Arquivo por etiquetas: BDG70: a revolta do cómic galego

As lecturas do SrB: BDG70. A revolta do cómic galego

“Memoria gráfica da nosa Banda deseñada”

BDG70-metropoles-delirantes1Fai un par de anos, Xulio Carballo Dopico lía a súa exquisita tese doutoral, o traballo máis completo que existe sobre as orixes da banda deseñada galega aló polos anos setenta do século vinte. Un volume extenso, máis de seiscentas páxinas, que debullan polo miúdo parte da nosa historia. Reimundo Patiño, “Chichi” Campos, Xosé Díaz ou Xaquín Marín foron parte das figuras chave do amencer da nosa BD, as que Xulio reivindicaba co seu ímprobo traballo de investigación. Froito daquela tese naceu o proxecto expositivo BDG70. A revolta do cómic galego que foi inaugurado a finais de 2016 na sala Normal da Universidade da Coruña co gallo da conmemoración do aniversario da exposición de banda deseñada que no ano 1973 houbo nese mesmo espazo.

Este volume recolle os traballos que foron parte daqueles primeiros tempos da BD galega, que tivo que nacer necesariamente reivindicativa e popular, cunha fonda carga intelectual e usando un medio, a BD; e un idioma, o Galego; desprezados pola cultura máis elitista. Daquela, coma hoxe, a presión sobre a nosa terra, a nosa cultura e a nosa lingua era forte. A banda deseñada foi o vehículo perfecto para un grupo de artistas que precisaban xeitos novos de expresión, unha linguaxe nova para novas voces. Un movemento reivindicativo e valente nun momento arriscado. Aquela primeira exposición mesmo sufriu o ataque violento dun grupo da ultradereita. Seguir lendo

Advertisements

Metrópoles Delirantes 64 – Xaquín Marín – BDG70, A revolta do cómic galego

bdg70_1-metropoles-delirantesEsta é unha emisión especial, gravada na sala Normal da Universidade da Coruña, na exposición BDG70 – A Revolta do Cómic Galego. No ano 1973 tivo lugar, na sala Normal a primeira exposición de BD Galega, agora máis de corenta anos despois volve a haber unha exposición de Banda Deseñada. BDG70, a revolta do cómic galego. Xa era tempo de lembrar o traballo daqueles precursores da BD galega moderna, moitos anos esquecidos, mais hoxe, facémoslles xustiza e agradecemos volvendo a ensinar a súa obra o que fixeron pola BD Galega e pola cultura propia en tempos nos que ter compromiso coa terra e o noso país era, cando menos, perigoso. Falaremos cun dos protagonistas desta primeira época da BD galega moderna e porén desta exposición, referente do cómic, o humor e a retranca, o mestre Xaquín Marín. Faremos un faladoiro con Manel Cráneo, Xulio Carballo e Margarita Amor, responsábeis de esta magnífica, e tamén, necesaria exposición e homenaxe aos pioneiros da nosa BD. Remataremos cunhas recomendacións para agasallar neste Nadal.

http://www.ivoox.com/player_ej_15178328_2_1.html?data=kpqemZ2Xdpmhhpywj5WVaZS1kZWSlaaYdo6ZmKiak5KJe6ShkZKSmaiRdI6ZmKiar6maeIyhjL3O09qJh5SZoqnbjbLFtoa3lIquptORaZi3jrLS1teJh5SZo5jd0dHJt4y4xtHW1MbSuMbnjoqkpZKU&

As músicas desta emisión son:2viaxes - Metropoles delirantes

  • Ataque Escampe – Os problemas crecen.
  • Los Tamara – A outra nai.

BDG70: a revolta do cómic galego

bdg70_1-metropoles-delirantesHai algo máis dun ano Xulio Carballo presentaba a súa tese doutoral, Para unha historia da Banda Deseñada Galega: a narración a través da linguaxe gráfico-textual, un excelente texto para entender o traballo e o contexto dos primeiros autores de BD do país, e tamén a primeira tese centrada na nosa BD,  agora, grazas á colaboración e apoio da UDC e a Deputación da Coruña e ao empuxe do propio Xulio, de Manel Cráneo e Demo Editorial “a verba fíxose carne”.

Onte inaugurouse na Sala Normal da Coruña a mostra BDG70: a revolta do cómic galego. Unha exposición na que se poderán contemplar os orixinais da BD galega deses anos setenta, obras de 27 autores como Reimundo Patiño, Xaquín Marín ou Chichi Campos, entre outros, que volven a luz despois de moitos anos de esquecemento.

bdg70_2-metropoles-delirantesA mostra recolle as obras e documentos máis importantes e característicos do nacemento contemporáneo da banda deseñada Galega, que tería precisamente unha das súas primeiras exposicións na Sala Normal hai 43 anos. Poderemos comprobar e admirar a riqueza e variedade temática, das técnicas artísticas e dos diferentes formatos.

Esta exposición reivindica a gran cantidade de artistas que nos derradeiros alentos do período ditatorial utilizaron a BD como medio de expresión do seu pensamento, e fixérono amais na nosa lingua.

bdg70_3-metropoles-delirantesManel Cráneo, Xulio e o seu equipo fan con esta mostra un importantísimo labor de posta en valor, reivindicación e homenaxe aos pioneiros desta arte que non só é merecido polo seu valor como pioneiros senón pola indiscutíbel calidade do seu traballo e a dimensión simbólica e reivindicativa que non renunciou a vangarda artística.

Probablemente esta sexa a exposición de BD máis importante das feitas en Galiza, que agardamos poidamos ver nas diferentes cidades do país.