Arquivo por etiquetas: Beowulf

Furia al desnudo: los lápices de David Rubín (Exposición)

Expo Rubín-Metrópoles DelirantesA Fundación Seoane acolle a exposición Furia al desnudo: los lápices de David Rubín, un proxecto expositivo que reúne 50 orixinais a lapis de dúas das súas obras mais recentes: Beowulf e El momento de Aurora West.

Estes orixinais amosan a forma de crear de Rubín, o traballo cru, a primeira pedra dunha bd, pódese apreciar neles as anotacións e ata os erros e correccións do autor. a primeira capa do laborioso traballo que é facer un cómic. Ademais estarán expostas unha boa escolma da colección privada de figuras de Rubín, a meirande parte de superherois.

Esta exposición forma parte do Festival de Cinema Fantástico da Coruña FKM, que terá lugar entre o 26 de outubro e o 1 de novembro

 

Advertisements

O Salón de Getxo ten cartaz de Emma Ríos

cartel_2014_comic-Metrópoles Delirantes

Cartaz de Emma Ríos

O Salón do Cómic de Getxo que se ha celebrar do 22 ó 24 de novembro, contará este ano con máis de 60 stands de establecementos de cómic, librerías especializadas, revistas, fanzines, editoriais e todo o relacionado coa bd.

Getxo recibirá a recoñecidos artistas, que participarán en charlas, presentacións e tamén en sesións de sinaturas. Nesta ocasión entre outros, estarán en Getxo o canadiense Guy Delisle, Bryan Talbot, gañador de galardóns coma o prestixioso premio Eisner, Alfonso Zapico, David Rubín, Raquel Córcoles e Juan Luis Landa.

O Salón fará unha homenaxe a Jan, autor de Superlópez e a o donostiarra Luís Gasca (divulgador e autor de numerosos estudios sobre o cómic).

Seguir lendo

Metrópoles Delirantes 4 – David Rubín

MD4- David Rubín-Metrópoles Delirantes

Unha agradable parola con David Rubín, o imprescindible seleccionado polo nos invitado é Daredevil Born Again, Alberto Guitián cóntanos do obradoiro de novela gráfica que vai impartir na Coruña, e rematamos coas novidades editoriais.