Arquivo por etiquetas: Cómic dixital

Scribd ofrece agora bd en subscrición

Scribd_comicA coñecida plataforma de ebooks, Scribd, ven de poñer en marcha o seu servizo de subscrición de banda deseñada dixital (só en inglés), o servizo xa está en funcionamento, e din que cunha librería de máis de 10.000 volumes de editoras coma Marvel (comezan cun 20% do catálogo), Boom! Studios, Dynamite, IDW/Top Shelf ou Valiant entre outras. Tamén están en conversacións para que DC Cómics estea neste servizo. O primeiro mes é de balde.

O catálogo inclúe clásicos e os últimos números de series actuais. Non hai límite a la cantidade de cómics que se poden ler. Hai unha aplicación de Scribd (dispoñíbel en iOS, Android e Kindle Fire).

O acceso a semellante oferta de títulos será cunha subscrición de 8,99 dólares mensuais e irán chegando novos títulos aproximadamente un mes despois da súa publicación en papel.

Vía: iO9 e 9to5Toys

Advertisements

O Botafumeiro, revista satírica dixital, feita en Galiza.

Obotafumeiro1-Metrópoles DelirantesO sector da bd, a ilustración e o humor gráfico en Galiza ten desde hai anos unha nómina de grandes nomes, e sobre todo unha gran inquedanza creativa, dende o añorado Colectivo Polaqia ata os modernos fanzines Sacoponcho ou Compota de Manatí, pasando pola revista Retranca o sector está continuamente reinventandose e procurando darlle saida a todo o talento creativo do que gozamos.

O derradeiro movemento neste sector nace para ocupar un espazo que na terra aínda non tiña unha cabeceira de referencia. A revista Botafumeiro é a aposta dun grupo de xente con ampla experiencia que agora decidiron xuntar as súas capacidades para crear esta publicación humorística que será mensual e dixital, cada número estará adicado a un tema de actualidade e vanse alternar textos e máis comics, a lista de colaboradores é  impresionante.

Fixémoslle unhas preguntas a Jano un dos impulsores desta revista.

Como xorde esta idea tan poderosa de lanzar unha revista dixital en galego?

A idea xorde da propia necesidade de ter un sitio onde traballar, aproveitando as posibillidades que ofrece internet. Seguir lendo

Orgullo y satisfacción, o futuro é dixital?

“Orgullo y satisfacción”, ven de lanzar o primeiro número da que vai ser unha revista dixital mensual.

OYS0001-Metrópoles Delirantes

O número 1 vendeu na mañá da estrea máis de 3.000 exemplares, e acadou 500 subscritores, segundo manifestou Manuel Bartual, un dos autores e impulsores da revista.

Despois do caso de censura de RBA a súa propia cabeceira “El Jueves” varios dos autores históricos desta revista satírica abandonaron a publicación, e aproveitaron o medieval acto de coroación para publicar o que foi o número cero de “Orgullo y Satisfacción”. O grande éxito con máis de 30.000 descargas, animounos a continuar coa publicación.

A revista conta con 100 páxinas, custa un mínimo de 1,50 euros (os usuarios deciden pagar máis, se queren) e publicarase cada primeiro de mes. Está dispoñíbel nos formatos PDF e CBR.

OYS0001-Metrópoles DelirantesEsta nova publicación nace nun momento no que o mercado da bd busca novas fórmulas e experimenta con distintos xeitos de achegarse ó público, e abre o paupérrimo mercado dixital español que parece que pode ser o hábitat natural deste tipo de revistas.

O tempo dirá si este é o empurrón que precisa a publicación de contido dixital, unha estrutura profesional, cun proxecto editorial levado por xente de grande experiencia e con autores de primeiro nivel. Ó morbo do “enfrontamento” entre esta nova revista e “El Jueves” o seu competidor natural, podemos sumar a proba de mercado que vai ser o haber aquí dous modelos ben diferentes, o da editorial vs autoedición e o papel vs dixital.

Dynamite estrea tenda online de cómic dixital

greenhornet1-Metrópoles DelirantesParece que o cómic en formato dixital e as tendas online van ós poucos conquerindo máis mercado nos Estados Unidos, agora a editorial Dynamite Entertainment pon en marcha a súa tenda on line de bd, e comeza con cómics libres de DRM.

