Arquivo por etiquetas: Autoedición

No Tengo Mamá 2018

O festival No Tengo Mamá, de artes gráficas e musicais na súa vertente menos comercial chega á cuarta edición, celebrarase como cada ano na contorna do MARCO. Entre os obxectivos que se marcan nesta edición están os seguintes:

    • Crear un punto de encontro para que artistas e colectivos poidan difundir a súa obra e intercambiar experiencias.
    • Dinamizar a escena cultural da nosa cidade e que todas as persoas coñezan e conecten con outras formas de entender a arte e a cultura.
    • Qué sexa unha experiencia interesante e divertida.

 

As actividades que teñen preparadas este ano son:
(Todas as actividades son de balde). Seguir lendo

Advertisements

Convocatoria No Tengo Mamá 2018

NTMM18-metropoles-delirantes

Xa está aberta a convocatoria para o festival de autoedición de Vigo, o No tengo mamá. O festival cambia de datas e vaise celebrar os días 7 e 8 de setembro, nunha decisión ben acaida que evita a coincidencia co Autobán de Coruña. Ao mesmo tempo foi presentado o cartaz desta edición que é obra do artista Nacho García.

Inscríbete nesta inscripcion antes das 23:59 do día 15 de agosto. Os seleccionados daranse a coñecer o día 17 dese mismo mes.

Gropu, Gropu

Despois de tres anos de inactividade volven as Xornadas de Autoedición do Liceo Mutante, desta volta baixo o nome de GROPU GROPU.

A estrutura do evento é ben sinxela: mercado de fanzines, tebeos, láminas, camisolas…; un par de concertos xeitosos; rifa final con toques de humor e pode que algunha actividade sorpresa. Seguir lendo

Programa do FunFunFun 2016

 Xoves 15. No Modus Vivendi

  • 18:00 Intervención artística.
  • 00:00 DJ Bigote Mix.

Venres 16. Na Unitaria.

  • 19:30 No vengo aquí a hablar de mi libro.
  • 21:00 Quiz-Show con Leandro Barea.
  • 21:00 Videoregueifa con Javi Camino, Nico Campos e Enrique Lojo.

Sábado 17. Na Unitaria.

  • 12:00 Mercadiño (ata peche).
  • 13:30 Sesión Vermú “Lodeiros” cos Dj´s Sinzereza.
  • 14:30 Concerto de Alfeizar.
  • 16:00 Charla Documentais Autoeditados, con Alfonso Zarauza, Cesar Souto, Cora Peña e Pablo Ces.
  • 17:30 Cata de Viños Autoeditados, coas Adegas Entreosrios (Barbanza) e Ana Gandín (Quiroga).
  • 18:30 Charla Autoedición videoxogos, con Jorge F. Peral e Rubén Romero.
  • 20:00 As cousas das movidas con Pancho Lapeña.
  • 21:00 Gran Combate de debuxantes.
  • 23:00 Pechamos Fin, Fan, Fun e imos de festa.

00:00 Concerto de Igmig. (Na carpa do Mercado da Estrela). A 100m da Unitaria.

fun16-metropoles-delirantes

Metrópoles Delirantes 62 – Juan Carlos Abraldes

tumbadoterror_metropoles-delirantesPara comezar o Sr B coas novas da BD. Nos imprescindíbeis o Aquí de Richard McGuire, unha das obras máis vargardistas dos últimos anos. Entrevistamos a Juan Carlos Abraldes que ven de publicar A tumba do terror, un albúm que recupera na nosa lingua historias escritas por Jason Crawley e que non nos deixaran durmir. No tempo das novidades Javi dende a libreria A Gata Tola de Compostela falaranos das novidades máis importantes.

http://www.ivoox.com/player_ej_13855222_2_1.html?data=kpill5qWdpOhhpywj5WVaZS1kZWSlaaUdY6ZmKiak5KJe6ShkZKSmaiRdI6ZmKiar6madoyhjK_iw9OPh8LmzdTgjabGtsLgxcrgj4qbh47Bxtnfh6iXaaOn0dTZx9iPiMbgytfO0NnJt46ZmKiakg..&

As músicas desta emisión son:

  • Phoenix – If I ever feel Better.
  • Pizzicato Five – Boy meets girl.
  • Pink Floyd – Time.
  • The Growlers – Chinese Fountain.
  • Belle & Sebastian – Jonathan David.

