Arquivo por etiquetas: Charlie Hebdo

Adiado o seguinte numero da Charlie Hebdo

je-suis-charlie-Metrópoles DelirantesA portavoz da revista Charlie Hebdo, Anne Hommel, anunciou que adían o seu próximo número indefinidamente polo “pesar, a fatiga e a exposición mediática” que padecen despois do ataque terrorista do 7 de xaneiro no que foron asasinados 12 traballadores. En declaracións a medios franceses a portavoz dixo que “Agora mesmo a plantilla non está preparada” aínda así, o editor xefe, Gérard Biard, manifestou que a publicación continuará, mais non deu unha data concreta.

Aquí a nova en Liberation.

Advertisements

Os editores Franceses publicarán un álbum de homenaxe ás vítimas dos atentados de París.

Metrópoles DelirantesO Sindicato Nacional de la Edición (SNE), promove a publicación dun álbum de homenaxe ás vítimas dos atentados de París.

O director delegado de Dargaud, como representante da banda deseñada dentro do SNE, Philippe Ostermann, declarou que, no canto de que cada un faga unha homenaxe, toda a familia da bd, autores e editores, vano facer nun mesmo álbum en beneficio das vítimas. A publicación sairá en febreiro, e a recadación será íntegramente para as familias das vítimas. Xa anunciaron a súa participación Casterman, Fluide glacial, Futuropolis, Dargaud, Dupuis, Le Lombard, Denoël Graphic, Kana, Urban Comics, Rue de Sèvres, Glénat, Delcourt, Panini e Steinkis.

No próximo Festival Internacional da banda deseñada de Angulema, que se celebrará entre os próximos 29 de xaneiro e o 1 de febreiro, tamén se renderá homenaxe ás vítimas cunha exposición dos debuxantes da Charlie e organizaranse debates sobre a liberdade de expresión, a cerimonia de clausura renderá homenaxe ó semanario Satírico e Wolinski, un asiduo a este evento, recibirá o Grand Prix do Festival 2015.