Arquivo por etiquetas: Banda deseñada

Metrópoles Delirantes 74 – Emilio Fonseca

Fora-de-mapa-metropoles-delirantesComezamos esta emisión a todo filispím, co Sr B e as novas da BD. Zapi volve ata as metrópoles para falar dos fillos de Victor Mora, nesta emisión dos tebeos xurásicos Jabato, o Corsario de Hierro e o Cosaco verde. Emilio Fonseca e o autor de Fóra de mapa, a obra gañadora do último Premio Castelao de Banda desenhada. Rematamos con Javi que ven dende a libraría A Gata Tola de Compostela cos libros máis interesantes.

As músicas desta emisión son:

  • Bonaparte – Fuck Your Accent.
  • Earth, Wind & Fire – Boogie Wonderland.
  • Chicharrón – Contra acantilados.
Advertisements

Metrópoles Delirantes 73 – Abel Alves

Aram-o-armenio-metropoles-delirantes.jpgAbrimos programa coas novas da BD, a todo filispím. O Sr B fai imprescindíbel unha obra pola que ten especial agarimo,  “La tetería del Oso Malayo” de David Rubín. Para o tempo da entrevista achegouse ata as metrópoles Abel Alves, guionista de Aram o Armenio, unha fermosa obra que nos lembra un deses episodios escuros da humanidade que non debemos esquecer para non repetir, o xenocidio do pobo armenio. Rematamos coas novidades que trae Javi, dende a libraría A Gata Tola de Compostela.

As músicas desta emisión son:

  • Cursi – Corazón de Hotel.
  • Madredeus Electronico – O sonho (R. Myerz & The Jack Herren Band).
  • Creedence Clearwater Revival – I Put A Spell On You.
  • Lori Meyers – Evolución.
  • Los Suaves – Siempre Con Miedo.

Metrópoles Delirantes 69 – Altarriba e Kim

El arte de volar-el alar rota- metropoles delirantesAbrimos coas novas da BD, a todo filispím, pero de verdade a todo filispím. Nos imprescindíbeis, o Nausicaa de Miyazaki, un manga excelente que deu nunha película ben coñecida. Poñémonos en pe para recibir a Antonio Altarriba e Kim, gañadores do premio nacional de cómic e autores dos excelentes álbumes, El arte de Volar e El ala rota, nunha conversa longa, na que falamos de BD, de Barthes e mesmo un pouco de política. No final, as novidades que trae Xaime, dende a libraría Komic de Compostela.

(Queremos agradecer a Javier Pintor e á UNED as facilidades que nos deron para poder grabar esta entrevista).


As músicas desta emisión son:

  • Birkin & Gainsbourg – 69 annee erotique.
  • Shostakovich – Sinfonía nº 10 (II. Allegro).
  • Antónia Font – S’Alegria des Conill.
  • Pizzicato Five – Tokyo, mon amour.
  • My Little Airport – Edward, Had You Ever Thought That The End Of The World Would Come On 20.9.01.

A Deputación da Coruña convoca vinte bolsas de estudos artísticos

A área de Cultura da Deputación convoca vinte bolsas para perfeccionamento de estudos artísticos nas que inclúe a banda deseñada.

Artes plásticas e visuais, danza e artes do movemento, teatro, música, audiovisual e ilustración e banda deseñada son os distintos ámbitos das bolsas coas que a área de Cultura quere apoiar a formación de creadores e creadoras en centros de referencia das súas disciplinas.

As bolsas da área de Cultura da Deputación da Coruña permitirán que vinte creadoras e creadores completen a súa formación en centros de referencia de fóra de Galicia nas distintas disciplinas de creación artística que, neste edición, amplían o seu abano coa incorporación de audiovisual e ilustración e banda deseñada.

