Arquivo por etiquetas: Castelao

Metrópoles Delirantes 31 – Inacio

MD31-Metrópoles DelirantesVisítanos Inacio, o guionista da bd biográfica de Castelao que edita Demo Editorial e que vai xa pola cuarta entrega. O Sr B inscribe na lista de imprescindibles o Dublinés de Alfonso Zapico obra que gañou un premio nacional de cómic; e con Martín Romero parolamos sen presa do seu Episodios Lunares un libro bonito e ben editado. Coas novas da bd e as novidades que trae Javi da Libraría a Gata Tola completamos esta emisión.

Os temas que sonan no programa son:Castelao Episodios Lunares-Metrópoles Delirantes

  • Jimmy Cliff – The Harder They Come.
  • Nicolas Jaar – Keep Me There.
  • Cursi – Hoy, Hoy, Hoy.
  • Van Morrison – Rough God Goes Riding.
  • The Legendary Jim Ruiz Group – Last Time.
  • Rui Veloso – Top dos Tops.

http://www.ivoox.com/player_ej_4475766_2_1.html?data=lZmkl5yaeo6ZmKiakpaJd6Kkmoqgo5qUcYarpJKfj4qbh46kjoqkpZKUcYarpJK6x9nWaaSnhqeg0tTQqdSfpcrZy9fFstXZ1JCgk5KJe6Shrsrh1Iqnd4a2lNXczsrXb6XZzc7fw9PYqdShhpywj5U%3D&

Advertisements

Atila, cuarta entrega da bd de Castelao

Atila_Castelao-Metrópoles DelirantesDemo Editorial segue a ser a editora que máis incansablemente traballa a prol da bd galega, e para este vindeiro mes de Maio, mes das letras galegas, anuncia o lanzamento da cuarta entrega da serie na que Inacio Vilariño e Ivan Suárez contan a vida de Castelao. Esta entrega leva por título “Atila”, facendo referenza ao segundo dos tres álbumes de debuxos que fixo sobre a temática da guerra civil “Atila en Galicia”.

Aquí podedes descargar un adianto.

Metrópoles Delirantes 9 – Tino Carosia

Novidades 09

Algúns do nominados no Saló

Un programa adicado o Saló de Barcelona no que ademais das novas da BD a todo filispín, entrevistamos a Tino Carosia, un rapaz de nove anos que xa creou un fanzine. David Braña cóntanos como afronta un autor un salón de cómic coma o de Barcelona. O Sr B inscribe a Castelao na listaxe de imprescindibles do programa. Con Xaime Lis da librería Komic e con Edu Maroño, divulgador e crítico de bd, facemos unha quiniela cos nominados do Saló. ¿Quen acertará? Moita bd e boa música neste programa especialmente mediterráneo.