Acción Cultural Española (AC/E) e a Cité internationale de la bande dessinée et de l’image, coa colaboración do Institut Français de España, organizan unha residencia para un autor/a español de novela gráfica na Maison des Auteurs en Angoulême.
A residencia inclúe.
- Aloxamento nun piso de 3 habitacións a compartir con outro residente (2 dormitorios) no centro de Angoulême (electricidade, gas y agua por conta do residente).
- Dispoñibilidade dun obradoiro (persoal ou colectivo) equipado de material de creación gráfica na Maison des Auteurs.
- Un importe de 1.000 euros ao mes destinado a cubrir os gastos de manutención, transporte local, consumos de auga, gas e electricidade.
- Billete de tren ou avión ida e volta en clase económica da cidade de residencia en España a París, así coma un billete de tren ida e volta de París a Angoulême. Datas de residencia de decembro de 2018 a finais de maio de 2019
- En ningún caso a estancia poderá ser fraccionada.
Advertisements