Abertas as convocatorias do FunFunFun 2016

cartaz-fun16-metropoles-delirantesComa o apalpador, polo nadal volve o FUN FUN FUN! (O Movidote de Autoedición de Compostela).

Os días 16 e 17 de Decembro na Unitaria (Calzada de San Pedro, S/N), e desde 11:00 a 21:00 terá lugar o FUN FUN FUN, para o que abrimos convocatoria a partir de XA. Creadores, editores, impresores, afeccionados, fanáticos e curiosos: arreconchegádevos.

Queremos o vosos papeis manchados e cosidos, os vosos escritos románticos, os vosos tebeos feitos con manley, os vosos fanzines colaborativos e as vosas movidas indefinibles.

Pero desde o FUN FUN FUN tamén entendemos que coa edición gráfica non morre o conto, e queremos dar cabida a outros medios, espazos e formatos da edición alternativa. Deste xeito, nesta segunda edición do mercado reduciremos un chisco os metros adicados ao papel, porque pretendemos que traiades tamén a vosa música, a vosa roupiña, a vosa filatelia, o voso extraño montaxe en vhs e a vosa movida indefinible con rodas.

CONVOCATORIA “MERCADO”

Para solicitar sitio no Mercado de Autoedición, mandade un correo a eufunofunfunfun@gmail.com co tema MERCADO, e por favor, adxuntade:

  • O nome do participante, participantes, ou grupo de participantes.
  • Unha descripción da vosa proposta.
  • Unha estimación do volume que ocupariades (calcúlanse, de media, espazos de 0,70 x 0,70 cm, pero todo é falalo. Agradecerase sinceramente que os grupos e autores que xa son amiguetes fagan por compartir espazo. Xa sabedes como vai).
  • Un link a algún lugar da ciberautopista da información no que se poida observar o voso traballo, de existir.

A convocatoria estará aberta ata o día 17 de novembro, e durante a semana do 21 ao 25 de novembro publicaremos o listado de participantes no noso evento de Facebook.

CONVOCATORIA “COMBATE DE DEBUXANTES”

O 17 de decembro imos celebrar o combate de debuxantes do FUN FUN FUN.

Se queres participar envianos un email.

Escribide a eufunofunfunfun@gmail.com ata o martes 1 de decembro (as propostas que cheguen máis tarde das 23:59 do día 1 serán automáticamente rexeitadas).

As lecturas do Sr B: La Carga

Aquí en español.

La Carga-Metrópoles DelirantesMariano Casas, gañador da cuarta edición do premio Castelao con Mensaxes, é un deses autores que non paran de producir, desta volta acude ao micro mecenado, táboa de salvación de moitos proxectos nun país cunha carencia grave de facilidades para producir e editar banda deseñada.

La Carga é unha obra de 84 páxinas dura, opresiva, tensa, unha “road movie”, (existe o xénero road cómic?) na que seguimos a fuxida de dous personaxes que tentan deixar atrás o pasado e dos que imos descubrindo cousas a través das súas conversas na furgoneta na que fuxen e transportan unha misteriosa carga da que queren desprenderse.

Así de sinxelo e ao tempo así de complexo é o argumento, con esta premisa e un estilo gráfico áxil e de trazo rápido e forte, feito con tinta e pincel, cunha gran carga pictórica e un branco e negro áspero pero fermoso, potente e directo como un “riff” de guitarra dos Homens, así é como Mariano vai desenvolvendo o fío desta historia que cun ritmo preciso, cadencioso, vai atrapando ata que chegas ao final, un momento case espiritual no que cobra sentido o subtitulo desta obra, Manual de auto axuda para culpábeis. Seguir lendo