Cada persoa beneficiaria recibirá un total de 9.000 € co que poderán financiar o gasto da realización de estudos artísticos durante o período 2017-2018. Cada participante poderase presentar só en tres convocatorias das bolsas. En total, a área de Cultura da Deputación destina este ano 180.000 € para as vinte bolsas que se reparten en seis modalidades, oito para a área de música, tres de teatro e interpretación, tres de artes plásticas e visuais, e dúas nas outras tres especialidades, é dicir, danza e artes do movemento, audiovisual e ilustración e banda deseñada.

“Coas bolsas queremos apoiar a formación artística en ámbitos en que completar os estudos é especialmente custoso e require investimentos que moitas persoas non poden soportar. Para nós, é importante manter este apoio que reverterá no futuro da nosa creación cultural”, explica a vicepresidenta e responsábel da área de Cultura da Deputación da Coruña, Goretti Sanmartín.

Metrópoles Delirantes 68 – El Irra

Palos-de-ciego-metropoles-delirantesAbrimos coa dedicatoria dunha canción do Sr B. As novas da BD son, máis que nunca, a todo filispím. O gran Zapi, volve nesta emisión coa súa sección Tebeos Xurásicos, desta volta o Hazañas Bélicas. Imos Rumbo ao sur, a dorna remonta o Guadalquivir para embarcar a El Irra, autor de Palos de Ciego, unha BD intensa, dura e ben entretida que nos levará a unha Sevilla que nada ten que ver co das postais e si co da vida cotiá. No final, as novidades que trae Javi, dende a libraría A Gata Tola de Compostela.

As músicas desta emisión son:

  • Betty Missiego – Su Canción.
  • Paul Mauriat & His Orchestra – It´s not unusual.
  • Nino Bravo – Voy buscando.
  • Bambino – Podría volver.
  • Triana – Diálogo.

Metrópoles Delirantes 67 – Alberto Guitián

Fito-e-Pita-metropoles-delirantesAbrimos coas novas da BD a todo filispím. Nos imprescindibéis lembramos a un autor cheo de sensibilidade co Sky Hawk do mestre Jiro Taniguchi. Embarcamos na dorna ao gran Alberto Guitián, un nome esencial na da BD galega, autor de obras marabillosas como Fito e Pita ou o Circo Lorza, compartimos viaxe e moitas risadas e pechamos coas novidades que trae Javi, dende a libraría A Gata Tola de Compostela. Rematamos cunha fermosa tonada que queremos dedicar á certa asociación de avogados coruñeses, a un señor con apelido de escritor pero con moi poucas letras e a Aurora de Lugo unha señora “de mal gusto y de poca sensibilidad”.

As músicas desta emisión son:Circo-Lorza-metropoles-delirantes

  • The Last Shadow Puppets – The Age Of The Understatement.
  • Madredeus – Ao longe o mar (Astro’s Reflect And Chill Mix).
  • La Polla Records – Salve.
  • Ponderosa – Penniless.
  • Johnny Cash – Ghost Riders In The Sky.
  • Yellow Pixoliñas – O galo vermello
  • Rage Against the Machine – Killing in the Name.

Metrópoles Delirantes 66 – Jacobo Fernández

Marcopola4-Metropoles delirantesComezamos coas novas da BD a todo filispím. Nos imprescindibéis aventuras históricas no caribe, a entretida e fantástica triloxía cubana de Fran Jaraba. Saldamos unha débeda coa magnífica serie Marcopola de Jacobo Fernández Serrano, falaremos con él desta obra da que ven de publicar o cuarto número. No tempo das novidades, Eva dende a libreria Banda Desenhada de Vigo.

 

 

 

As músicas desta emisión son:Cita na Habana-Metropoles delirantes

  • Nena – 99 Lufballons.
  • Kruder & Dorfmeister – Going Under.
  • Elíades Ochoa e Ibrahim Ferrer – Chan Chan.
  • Camera Obscura – Lloyd, I’m Ready To Be Heartbroken.
  • Rui Veloso – Não Percas o Teu Mistério.