Arquivo por etiquetas: Brais Rodríguez

A Arte no Cómic – Exposición

A arte no comic- metropoles-delirantesAté o 15 de abril pódese visitar na Sede Afundación de Santiago de Compostela «A Arte no Cómic», unha mostra de Fundación Telefónica, comisariada por Asier Mensuro que recolle reinterpretacións dalgunhas das obras máis emblemáticas da historia da arte a través dos cómics de 73 ilustradores e autores de prestixio.

A exposición estrutúrase en tres grandes ámbitos: o primeiro deles recolle a relación entre os grandes centros de arte e o cómic a través de obras da colección do Louvre ou do Museo de Orsay xunto á editorial Futuropolis, mostrando o traballo de autores tan recoñecidos como Catherine Meurisse, Manuele Fior, Enki Bilal ou David Prudhomme, así como a obra de Edmond Baudoin sobre Dalí, editada polo Centro Nacional de Arte e Cultura Georges Pompidou. Tamén se inclúen iniciativas dos centros de arte españois, coma os cómics de Miguel Ángel Martin, Álvaro Ortiz, David Sánchez e Santiago García, editados polo Museo Thyssen-Bornemisza e a editorial Astiberri. Seguir lendo

Advertisements

A man do diaño por Sira González (Día das Letras Galegas 2016)

a man do diaño-Metrópoles DelirantesSobrio e contundente alegato contra o sinsentido das guerras. Esta podría ser una rápida síntese do que contén as 54 páxinas de A man do diaño, primeiro álbum de Brais Rodríguez, e merecedor do VI Premio de Banda Deseñada Castelao 2010, editado á vez en galego por Demo e en castelán por Astiberri, no ano 2011.

O autor sitúa o conflicto bélico nun lugar e tempo indeterminados, porque as guerras repítense e sabemos que nos pode tocar a calquera. As personaxes podemos pensar que son arquetipos, en ámbolos dous bandos, vítimas e verdugos. E presenta os dilemas morais aos que se enfrentan: executar as ordes sen avaliar as accións que cometen e o sentido delas; acoller aos combatentes feridos, aínda que sexan os inimigos; o arrepentimento, tratando de emendar en parte o dano causado…

Dous soldados e un mercenario entran nun escenario onde teñen a misión de facer voar varias poboacións. Os soldados poñen as bombas e o mercenario remata aos feridos, co fin de aniquilar a todo o pobo. E así xornada tras xornada ata tentar rematar a misión e saír con vida do territorio inimigo. Neste contexto, chama poderosamente a atención que os soldados digan do mercenario que é un psicópata, sen entrar a xuzgar as súas propias accións. Demostran un cinismo… A falta de ética é unha constante nestas personaxes. Os diálogos están moi logrados así como os silencios, cargados de información e sentimentos.

Cando un dos soldados é ferido nunha emboscada, os acollen as xentes ás que ían matar… e aí tamén reflexionamos sobre a solidaridade das persoas, independentemente das súas procedencias e intencións.

Un tebeo de autor, cheo de reflexións profundas, que se le dunha sentada, na que o debuxo limpo, cargado de lirismo, fai del unha lectura perfecta para despertar a nosa conciencia.

Recomendación de: Sira González. Bibliotecaria. Membro do grupo de traballo sobre cómic das Bibliotecas Municipais da Coruña (@bibcoruna) e colaboradora do blog www.fancomic.es

O Botafumeiro, revista satírica dixital, feita en Galiza.

Obotafumeiro1-Metrópoles DelirantesO sector da bd, a ilustración e o humor gráfico en Galiza ten desde hai anos unha nómina de grandes nomes, e sobre todo unha gran inquedanza creativa, dende o añorado Colectivo Polaqia ata os modernos fanzines Sacoponcho ou Compota de Manatí, pasando pola revista Retranca o sector está continuamente reinventandose e procurando darlle saida a todo o talento creativo do que gozamos.

O derradeiro movemento neste sector nace para ocupar un espazo que na terra aínda non tiña unha cabeceira de referencia. A revista Botafumeiro é a aposta dun grupo de xente con ampla experiencia que agora decidiron xuntar as súas capacidades para crear esta publicación humorística que será mensual e dixital, cada número estará adicado a un tema de actualidade e vanse alternar textos e máis comics, a lista de colaboradores é  impresionante.

Fixémoslle unhas preguntas a Jano un dos impulsores desta revista.

Como xorde esta idea tan poderosa de lanzar unha revista dixital en galego?

A idea xorde da propia necesidade de ter un sitio onde traballar, aproveitando as posibillidades que ofrece internet. Seguir lendo

“A man do diaño” de Brais Rodríguez ó cinema

a man do diaño-Metrópoles Delirantes

Según anticipou Felipe no seu blogue Uruloki,  a obra de Brais Rodríguez “A man do diaño” vai ser levada ó cinema, e Jacobo Paz, coñecido guionista e dramaturgo galego xa traballa na adaptación. O libro foi publicado  por Demo Editorial en galego e por Astiberri en español.

Un grupo se soldados ten a misión de destruír aldeas e matar ós habitantes e fanno sen preguntar, só obedecen. Pero as cousas cambian cando un deles é ferido e comeza a reflexión sobre os seus actos e debe enfrontarse a súa conciencia.  A obra que foi gañadora do VI Premio de Banda Deseñada Castelao da Deputación da Coruña é unha ollada sobre a guerra,

Recensión en Quadriños e no blogue da Biblioteca do IES Antón Losada Diéguez da Estrada.

Dot Galicia fixolle esta entrevista a Brais Rodríguez.