Arquivo por etiquetas: Berto Fojo

“No tengo mamá”, canto moderno, canto!!!

Notengomama_ni-Metrópoles DelirantesEste xoves andivemos polo “no tengo mamá”, o festival da autoedición de Vigo, para participar nunha interesante mesa redonda con Octavio Beares, Xaime Lis, Helena Exquis, Berto Fojo e Cibrán, o tema era a relación entre cómics e música. Na realidade penso que nos desviamos algo do tema inicial e a parola cobrou vida propia e foi evolucionando cara o fanzinismo, pasamos máis tanxencialmente pola música, foi unha tarde ben interesante na que saíron temas que darían para varios faladoiros e na que o público asistente participou moito, cousa que nos encantou.

Un dos temas que saíu nesta reunión foi o nulo apoio que o MARCO presta a este evento que o arrodea e medra a súa beira sen que dentro desa atalaia caduca se queiran enterar. Unha magoa.

no-tengo-mamá-Metrópoles DelirantesFoi un gusto pasa-la tarde nun evento que xa dende a entrada avisa do que vas atopar, cando atravesas o pórtico “DIY” entras nunha dimensión de modernidade e modernos, moito arte, ambiente cosmopolita e decibelios alborotados, un ecosistema que advirte que aquelo non é unha xuntanza de “autores de estatuas de rotonda”.

Coma si de unha metáfora se tratara, a creatividade xermola e pasa polo calexón que vai por detrás do Marco, así, pódese degustar un fervedoiro de fanzines, camisetas, música (en vivo ou en casete) serigrafías e un feixe de arte, artistas, e sobre todo xente coa que se pode falar, coa que tomar unha cervexa e ter conversas, escoitar bandas ao vivo e gozar dun ambiente de convivencia marabilloso.

Autoedición gráfica no mercadillo, cinematográfica no concurso de curtas e musical nos concertos, neste evento o arte póñeno os que traballan de costas a un circuíto oficial que cada vez máis, está a quedar illado na súa ínsula de directores xerais e de estruturas museísticas mortas do século pasado.

A xente de Fosfatina e Seara Records conseguiron argallar un minifestival que demostra que nas marxes é onde abrollan iniciativas culturais que son ben interesantes e fantasticamente acollidas polo público e polos participantes; sen axudas, sen políticos e glorificando o “Faino ti mesmo”.

Advertisements

O Botafumeiro, revista satírica dixital, feita en Galiza.

Obotafumeiro1-Metrópoles DelirantesO sector da bd, a ilustración e o humor gráfico en Galiza ten desde hai anos unha nómina de grandes nomes, e sobre todo unha gran inquedanza creativa, dende o añorado Colectivo Polaqia ata os modernos fanzines Sacoponcho ou Compota de Manatí, pasando pola revista Retranca o sector está continuamente reinventandose e procurando darlle saida a todo o talento creativo do que gozamos.

O derradeiro movemento neste sector nace para ocupar un espazo que na terra aínda non tiña unha cabeceira de referencia. A revista Botafumeiro é a aposta dun grupo de xente con ampla experiencia que agora decidiron xuntar as súas capacidades para crear esta publicación humorística que será mensual e dixital, cada número estará adicado a un tema de actualidade e vanse alternar textos e máis comics, a lista de colaboradores é  impresionante.

Fixémoslle unhas preguntas a Jano un dos impulsores desta revista.

Como xorde esta idea tan poderosa de lanzar unha revista dixital en galego?

A idea xorde da propia necesidade de ter un sitio onde traballar, aproveitando as posibillidades que ofrece internet. Seguir lendo

Autobán, autoedición e bd de autor.

Comeza o Autobán, un festival de autoedición e bd de autor que promete deliciosos intres, haberá de todo, combate de debuxantes, charlas, mesas redondas e mercadiño de fanzines.Este é o programa de actividades:

VENRES 8 de agosto

En Old School (Rúa División Azul 8)

22:55 – Presentación de Autobán

Combate de dibujantes-Metrópoles Delirantes23:00 – Combate de debuxantes

Combate de debuxantes é unha actividade na que oito ilustradores mídense competindo ante o público, que decidirá quen é o merecedor do ansiado premio: o cinturón de campión e a bolsa do botín.

Nesta edición os participantes foron seleccionados polos finalistas da anterior, Ghosttthead e Xurxo G. Penalta.

Son BrandaKike J. DíazLuis YangPerrillaSanty GutiérrezSekoneXulia Vicente e Yago García.

David Rubín será o animador e mestre de cerimonias, e Roque Romero será o DJ, e axudando ós competidores no ring, teremos a Ghosttthead e Óscar Iglesias.
Seguir lendo