2013, Fran Bueno, que veu para falarmos de “Catálogo Oneroso de Beleza Gratuíta”, unha bd preciosa que hai que ter, aínda que a Deputación da Coruña a edite un ano tarde, cunha pésima distribución e nula promoción, unha magoa. No final as novidades que desta vez e por causa maior trae o Sr B. Coma sempre con musica fermosa e ben animada.

http://www.ivoox.com/player_ej_3716186_2_1.html?data=lJyemJaceo6ZmKiakpaJd6Kkk4qgo5mbcYarpJKfj4qbh46ljoqkpZKUcYarpJK6x9nWaaSnhqeg0tTQqdSfpcrZy9fFstXZ1JCem5KJe6Shrsrh1Iqnd4a2lNXczsrXb6XZzc7fw9PYqdShhpywj5U%3D&