Arquivo por etiquetas: Banda desenhada

Nomeados para os Galardões de BD da Comic Con Portugal 2018

ComicconPT18
Galardão Anual BD Comic Con (para o melhor álbum)

  • Comer/Beber, de Filipe Melo e Juan Cavia (Tinta da China)
  • Man Plus, de André Lima Araújo (Kingpin Books)
  • Olimpo Tropical, de André Diniz e Laudo Ferreira (Polvo)
  • Os Regressos, de Pedro Moura e Marta Teives (Polvo)

 Galardão Melhor Argumento

  • André Lima Araújo, em Man Plus (Kingpin Books)
  • Fernando Dordio, em O Elixir da Eterna Juventude (Kingpin Books)
  • Filipe Melo, em Comer/Beber (Tinta da China)
  • Pedro Moura, em Os Regressos (Polvo)

Seguir lendo

Advertisements

Convidados na ComicCon Portugal

Depois de catro edicións na Exponor de Matosinhos (desde 2014), a Comic Con Portugal instálase en Lisboa. O festival que decorrerá en catro días, do 6 ao 9 de setembro de 2018, será este ano no Passeio Marítimo de Algés, onde haberá desde Banda Deseñada a Cinema, Televisión, Videoxogos, Música, New Media, Anime, Manga e Cosplay. Unha das novidades desta edición de 2018 é a CCPT Magazine.

Xa están confirmados grandes nomes da Banda Deseñada:

  • Yves Sente. (Blake e Mortimer, XIII, Thorgal).
  • Mark Waid, (Capitán America e Daredevil, The Flash e Superman).
  • Batem (Marsupilami).
  • Chris Claremont (X-men).
  • Filipe Melo (Dog Mendonça e Pizza Boy, Os Vampiros, Comer-Beber).
  • Mauricio de Sousa (Turma da Mónica).
  • Marjorie Liu e Sana Takeda (Monstress).
  • Joe Prado (Aquaman).
  • Tony Sandoval (El cadaver y el sofá).
  • Iouri Jigounov (Les lettres de Krivtsov).
  • Eddy Barrows (Superman).
  • David Rubín (El Héroe, Beowulf).
  • Filipe Faria (Dragomante).

Catro bandas deseñadas galegas e unha portuguesa para ler este verán

Mas futvol por fabor. Leandro Barea.

mas futvol-metropoles-delirantesLeandro é, probablemente, un dos noso mellores humoristas gráficos, cun estilo propio e ben recoñecíbel de debuxo sinxelo e directo o emprego que fai das cores fai que a súa obra sexa impactante e teña unha iconicidade que poucos autores son quen de acadar. O humor de Leandro transita entre a reflexión intelectual e o absurdo máis histrionico e hilarante. Este libro é unha recompilación de 200 páxinas da súa obra.

Podes mercala aquí.

Seguir lendo

As lecturas do SrB: Licor Café

Aquí en español.

13 grolos da Nova Banda Deseñada Galega

LK-metropoles-delirantesDende este verán o Licor café, amais da bebida nacional da nosa terra, é un libro de Banda Deseñada. Manel Cráneo, a mente inqueda que está detrás de Demo editorial é o artífice deste excelente libro que recomplila trece historias curtas doutros tantos autores e autoras da BD do País. Conta o propio Manel no limiar que a idea levaba anos no aire, mais foi finalmente Cristian Fojón, autor dun dos episodios, quen lle puxo un titulo e quen fixo de detonador desta explosión de arte e creatividade que agromou en forma de libro. Xulia Pisón é a coordinadora deste Licor Café, escolma da Nova BD galega que xa é un imprescindíbel da nosa cultura.

A selección de autores e autoras é ben acaida e representativa, con variedade nas propostas. Hai quen xa ten publicada obra longa e hai outros e outras que aínda se moven máis na escena dos fanzines. A edición é de boa calidade, con portada a cor a cargo de Jorge Peral e interior nun expresivo e esencial branco e negro.

Nesta obra colectiva, que usa como nexo común entre as distintas historias a famosa bebida, navegamos ao longo de máis de cen páxinas polas distintas visións, estilos e narrativas destes autores e autoras. Non é só un libro con historias interesantes senón que serve coma visión panorámica da variedade da nosa BD máis nova que nestes momentos é referencia, mesmo no estado, pola súa capacidade, calidade e independencia. Seguir lendo

A Comic Con Portugal 2018 muda a sede e a data de celebración

comic con portugal-Metrópoles DelirantesDepois de catro anos na Exponor en Matosinhos, a quinta edición da Comic Con Portugal muda a sede para o Concello de Oeiras, preto de Lisboa, así mesmo troca as datas de celebración para os dias 6, 7, 8 e 9 de setembro. A Cámara Municipal de Oeiras subsidia con 250 mil Euros o evento, aos que hai que lle sumar outros 80 mil para a parte logística.

No acto de sinatura do acordoen Oeiras foron anunciados os tres primeiros artistas convidados:

  • Batem (Luc Collin) – Marsupilami.
  • Mark Waid – Justice League (filme), Flash, Kingdom Come, etc.
  • Yves Sente – Thorgal, Blake & Mortimer.

Fontes:

Gañadores dos Premios da BD Portuguesa – Amadora BD

Deserto-nuvem-metropoles-delirantes

Melhor Álbum Português

  • Deserto /Nuvem de Francisco Sousa Lobo (ed. Chili Com Carne).

Melhor Argumento para Álbum Português

  • Francisco Sousa Lobo, Deserto /Nuvem (ed. Chili com Carne).

Melhor Desenho para Álbum Português

  • Amando Baeza, Bruma (ed. Chili com Carne).

Seguir lendo

Metrópoles Delirantes 80 – Licor Café – Manel Cráneo, Xulia Pisón e Dani Xove

LK-metropoles-delirantesAbrimos programa coas novas da BD a todo filispím. Nos imprescidíbeis o Sr B anota a triloxía galáctica de Leo. Embarcan nesta emisión Manel Craneo, Xulia Pisón e Dani Xove, cos que falaremos do Licor café, a antoloxía da nova BD galega que ven de editar Demo Editorial. E tamén dos proxectos desta heroica editora coruñesa comandada por Cráneo.

 

As músicas desta emisión son:

  • Novedades Carminha – El Vivo al Baile.
  • Afterlife – Ten Thousand Things.
  • The Ladybug Transistor – These Days in Flames.
  • Stefan Obermaier – This Vive.
  • Miguel Rios – Ahora que he vuelto.
  • Jens Lekman – To Known Your Mission