Arquivo por etiquetas: Cómic galego

Toreromaus

Toreromaus-Metrópoles DelirantesDea e Diego son dous rapaces novos que no momento que decidiron usar coma nome artístico Los Bravú xa estaban avisando que as suas escollas creativas non ian transitar polos camiños comúns que utilizan a meirande parte dos autores de cómic.

O Bravú é para moitos de nós, unha forma de afrontar a vida, é roncanrol, é poesía, é arte, é un estoupido de rebeldía canalizada da forma máis creativa.

Toreromaus é unha aposta valente, que sorprende xa dende fora, porque nada neste cómic é común, as capas están feitas co mesmo cartón no que os seus autores adoitan pintar e a encuadernación ten moito de artesanal.

Seguir lendo

Advertisements

Metrópoles Delirantes 16 – O Botafumeiro

MD16_Ares-Metrópoles Delirantes

Debuxo de José Ángel Ares (@JoseAngelARES)

Na décimo sexta emisión das Metrópoles adiantamos o tema e o título do novo tebeo de José Ángel Ares e Josep Busquet, Independencia?. Entrevistamos a Simón Blanco, da librería Sindicato do cómic e membro da organización das vixésimo sextas Xornadas de bd de Ourense. O Sr B anota na súa lista de imprescindibles unha obra feita na terra, O Heroe de David Rubín. Con  Jano e a Rodrigo Cota, dous dos seus impulsores, falamos de O Botafumeiro a nova revista satírica que sae ó mercado neste mes de outono, e fanzineamos con Fernando Castro autor de Gris un traballo do que xa estamos impacientes por ver máis, as novidades desta volta veñen con Xaime Lis da Libraría Komic de Compostela, un home ó que da gusto escoitar e que contaxia o seu amor polos libros. Todo acompañado de música de calidade e tamén de saudade do Andrés

http://www.ivoox.com/player_ej_3617268_2_1.html?data=lJuemZeafI6ZmKiakpaJd6KkmYqgo5macYarpJKfj4qbh46kjoqkpZKUcYarpJK6x9nWaaSnhqeg0tTQqdSfpcrZy9fFstXZ1JCemJKJe6Shrsrh1Iqnd4a2lNXczsrXb6XZzc7fw9PYqdShhpywj5k.&

Andresdobarro

XXVI Xornadas de BD de Ourense

Imprimir

Cartaz deseñado por Xulia Vicente.

As Xornadas de BD de Ourense son as máis veteranas do cómic na Galiza, e fieis a súa cita xa están aquí. A vixesimo sexta edición será organizada pola Asociación Benito Losada e o colectivo Sindicato del Cómic. Este ano o cartaz foi deseñado pola gañadora do concurso do ano pasado, Xulia Vicente.

Do 27 de setembro ó 2 de Santos na ciudade de Ourense gozaran dunha manchea de actos e exposicións relacionadas cos tebeos, que comezarán o sábado 27 coa celebración do Aniversario da librería Sindicato del Cómic, no acto haberá concerto da banda Ourensana “Avecrem”, presentación e sinaturas de Hematocrítico, e a celebración dunha “batalla de debuxantes”. Haberá tamén talleres, concursos e encontros de autores.

O 11 de outubro celebrase unha xornada de auto edición, coa presencia de autores galegos coma os Barbamigos, Ismael López, Porno, Cristian Fojón, Compota de Manatí, Sergio Covelo, Colectivo Gigante, Nuria Figueirido, Kike J Díaz, Alfonso Rodríguez, Troquel e Eres Tonto, entre outros.

No Museo Municipal de Ourense, durante o mes de outubro, haberá duas exposicións, unha, coas obras dos gañadores dos premios Benito Losada do ano pasado e outra con obras premiadas no certamen anual Injuve.

O 18 de novembro, entregaranse os premios do Certame Benito Losada de BD e o Premio Ourense á mellor iniciativa do ano de banda deseñada. O Benito Losada premiou este ano a Alicia Jaraba Abellán e a Diego Blanco López, (maiores de 17 anos) e a Cristian Fojón (menores de 17, gañador tamén nas dúas últimas edicións), cunha mención de honra a Ismael López. O Premio Ourense será para Enrique Torreiro, que estivo moitos anos vinculado ás Xornadas.

No Museo Municipal de Ourense, durante o mes de outubro, haberá duas exposicións, unha, coas obras dos gañadores dos premios Benito Losada do ano pasado e outra con obras premiadas no certamen anual Injuve.

