Arquivo por etiquetas: Corto Maltés

A primeira páxina do novo álbum de Corto Maltés

Norma editorial que é a encargada de publicar esta nova aventura en España, adiantou a que será a primeira páxina desta continuación obra de Canales e Pellejero.

1pax_corto_canales-Metrópoles Delirantes

Advertisements

“Baixo o sol de medianoite” o novo Corto Maltés

Corto_canales_pellejero-Metrópoles DelirantesEís o titulo que levará a nova entrega de Corto Maltés, con guión de Juan Díaz Canales e debuxo de Rubén Pellejero.

A liña segue sendo moi fiel ao deseño de Hugo Pratt. O debuxante Ruben Pellejero mantivo os clásicos atributos que o fan inconfundible: a pucha de comandante, o seu abrigo de fibelas con lapelas anchas, un colete vermello e tamén o pendente de ouro na orella esquerda .

Benoît Mouchart, director editorial de Casterman, só fixo público sobre a historia, que “ocorre en 1915 no frío …” O álbum estará en cor, cunha variación de branco e negro. O biógrafo de Pratt, Dominique Petitfaux, engadiu: “Eu tiven a oportunidade de ver as primeiras oito pranchas. Son espléndidas. Polo que vin, descubrimos a un Corto Maltés con Rasputin no Norte aínda mozos.

Seguir lendo

Canales e Pellejero resucitarán a Corto Maltés

CORTO-Metrópoles DelirantesSegundo o xornal francés Le Figaro, tras vinte anos de ausencia, o guionista Juan Díaz Canales e o debuxante Rubén Pellejero van retomar a vida de Corto nun álbum previsto para outubro de 2015

O xornal cita unha entrevista do autor italiano na que parece que non nega a posibilidade de que se retomara o seu traballo, “Eu non estou sorprendido coa idea de que alguén poida un día retomar Corto Maltés”, dixo Hugo Pratt no libro entrevistas de Dominique Petitfaux, Côté de Corto.

Aquí a nova en Le Figaro.

Metrópoles Delirantes 2 – Roger Ibáñez

 

Roger Ibañez-Metrópoles Delirantes

Momento da entrevista a Roger Ibáñez

Entrevista sen presa a Roger Ibañez, contamos iniciativas coma wombastic nas novas express da BD, Pedro Rey fálanos de “porqué e como” comezar a ler a Tintín, o Mapache opina da derradeira pelicula do home de acero, inauguramos a sección dos imprescindibles con Corto Maltés e rematamos coas novidades editoriais que nos conta Sanmi.