Arquivo por etiquetas: Banda deseñada

As lecturas do SrB: BDG70. A revolta do cómic galego.

“Memoria gráfica da nosa Banda deseñada”

BDG70-metropoles-delirantes1Fai un par de anos, Xulio Carballo Dopico lía a súa exquisita tese doutoral, o traballo máis completo que existe sobre as orixes da banda deseñada galega aló polos anos setenta do século vinte. Un volume extenso, máis de seiscentas páxinas, que debullan polo miúdo parte da nosa historia. Reimundo Patiño, “Chichi” Campos, Xosé Díaz ou Xaquín Marín foron parte das figuras chave do amencer da nosa BD, as que Xulio reivindicaba co seu ímprobo traballo de investigación. Froito daquela tese naceu o proxecto expositivo BDG70. A revolta do cómic galego que foi inaugurado a finais de 2016 na sala Normal da Universidade da Coruña co gallo da conmemoración do aniversario da exposición de banda deseñada que no ano 1973 houbo nese mesmo espazo.

Este volume recolle os traballos que foron parte daqueles primeiros tempos da BD galega, que tivo que nacer necesariamente reivindicativa e popular, cunha fonda carga intelectual e usando un medio, a BD; e un idioma, o Galego; desprezados pola cultura máis elitista. Daquela, coma hoxe, a presión sobre a nosa terra, a nosa cultura e a nosa lingua era forte. A banda deseñada foi o vehículo perfecto para un grupo de artistas que precisaban xeitos novos de expresión, unha linguaxe nova para novas voces. Un movemento reivindicativo e valente nun momento arriscado. Aquela primeira exposición mesmo sufriu o ataque violento dun grupo da ultradereita. Seguir lendo

Advertisements

Catro bandas deseñadas galegas e unha portuguesa para ler este verán

Mas futvol por fabor. Leandro Barea.

mas futvol-metropoles-delirantesLeandro é, probablemente, un dos noso mellores humoristas gráficos, cun estilo propio e ben recoñecíbel de debuxo sinxelo e directo o emprego que fai das cores fai que a súa obra sexa impactante e teña unha iconicidade que poucos autores son quen de acadar. O humor de Leandro transita entre a reflexión intelectual e o absurdo máis histrionico e hilarante. Este libro é unha recompilación de 200 páxinas da súa obra.

Podes mercala aquí.

Seguir lendo

As lecturas do SrB: Licor Café

Aquí en español.

13 grolos da Nova Banda Deseñada Galega

LK-metropoles-delirantesDende este verán o Licor café, amais da bebida nacional da nosa terra, é un libro de Banda Deseñada. Manel Cráneo, a mente inqueda que está detrás de Demo editorial é o artífice deste excelente libro que recomplila trece historias curtas doutros tantos autores e autoras da BD do País. Conta o propio Manel no limiar que a idea levaba anos no aire, mais foi finalmente Cristian Fojón, autor dun dos episodios, quen lle puxo un titulo e quen fixo de detonador desta explosión de arte e creatividade que agromou en forma de libro. Xulia Pisón é a coordinadora deste Licor Café, escolma da Nova BD galega que xa é un imprescindíbel da nosa cultura.

A selección de autores e autoras é ben acaida e representativa, con variedade nas propostas. Hai quen xa ten publicada obra longa e hai outros e outras que aínda se moven máis na escena dos fanzines. A edición é de boa calidade, con portada a cor a cargo de Jorge Peral e interior nun expresivo e esencial branco e negro.

Nesta obra colectiva, que usa como nexo común entre as distintas historias a famosa bebida, navegamos ao longo de máis de cen páxinas polas distintas visións, estilos e narrativas destes autores e autoras. Non é só un libro con historias interesantes senón que serve coma visión panorámica da variedade da nosa BD máis nova que nestes momentos é referencia, mesmo no estado, pola súa capacidade, calidade e independencia. Seguir lendo

Metrópoles Delirantes 86 – David Rubín

cuadernodetormentas-metropoles delirantes

Abrimos programa coas da BD a todo filispí­m. Nesta emisión facemos un monográfico cun autor dos máis importantes do noso país, embarcamos a David Rubín que ven de publicar con Astiberri a nova versión de Cuaderno de Tormentas. Falamos de bd, da vida, da morriña e como non, do que está a pasar no mundo.