A casa da xuventude (Espazo Xove) albergará unha exposición titulada “Purín de Ortiga” de Dani Xove.

Aquí un interesante artigo sobre as Xornadas no xornal Praza Pública.

En quadriños, Edu Maroño escribe dos premiados.

Metrópoles Delirantes 15 – Gerardo Vilches

Metropoles15

Gravando a entrevista de Tokio

Voltamos coa décimo quinta emisión das Metrópoles, entrevistamos a Gerardo Vilches que presenta “Breve historia del cómic”. O Sr B ven cun rapaz e un tigre, Calvin e Hobbes é o imprescindible deste programa. Tamén recibimos a Tokio, o autor de “A causa do crime” un libro que nos leva ó Vigo da movida e as folgas xeraís. Lembramos a Ulises 31, o anime futurista que encheu moitas tardes de cando só había unha televisión. As novidades editoriaís chegan dende a librería A Gata Tola con Javi, coma sempre con boa música.

http://www.ivoox.com/player_ej_3494472_2_1.html?data=lJmmlpmbdo6ZmKiakpaJd6KklYqgo5iccYarpJKfj4qbh46kjoqkpZKUcYarpJK6x9nWaaSnhqeg0tTQqdSfpcrZy9fFstXZ1JCel5KJe6Shrsrh1Iqnd4a2lNXczsrXb6XZzc7fw9PYqdShhpywj5k.&

Fanzineando – Gris

Portada gris-Metrópoles DelirantesNo pasado Autobán, trouxemos un bo feixe de tesouros autoeditados que imos degustando ós poucos, o primeiro que lemos foi un fanzine que chama atención xa dende a portada, a obra é de Fernando Castro e leva por título Gris.

A portada de Gris e clara, limpa, moi elegante, unha gran masa de branco na que se debuxa un home de costas que leva unha palanca na man e que esta arrodeado de follas voando que aportan a nota de cor á unha portada que nos pareceu exquisita.

Fernando cóntanos, nesta primeira entrega, os primeiros pasos da historia dun home gris, metido en asuntos turbios e que parece superado pola súa vida familiar. O debuxo en branco e negro e matices de gris é claro, limpo, sinxelo pero con personalidade e forza narrativa. A historia, da que neste número só coñecemos o principio, ten gancho, lese ben, e as páxinas teñen unha boa distribución de viñetas e ritmo, ó único “defecto” e que nos deixa con ganas de ler máis.

A edición deste fanzine é impecable, ben rematado e ben impreso, e presentado nunha bolsiña que ven de marabilla para os coleccionistas.

Fernando é outro máis dos autores que veñen a confirmar que a bd galega está moi viva, que o camiño iniciado polos que hoxe son grandes figuras ten continuadores, e que a calidade é o selo distintivo no cómic galego.

Non quero rematar sen recomendar esta entrada no tumblr do Kike Benlloch e citar a súas verbas que para iso é un grande escritor de historias:

Agora Fernando, nom nos falhes e completa a história, nom abandones até concluir porque seria umha mágoa. E parabéns!

O Botafumeiro, revista satírica dixital, feita en Galiza.

Obotafumeiro1-Metrópoles DelirantesO sector da bd, a ilustración e o humor gráfico en Galiza ten desde hai anos unha nómina de grandes nomes, e sobre todo unha gran inquedanza creativa, dende o añorado Colectivo Polaqia ata os modernos fanzines Sacoponcho ou Compota de Manatí, pasando pola revista Retranca o sector está continuamente reinventandose e procurando darlle saida a todo o talento creativo do que gozamos.

O derradeiro movemento neste sector nace para ocupar un espazo que na terra aínda non tiña unha cabeceira de referencia. A revista Botafumeiro é a aposta dun grupo de xente con ampla experiencia que agora decidiron xuntar as súas capacidades para crear esta publicación humorística que será mensual e dixital, cada número estará adicado a un tema de actualidade e vanse alternar textos e máis comics, a lista de colaboradores é  impresionante.

Fixémoslle unhas preguntas a Jano un dos impulsores desta revista.

Como xorde esta idea tan poderosa de lanzar unha revista dixital en galego?

A idea xorde da propia necesidade de ter un sitio onde traballar, aproveitando as posibillidades que ofrece internet. Seguir lendo