Poñen a venta unha selección de máis de 80 comic-books dos seus títulos máis populares, con autores ben ilustres da bd coma Mark Millar, Grant Morrison,  Garth Ennis ou Frank Cho listos para descargar en en varios formatos.

E xa de paso, para celebrar o seu décimo aniversario, poñen tamén a dispor, 10 libros a un prezo de 10 céntimos cada un. Estes son:

AFV1Cover-Metrópoles Delirantes

Blood Queen #1
The Boys #1
Evil Ernie: Origin of Evil #1
Jungle Girl #0
• Kevin Smith’s Green Hornet #1
Miss Fury #1
The Mocking Dead #1
• Robert Jordan’s Wheel of Time #1
The Trial of Sherlock Holmes #1
Vampirella #1

O enderezo da tenda online é http://dynamite.com/digital/

As vendas de cómics dixitais medran nos USA

As vendas de cómics dixitais medraron nos USA ata os 90 millóns de dólares no 2013, segundo a análise da web ICv2. O nivel de crecemento é menos que en anos anteriores mais ronda o 29%, este porcentaxe tradúcese nun incremento de 20 millóns de dólares.

Esta análise non incluíu as tarefas planas coma Marvel Unlimited ou Crunchyroll. Inclúe as vendas nas plataformas Norteamericanas e só en Inglés.

Captura de pantalla 2014-07-17 a la(s) 00.53.26

Orgullo y satisfacción

Captura de pantalla 2014-06-18 a la(s) 15.03.46

Hoxe é o día, xa podemos ler a bd que fixeron os autores que se negaron a seguir na revista “el jueves”.

Tamén e o día de que esas queixas pola autocensura que sufriron estes autores se canalice en apoiar unha publicación que nace para recoller o testigo das prensa máis libre e combativa.

Orgullo y satisfacción” é unha publicación dixital, editada por ¡Caramba!, ten 75 páxinas e podedela mercar na sua web , en formato PDF e CBR, o prezo mínimo de 1,50 euros, (pero coa posibilidade de pagar máis).

Os autores que atoparedes son: Ágreda, Albert Monteys, Asier y Javier, Bernardo Vergara, Guillermo, Isaac Rosa, Iu Forn, Lalo Kubala, Luis Bustos, Malagón, Manel Fontdevila, Manuel Bartual, Mel, Paco Alcázar, Paco Sordo, Pepe Colubi y Triz.

A nova (revolucionaria) idea de Alan Moore

cropped-ElectricomicsLogoWide
Alan Moore, lidera un proxecto para crear unha aplicación para que calquera poida crear cómics dixitais.

Electricomics é unha aplicación que é un lector de cómic e un conxunto de ferramentas de código aberto (din eles que doada de usar). Ó ser de código aberto e libre, a aplicación ten gran potencial non só para os profesionais, tamén para os fans da bd e os creadores.

Di Alan Moore:

“No canto da simple transferencia de narrativa do cómic da páxina á pantalla, temos a intención de elaborar historias ideadas expresamente para poñer a proba os límites de esta tecnoloxía sen precedentes. Con este fin estamos a reunir equipos cos creadores máis vangardistas da industria e permitímoslle a entrada nos procesos técnicos co fin de crear unha nova capacidade para contar historias de cómic .

” A continuación, porase a dispor de balde, para todo o talento emerxente que sen dubida, está ala afora, agardando ter acceso á caixa de ferramentas técnicas que lles permitan crear as historietas do futuro. “

Electricomics será un escaparate de 32 páxinas , con catro títulos orixinais:

Gran Nemo – Ambientada na década de 1930 , Alan Moore revisiona ó heroe máis popular de Winsor McCay.
Cabaret amígdala – Terror modernista do escritor Peter Hogan (Terra Obscura).
Red Horse – No aniversario do comezo da Primeira Guerra Mundial, Garth Ennis ( Predicador , The Boys ) e o artista danés Peter Snejbjerg (World War X) lévannos de volta ás trincheiras.
Sway – Unha nova historia de ciencia ficción de viaxes no tempo por Leah Moore e John Reppion (Sherlock Holmes – El Liverpool Demon , 2000 AD).

Electricomics será financiado con fondos públicos por Digital R&D Fund for the Arts, como un proxecto de investigación e desenvolvemento.