Arquivo por etiquetas: Catherine Meurisse

As lecturas do SrB: La levedad

“Stendhal contra o estrés postraumático.”

O 7 de xaneiro de 2015 ás 11 da mañá dous homes armados con kalashnikov entraron disparando na sede parisina do semanario Charlie Hebdo. Mataron a unha ducia de persoas e feriron a catro. Catherine Meurisse tiña que estar alí, mais o seu espertador non funcionou, quedar durmida salvoulle a vida. A autora quedou, como é lóxico, en estado de shock, os seus compañeiros e os últimos dez anos da súa vida esvaeceron polos buracos que deixaron as balas naquela redacción.

Anos despois publica este cómic co que gañou o Prix Wolinski de la BD du Point 2016, no que conta como foi todo aquel proceso, os seus pensamentos, as dúbidas e as inseguridades que a asaltaron. Os cambios que tivo que asumir aínda sen querelos, como vivir con escolta permanente, mais sobre todo, o esforzo mental ao que se veu sometida para superar a masacre daquel día e ser quen de comezar de novo. Seguir lendo

Advertisements

A Arte no Cómic – Exposición

A arte no comic- metropoles-delirantesAté o 15 de abril pódese visitar na Sede Afundación de Santiago de Compostela «A Arte no Cómic», unha mostra de Fundación Telefónica, comisariada por Asier Mensuro que recolle reinterpretacións dalgunhas das obras máis emblemáticas da historia da arte a través dos cómics de 73 ilustradores e autores de prestixio.

A exposición estrutúrase en tres grandes ámbitos: o primeiro deles recolle a relación entre os grandes centros de arte e o cómic a través de obras da colección do Louvre ou do Museo de Orsay xunto á editorial Futuropolis, mostrando o traballo de autores tan recoñecidos como Catherine Meurisse, Manuele Fior, Enki Bilal ou David Prudhomme, así como a obra de Edmond Baudoin sobre Dalí, editada polo Centro Nacional de Arte e Cultura Georges Pompidou. Tamén se inclúen iniciativas dos centros de arte españois, coma os cómics de Miguel Ángel Martin, Álvaro Ortiz, David Sánchez e Santiago García, editados polo Museo Thyssen-Bornemisza e a editorial Astiberri. Seguir lendo