Arquivo por etiquetas: Astiberri

Becky Riot | Mariano Pardo

  • Título: Becky Riot.
  • Autor: Mariano Pardo.
  • Editorial: Astiberri.
  • Lugar: Bilbao.
  • Ano de edición: 2022.
  • Número de páxinas: 200.
  • Prezo: 25€.

Becky contra todo o puto mundo

Esta BD conta a vida dunha adolescente, Becky, que está vivindo esta etapa vital dun xeito especialmente complicado. Becky non é a rapaza con máis éxito no instituto, os seus pais están divorciados e ela transita  cada día por unha montaña rusa emocional.

Está obra de Mariano Pardo é un interesante documento gráfico e narrativo sobre esa etapa de transición da vida infantil á adulta. Por veces realista e por veces psicodélico mais, en todo caso, conservando esa capacidade das ficcións ben construídas de veracidade.

Becky é unha pésima estudante que non aproba ningunha e á que o resto do alumnado ignora e mesmo rexeita. Acoso entre iguais e desprezo dun sistema deseñado para estandarizar que rexeita as personalidades distintas. Becky Riot sinala moi ben os problemas dun sistema de merda.

Un guión episódico, vese a influencia do estoupido das series, sobre todo dos Simpson, e que non escatima en mala hostia, humor negro, crítica social e unha pingas de punk. Din os materias promocionais da editora que ten influencias de «Todd Solondz, de Daniel Clowes e de Simon Hanselmann». E si, tenas.

Seguir lendo
Advertisement

Escucha, hermosa Marcia | Marcello Quintanilha

  • Título: Escucha, hermosa Márcia.
  • Autor: Marcello Quintanilha.
  • Editorial: Astiberri.
  • Lugar: Bilbao.
  • Ano de edición: 2022.
  • Número de páxinas: 128.
  • Prezo: 20€.

Sei suspirar, sei morrer

Escucha, hermosa Márcia é o título do último traballo de Marcello Quintanilha (Tungsteno, Talco de Vidrio), unha obra excelente que foi premiada co Fauve d’or en Angulema o pasado ano –o premio máis importante na BD europea–. Esta é outra desas historias que tan ben constrúe o brasileiro e que nos seducen cunha sinxeleza aparente que a medida que avanza vaise retorcendo sobre si propia até tecer un relato complexo e moi verídico da realidade.

Desta volta trae ás viñetas un anaco da vida de Márcia, unha enfermeira que reside nunha favela de Río de Janeiro co seu mozo Aluísio e a súa filla, Jaqueline. A moza, rebelde e bocalana, anda cos membros dunha das bandas do barrio o que provoca continuos enfrontamentos entre nai e filla. A situación faise grave cando a policía detén a Jaqueline como cómplice dun roubo. Márcia e Aluísio descobren que a rapaza está involucrada con mafiosos de alto nivel e cun grupo de policías corruptos.

Seguir lendo

Los años de internet | Damian Bradfield e David Sánchez

  • Autor: Título: Los años de internet.
  • Autor: Damian Bradfield e David Sánchez.
  • Editorial: Astiberri.
  • Lugar: Bilbao.
  • Ano de edición: 2021.
  • Número de páxinas: 88.
  • Prezo: 17€.

A ditadura dos algoritmos

Damian Bradfield, o fundador da tecnolóxica WeTransfer forma sociedade con David Sánchez (Un millón de años, Museomaquia ou En otro lugar), para reflexionar e contarnos, nesta BD, como a hiperconectividade das sociedades actuais nos afecta na nosa vida diaria. As empresas de internet son un monopolio de xigantes tecnolóxicos que comercian cos nosos datos e coa nosa privacidade.

A economía dixital prometía unha revolución que democratizaría o acceso á información, faríanos máis libres para crear e difundir contidos e facilitaría moito as nosas vidas. Ten algo diso, é evidente, máis ten moito máis de crear un negocio novo moi rendíbel no que nós somos o produto. E que é fantástico para o control social.

Seguir lendo

La mentira por delante | Lorenzo Montatore

“Un vendedor de metáforas con parroquia”

Francisco Umbral foi un dos grandes escritores españois da última metade do século vinte e nestes últimos anos son varias as obras que abordan a súa biografía, como o documental Anatomía de un dandy ou esta BD. A pesares da súa xenialidade a prodiga presenza en platós e sainetes varios fai que estea instalado con forza nos imaxinarios populares como ese señor moi hiperbólico que berraba: «Yo he venido aquí a hablar de mi libro». A gran máquina de propaganda –e trituradora de reputacións– que é a televisión en España fixo del unha caricatura.
Esta obra é graficamente superlativa. Non se pode dicir doutro xeito, o estilo sintético, icónico e minimalista de Montatore é un puro gozo visual. Un debuxo que se desprende de todo o que non é imprescindíbel para deixar só o cerne do significante, case como se foran sinais. A capacidade de iconicidade dos deseños deste autor é verdadeiramente unha delicatessen visual. A cor acompaña, complementa e mellora ese estilo mínimo no trazo e máximo no significado. O xeito de compoñer a páxina, tamén minimalista, vai en consonancia cunha gráfica que, teño que repetir, é do mellor que produciu a BD española en anos, amais Montatore xoga tamén coa cor de fondo. Alterna, nalgunhas páxinas, o negro e as cores planas moi vivas, dándolle unha variedade e unha segmentación narrativa ben interesante.

