Arquivo por etiquetas: Cabeza de corte aéreo

Metrópoles Delirantes 24 – Albert Monteys

Universo-Metrópoles DelirantesEntrevistamos a un dos autores máis prolíficos e inquedos do panorama estatal, Albert Monteys cóntanos cousas da revista dixital “Orgullo y satisfacción” e tamén da súa aventura en solitario na ciencia ficción con “Universo”, un cómic tamén dixital no que Monteys sorprende e troca completamente de estilo. CdCA-logo-Metrópoles DelirantesO Sr B anota nos seus imprescindibles a exitosa e multipremiada versión do arqueiro “Hawkeye” de Fraction e Aja. E voltamos ós fanzines e recibimos a visita de Cabeza de corte aéreo, un colectivo que edita o fanzine Ratuito ademais de facer exposicións e outras cousas que nos contaron. Todo feito con moito humor e músicas ben fermosas.

http://www.ivoox.com/player_ej_3998972_2_1.html?data=lJ6mmp6bdo6ZmKiakpaJd6KlkYqgo5WWcYarpJKfj4qbh46ljoqkpZKUcYarpJK6x9nWaaSnhqeg0tTQqdSfpcrZy9fFstXZ1JCflpKJe6Shrsrh1Iqnd4a2lNXczsrXb6XZzc7fw9PYqdShhpywj5U%3D&

Advertisements

Autobán, autoedición e bd de autor.

Comeza o Autobán, un festival de autoedición e bd de autor que promete deliciosos intres, haberá de todo, combate de debuxantes, charlas, mesas redondas e mercadiño de fanzines.Este é o programa de actividades:

VENRES 8 de agosto

En Old School (Rúa División Azul 8)

22:55 – Presentación de Autobán

Combate de dibujantes-Metrópoles Delirantes23:00 – Combate de debuxantes

Combate de debuxantes é unha actividade na que oito ilustradores mídense competindo ante o público, que decidirá quen é o merecedor do ansiado premio: o cinturón de campión e a bolsa do botín.

Nesta edición os participantes foron seleccionados polos finalistas da anterior, Ghosttthead e Xurxo G. Penalta.

Son BrandaKike J. DíazLuis YangPerrillaSanty GutiérrezSekoneXulia Vicente e Yago García.

David Rubín será o animador e mestre de cerimonias, e Roque Romero será o DJ, e axudando ós competidores no ring, teremos a Ghosttthead e Óscar Iglesias.
Seguir lendo