Arquivo por etiquetas: Blake & Mortimer

Escocia e a bd

Essay-on-Modern-Medical-Education-1-William-Heath-Glasgow-Looking-GlassUn dos temas recorrentes no mundiño da bd é averiguar cal foi o primeiro cómic da historia, hai teorías de todo tipo que en función da definición do que é un cómic, sitúan esta primeira bd en distintas épocas da historia. Dende os murais exipcios ata os incunables medievais ou os que toman coma punto de partida a invención da imprenta, aínda que maioritariamente considérase o Yellow Kid coma punto de partida da historia da bd en 1895.

Na International Graphic Novel and International Bande Dessinee Society Joint Conference 2013 que se celebrou na Universidade de Glasgow defendeuse que o cómic máis antigo do mundo foi publicado en Escocia hai case 200 anos. O “Glasgow Looking Glass“, publicado en 1825. Este cómic, que se coñeceu máis tarde coma The Northern Looking Glass, é unha mirada satírica sobre a sociedade escocesa do século XIX, facendo burla das modas e dos políticos.

Derk island-Metrópoles DelirantesFose esta a primeira ou non, a fermosa Alba é protagonista de grandes cómics. Evidentemente a aportación directa máis importante dos escoceses á bd son os seus autores, sinaturas importantes no olimpo dos creadores dos que non é preciso dicir nada máis que o seu nome, Frank Quitely, Grant Morrison, Mark Millar ou Alan Grant, por poñer algún.

Aínda que hai máis exemplos, algunhas das bedés europeas de máis fama e máis importantes en número de exemplares vendidos adicáronlle un número a esa terra.

A Illa negra é un álbum creado por Hergé que foi publicado en Le Petit Vingtième entre o 1937 e mediados de 1938, foi orixinalmente editado en branco e negro aínda que foi reeditado a cor en 1943. Máis de vinte anos despois no 1965 o álbum foi redebuxado por completo a petición dos editores británicos que non crían atinada a representación que fai do país.Astérix Pictos-Metrópoles Delirantes

Despois da continua liña descendente que levaban as aventuras de Astérix e Obélix dende a morte de Goscinny e que tocou fondo no derradeiro libro feito por Uderzo, no 2013 chegou o primeiro álbum no que non participan ningún dos creadores dos famosos galos.

Astérix e os pictos é o álbum nº 35, editado en galego por Xerais, os seus autores son o guionista Jean-Yves Ferri e o debuxante Didier Conrad. Coma ven sendo habitual non faltan as chiscadelas nin os estereotipos nunha historia na que os galos viaxan ata a vella Alba.

Blake_e_Mortimer-Metrópoles DelirantesMais, se algunha banda deseñada ten a Escocia presente en todos e cada un dos números publicados esa é Blake & Mortimer, a estupenda obra de Edgar P. Jacobs que en España publica Norma Ed,  que nos conta as aventuras de Philip Angus Mortimer, físico nuclear, de orixe escocés (do clan dos Mac Quarrie) e o seu amigo o Capitán Francis Percy Blake.la foto 3

Especialmente o álbum “El caso de Francis Blake” no que Mortimer viaxa pola illa utilizando varios medios incluido o mítico tren Flying Scotsman, ata chegar o norte, a un típico castle nas fermosas terras dos Highlands, as terras dos seus ancestros, onde se resolvera todo.

 

A onda Septimus – Blake & Mortimer

ondaseptimus-Metrópoles DelirantesNun alarde de rapidez sen parangón no mercado da banda deseñada hispana, Norma editorial anuncia, sen data, que este ano editará o vixesimo segundo álbum de Blake & Mortimer, A onda Septimus, que xa foi editado en Francia o ano pasado. Si están confirmados, o prezo que será de 16 €, e a portada.

Dufaux , Aubin y Schréder, os autores, recuperan para a ocasión ós personaxes do clásico álbum de Edgar P. Jacobs , A marca amarela .

Aquí unha recensión en portugués.

Capa definitiva de “Le Bâton de Plutarque” o novo Blake & Mortimer

Xa se fixo pública a capa definitiva do seguinte álbum de Blake & Mortimer que será o número vinte e tres e levará por titulo “Le Bâton de Plutarque”.81aYXFaWUML._SL1500_

Esta nova aventura dos personaxes creados por Edgar P. Jacobs ten guión de Yves Senté e debuxo de André Juillard, que repiten como parella creativa nesta franquía, despois de A maquinación Voronov, Os sarcófagos do 6º continente e O xuramento dos 5 Lores. O álbum sairá o 5 de Nadal en Francia e Bélxica.

A revista CaseMate #73 de Agosto/Setembro 2014 virá cun suplemento especial sobre esta nova bd de Blake & Mortimer, e nel poderemos ver as primeiras 20 páginas do libro a cor, con comentarios de André Juillard e Yves Sente, unha ampla entrevista cos dous, e tamén varias imaxes inéditas e o “making of”.

Casemate_73D_Page_31 Casemate_73D_Page_23

9875

Enter a caption

Metrópoles Delirantes 3 – Paco Roca

 

2014-02-14 18.19.56

Novidades das que falamos

Entrevistamos a Paco Roca, lembramos a Mazinguer Z, o imprescindible é un dos mellores cómics que se fixo, Blake e Mortimer, o Mapache reflexiona con madurez, e rematamos coas novidades editoriais.