Seguir lendo

Metrópoles Delirantes 86 – David Rubín

cuadernodetormentas-metropoles delirantes

Abrimos programa coas da BD a todo filispí­m. Nesta emisión facemos un monográfico cun autor dos máis importantes do noso país, embarcamos a David Rubín que ven de publicar con Astiberri a nova versión de Cuaderno de Tormentas. Falamos de bd, da vida, da morriña e como non, do que está a pasar no mundo.

 

 

As músicas desta emisión son:

  • Los Suaves – Cou chou llega el tren.
  • Sadao Watanabe – 3:10 Blues.
  • Curtis Harding – Drive My Car
  • Pearl Jam – Alive.
  • Les Rita Mitsouko – Marcia.

Lamia de Rayco Pulido, Premio Nacional de Cómic de España

lamia-metropoles delirantesA novela gráfica ‘Lamia’ (Astiberri) de Rayco Pulido é a galardonada co Premio Nacional de Cómic de España, 2017.

O xurado elixiu esta obra pola “súa capacidade de innovación formal e estética, que aproveita a andamiaxe dunha historia de xénero negro para relatar unha parte do noso pasado, e polo tratamento do papel da muller en dito periodo”.

Metrópoles Delirantes 68 – El Irra

Palos-de-ciego-metropoles-delirantesAbrimos coa dedicatoria dunha canción do Sr B. As novas da BD son, máis que nunca, a todo filispím. O gran Zapi, volve nesta emisión coa súa sección Tebeos Xurásicos, desta volta o Hazañas Bélicas. Imos Rumbo ao sur, a dorna remonta o Guadalquivir para embarcar a El Irra, autor de Palos de Ciego, unha BD intensa, dura e ben entretida que nos levará a unha Sevilla que nada ten que ver co das postais e si co da vida cotiá. No final, as novidades que trae Javi, dende a libraría A Gata Tola de Compostela.

As músicas desta emisión son:

  • Betty Missiego – Su Canción.
  • Paul Mauriat & His Orchestra – It´s not unusual.
  • Nino Bravo – Voy buscando.
  • Bambino – Podría volver.
  • Triana – Diálogo.

Metrópoles Delirantes 65 – David Rubín

Gran-hotel-abismo-metropoles-delirantesComezamos co Sr B que volve do seu pequeno exilio interior para as novas da BD a todo filispím. Nos imprescindíbeis, Dúas viaxes, unha obra fundacional na BD galega moderna de Xaquín Marín e Reimundo Patiño, de seguro que si Hai un home en españa que o fai todo é este, compartimos unha peculiar entrevista con David Rubín que ía sobre o seu Gran Hotel Abismo, pero que derivou en moitos outros temas. No tempo das novidades Javi dende a libreria A Gata Tola de Compostela ven para falármonos das novidades máis importantes.

As músicas desta emisión son:

  • Raffaella Carrá – Rumore.
  • Taha, Khaled, Faudel – Ya Rayah.
  • Andrés do Barro – Fogar de Breogán.
  • Astrud – Hay un hombre en España.
  • Nada – Senza un perchè.

As lecturas do Sr B: I.D.

Aquí en Español.

I.D_capa-MetropolesdelirantesQue Emma Ríos xa está na lista de grandes nomes da banda deseñada está fora de dúbida, mais se ata agora a súa faceta como debuxante era a máis coñecida, con este I.D. pon enriba da mesa as súas credenciais de autora completa e confirma o que xa sabiamos os admiradores do inconcluso APB, é tan boa no guión coma no debuxo.

Da man de Astiberri, chéganos este excelente libro de ciencia ficción que foi publicado de xeito seriado en Island (Image Comics), a revista editada nos USA que Emma codirixe con Brandon Graham.

I.D. é unha distopía na que a autora plantexa unha dúbida tan complexa como inherente ao ser humano, a da desconformidade co propio corpo e como esta afecta á propia identidade, abre así nesta historia unha “caixa de Pandora” con multitude de frontes, éticos, psicolóxicos e humanos. Seguir lendo

Metrópoles Delirantes 57 – Canales e Pellejero

md57-canales-pellejeroComezamos tempada con esta emisión e facémolo falando da actualidade coas novas da bd a todo filispim co SrB. No imprescindíbel unha obra de Etienne Davodeau, Rural. Na entrevista, escoitaremos a Juan Díaz Canales e Rubén Pellejero, dous grandes autores que xa son lendas vivas. E rematamos con Xaime Lis que dende Komic en Compostela achegouse para falarnos das novidades. Todo con flow e voces sexis 😉

http://www.ivoox.com/player_ej_12877009_2_1.html?data=kpelmZyUdJqhhpywj5WVaZS1kZWSlaaUdI6ZmKiak5KJe6ShkZKSmaiRdI6ZmKiar6mZe4yhjKjO0MbQqdSfxpC9x9HQqcvZ09Sah5ynca7Z1deSpZiJhpTk0NHS1ZCoqc3d08bb1srXcYarpJKd&

As músicas desta emisión son:

  • The Hustle – Van McCoy.
  • Booker T & The Mg´s – Melting Pot.
  • Emmanuelle Seigner – Le jour parfait.
  • The Shivas – Baby I Need You
  • Novedades Carminha – Que Dios reparta fuerte.