Arquivo por etiquetas: Certame Benito Losada de Banda Deseñada

Convocado o Certame Benito Losada de Banda Deseñada 2015

bd-Benito losada-Metrópoles DelirantesAs Xornadas de Banda Deseñada de Ourense convocan o Certame Benito Losada de Banda Deseñada, neste certame poderán participar, de forma individual ou colectiva as/os cidadáns con domicilio en Galicia, que non superen a idade de 35 anos antes do 1 de xaneiro de 2016.

Os traballos a presentar deben ser historias en cómic, en galego, de non máis de 8 páxinas e non menos de 5, con técnica e tema abertos. O prazo de presentación das obras remata o 10 de setembro de 2015 ás 24 horas. Seguir lendo

Advertisements

XXVI Xornadas de BD de Ourense

Imprimir

Cartaz deseñado por Xulia Vicente.

As Xornadas de BD de Ourense son as máis veteranas do cómic na Galiza, e fieis a súa cita xa están aquí. A vixesimo sexta edición será organizada pola Asociación Benito Losada e o colectivo Sindicato del Cómic. Este ano o cartaz foi deseñado pola gañadora do concurso do ano pasado, Xulia Vicente.

Do 27 de setembro ó 2 de Santos na ciudade de Ourense gozaran dunha manchea de actos e exposicións relacionadas cos tebeos, que comezarán o sábado 27 coa celebración do Aniversario da librería Sindicato del Cómic, no acto haberá concerto da banda Ourensana “Avecrem”, presentación e sinaturas de Hematocrítico, e a celebración dunha “batalla de debuxantes”. Haberá tamén talleres, concursos e encontros de autores.

O 11 de outubro celebrase unha xornada de auto edición, coa presencia de autores galegos coma os Barbamigos, Ismael López, Porno, Cristian Fojón, Compota de Manatí, Sergio Covelo, Colectivo Gigante, Nuria Figueirido, Kike J Díaz, Alfonso Rodríguez, Troquel e Eres Tonto, entre outros.

No Museo Municipal de Ourense, durante o mes de outubro, haberá duas exposicións, unha, coas obras dos gañadores dos premios Benito Losada do ano pasado e outra con obras premiadas no certamen anual Injuve.

O 18 de novembro, entregaranse os premios do Certame Benito Losada de BD e o Premio Ourense á mellor iniciativa do ano de banda deseñada. O Benito Losada premiou este ano a Alicia Jaraba Abellán e a Diego Blanco López, (maiores de 17 anos) e a Cristian Fojón (menores de 17, gañador tamén nas dúas últimas edicións), cunha mención de honra a Ismael López. O Premio Ourense será para Enrique Torreiro, que estivo moitos anos vinculado ás Xornadas.

No Museo Municipal de Ourense, durante o mes de outubro, haberá duas exposicións, unha, coas obras dos gañadores dos premios Benito Losada do ano pasado e outra con obras premiadas no certamen anual Injuve.

A casa da xuventude (Espazo Xove) albergará unha exposición titulada “Purín de Ortiga” de Dani Xove.

Aquí un interesante artigo sobre as Xornadas no xornal Praza Pública.

En quadriños, Edu Maroño escribe dos premiados.

Mañán remata o prazo de presentación do Certame Benito Losada de Banda Deseñada

XornadasbdOurenseO prazo de presentación do Certame Benito Losada de Banda Deseñada para xóvenes autoras/es galegas/os de banda deseñada remata o 10 de setembro de 2014 ás 24 horas.

En todos os casos, no suposto de documentación incompleta ou errónea, requirirase a subsanación no prazo de 5 días.

Premios:

Establécense dúas categorías de premios:

Categoría A
Para os participantes maiores de 17 anos (cumpridos antes do 1 de xaneiro).
– 1º premio de 1.000 euros.
– 2º premio de 400 euros.

Categoría B
Para os menores de 17 anos (cumpridos despois do 1 de xaneiro).
– 1º premio de 400 euros.

En caso excepcional o xurado poderá declarar deserto algún dos premios.

Aquí as bases do certame.