Arquivo por etiquetas: Cinema

Trailer da película de Superlópez

O peculiar superheroe creado e debuxado por Jan en 1973 chegará, despois de caseque 80 álbumes, aos cinemas. O personaxe naceu como unha parodia do coñecido superhome de DC mais axiña tomo un camiño propio dándonos algunha das máis divertidas historietas da BD do estado, álbumes coma El supergrupo, Los cabecicubos ou El señor de los chupetes foron éxitos e aínda hoxe son cómics ben recomendábeis e divertidos.

No ano 2013 foi anunciada a intención de Alex de la Iglesia de adptar esta bd con José Mota de protagonista, aínda que finalmente non chegou a facerse. Finalmente a película de Superlópez, estrearase o 23 do mes de santos. Dirixida por Javier Ruiz Caldera (“Spanish Movie”, “3 bodas de más”, “Anacleto”) e escrita por Borja Cobeaga (Pagafantas, Ocho apellidos vascos) e Diego San José. A fita está protagonizada por Dani Rovira, Alexandra Jiménez, Julián López e Maribel Verdú e conta cun orzamento de 7,3 millones de euros.

Existe unha curtametraxe de animación titulada Superlópez contra el robot de bolsillo estreada en 2003 dirixido por Enrique Gato.

Advertisements

Gaston Lagaffe terá pelicula en 2016

GastonLagaffe-Metrópoles DelirantesOs dereitos da bd de Franquin, Gaston Lagaffe foron comprados a Dupuis para a súa adaptación ó cinema.

Pierre-François Martin-Laval é quen realizará a adaptación das aventuras do personaxe de Franquin, prevista para 2016 xa que actualmente está ocupado noutra adaptación de comic, Les Profs.

Xa houbo unha adaptación anterior desta obra mestra da novena arte que foi producida en 1981 “Fais gaffe à la gaffe!”  dirixido por Paul Boujenah con Roger Mirmont no papel principal. Unha comedia que non permanecerá na memoria de ninguén.

Asterix: Le Domaine Des Dieux, primeiras imaxes

Astérix-La-Residencia-de-los-Dioses-Poster-1-Metrópoles Delirantes

Actualizado 3/7/2014: Teaser.

O novo filme de Astérix e Obélix levará por titulo Asterix: Le Domaine Des Dieux e adaptará o álbum “A residencia dos deuses”. Dirixida por Louis Clichy e Alexandre Astier, leva en produción dous anos. O filme estrearase en Francia no mes de santos de 2014.

A residencia dos deuses conta como Julio César para desfacerse do derradeiro foco de resistencia na Galia, decide construír unha cidade de vacacións para cidadáns romanos chamada ‘A residencia dos Deuses’ no bosque que arrodea á aldea de Astérix.

A residencia dos deuses trata, coa retranca típica de Goscinny, dous temas dos que xa se falaba na época na que foi escrito, a conquista dun pobo, non polo forza, senón mediante a aniquilación da súa cultura, a súa lingua e a transformación da súa economía, que se produce cando a comunidade perde os seus recursos naturais e chegan os romanos.

Por outra banda, Goscinny, fai unha intelixente e mordáz crítica á especulación e á burbulla inmobiliaria que non só fagocita a paisaxe de forma descontrolada senón que tamén altera a economía artificialmente e tamén de forma descontrolada. Retrata o guionista, con ollo certero, os cambios sociais que se producen na aldea gala, o introducir elementos externos que alteran o equilibrio social.

Nestes vídeos, unha reportaxe sobre o filme e un pequeno making of coas primeiras imaxes feitas públicas.