Arquivo por etiquetas: Lujo, calma y voluptuosidad

Metrópoles Delirantes 22 – Álvaro Ortiz

Lujo, calma y voluptuosidad-Metrópoles DelirantesDerradeira gravación do ano das Metrópoles que voltarán ó 12 de xaneiro, mais para compensar fixemos unha edición especial algo máis longa do habitual. Comezamos coas novas da bd a todo filispín e coa entrevista a Los Bravú, Dea e Diego, que marchan para Anguleme a rematar o Portolouro, entre outros proxectos, falamos e rimos a cachón. O imprescindible do Sr B é o “Píldoras azules” de Frederik Peeters, un libro que é pura sensibilidade e que aínda sen pretendelo axita conciencias. Tamén nos visitou Álvaro Ortíz para falar de Murderabilia, o seu novo libro que ven de editar Astiberri, e aproveitamos para falar de máis cousas, de gatos, de buscadores de internet e ata de pintores italianos. Rematamos coas novidades e no final Javi de A Gata Tola e o Sr B recomendan algún dos libros que máis lles aquelaron deste ano.

http://www.ivoox.com/player_ej_3884278_2_1.html?data=lJ2llpebfI6ZmKiakpaJd6KlmIqgo5mccYarpJKfj4qbh46kjoqkpZKUcYarpJK6x9nWaaSnhqeg0tTQqdSfpcrZy9fFstXZ1JCflJKJe6Shrsrh1Iqnd4a2lNXczsrXb6XZzc7fw9PYqdShhpywj5U%3D&

Advertisements

“Lujo, calma y voluptuosidad” o novo e imprescindible de Los Bravú

Os que xa escoitastes o MD19 xa coñecedes algo da maravilla que van presentar Los Bravú no GRAF de Madrid, e como dixemos no programa aqui tendes máis datos, os que eles mesmos nos enviaron. Incluida a portada ata agora inédita.

Lujo, calma y voluptuosidad-Metrópoles Delirantes

“Lujo, calma y voluptuosidad” Los Bravú

O tebeo chamase “Lujo, calma y voluptuosidad” e está protagonizado por chicas macarras que fan o que lles peta. Unha historia tola onde a protagonista métese en distintos enredos dos que consegue saír airosa. Unha historia cargada de enerxía e boa onda, conversacións íntimas entre colegas e moita acción. Un relato no que o pasamos xenial debuxando. Queremos que quen lea o tebeo termine cun sorriso de boa onda e con gañas de beberse unhas litronas e comer unhas pipas no parque coas protas, deixando pasar o tempo. Felicidade, hormonas e macarrismo.

Esteticamente ten moitos elementos extranos que te introducen nun mundo descoñecido e cercano ó tempo, podería ser o teu barrio, un videoxogo ou outro planeta.
Xuntos para sempre o Instagram e a literatura medieval. O humano e o divino separados polo fino fío dun tanga do H&M. Tatuaxes, glitter, forza e beleza.

Vinte e catro páxinas en branco e negro, á venda a vindeira semana. Poñerémolo no noso bigcartel , estará no Graf onde por certo temos un pequeno stand e colocarémolo nas mellores tendas de BD.