 

 

As músicas desta emisión son:

  • Los Suaves – Cou chou llega el tren.
  • Sadao Watanabe – 3:10 Blues.
  • Curtis Harding – Drive My Car
  • Pearl Jam – Alive.
  • Les Rita Mitsouko – Marcia.

Metrópoles Delirantes 81 – La espada de San Eufrasio

San eufrasio - metropoles-delirantes

Abrimos programa coas novas da BD a todo filispím. Acompañamos a Zapi na procura dos tebeos xurásicos, desta volta as xoias literarias ilustradas. Viaxamos atras no tempo ata o medievo galego, ata as terras do Conde de Lemos, nese tempo e nese espazo transcorre a historia da espada de San Eufrasio, unha bd de aventuras da que ven de se publicar o primeiro número, falamos con Miguel Fernández o seu debuxante.

 

As músicas desta emisión son:

  • Franco Battiato – Centro di gravita’ permanente.
  • King Crimson – Epitaph including March for No Reason and Tomorrow and Tomorrow.
  • Sué Mon Mont – Besos.
  • Os Resentidos – Galicia Canibal.

Metrópoles Delirantes 80 – Licor Café – Manel Cráneo, Xulia Pisón e Dani Xove

LK-metropoles-delirantesAbrimos programa coas novas da BD a todo filispím. Nos imprescidíbeis o Sr B anota a triloxía galáctica de Leo. Embarcan nesta emisión Manel Craneo, Xulia Pisón e Dani Xove, cos que falaremos do Licor café, a antoloxía da nova BD galega que ven de editar Demo Editorial. E tamén dos proxectos desta heroica editora coruñesa comandada por Cráneo.

 

As músicas desta emisión son:

  • Novedades Carminha – El Vivo al Baile.
  • Afterlife – Ten Thousand Things.
  • The Ladybug Transistor – These Days in Flames.
  • Stefan Obermaier – This Vive.
  • Miguel Rios – Ahora que he vuelto.
  • Jens Lekman – To Known Your Mission

Viñetas desde o Atlántico 2017

Vinetas2017-meropoles-delirantesHoxe foi presentada polo Concelleiro de Culturas da Coruña, José Manuel Sande a edición 2017 do Salón Internacional do Cómic Viñetas desde o Atlántico.

A vixésima edición do Viñetas será na Coruña entre o 7 e o 13 de agosto, como cada ano esta edición contará con convidadados nacionais e internacionais, a organización destaca a presenza do Premio Nacional de cómic 2016, Pablo Auladell e da exposición coa que se conmemoran os dez anos deste premio. Tamén haberá unha mostra adicada á banda deseñada Galega nos vinte anos do Viñetas, unha exposición retrospectiva que prometen será “conceptualmente novidosa”. No apartado das sedes, o festival medra e integra dous novos espazos, Afundación, da Obra Social Abanca, e a Fundación Barrié. Outra das novidades é o  espectáculo audiovisual: Black Dog, the dreams of Paul Nash, con Dave McKean.

Por primeira vez na historia do Salón, o cartel deste 2017 non lle foi encargado coma sempre a un dos convidados no 2016, senón a o autor galego, Das Pastoras, que xa asinara o de 2002, pero, en palabras do directo do festival, Miguelanxo Prado: “queriamos que o vixésimo cartel fose diferente, un que, na medida do posible, salientase dentro desa magnífica colección que fomos xuntando neste tempo. O listón estaba alto, ben se pode comprobar na exposición de carteis que Viñetas leva cada ano á Torre de Hércules. Así que pensamos en pedirllo a DasPastoras, pola súa particularísima liña de traballo. O certo é que non dubidou en quedar co reto. E á vista está o resultado”. Seguir lendo