Arquivo por etiquetas: Angouleme 2017

Palmarés do Festival da BD d’Angoulème 2017

Os premiados no cuadraseximo cuarto Festival da BD d’Angoulème son:

Fauve d’Angoulême, premio á banda deseñada alternativa: Biscoto Journal.

Biscoto-metropoles-delirantes Seguir lendo

Advertisements

Cosey é o gañador do Grand Prix de Angouleme

Cosey_metropolesdelirantesEste mércores comezou o festival de Angouleme e fíxoo facendo público o nome do vencedor do Grand Prix que é o autor suízo Cosey, impoñéndose na votación aos outros dous candidatos, Manu Larcenet e Chris Ware.

Cosey é o nome artístico do debuxante e guionista Bernard Cosendai, é autor da coñecida serie Jonathan (Ponent Mon), que foi publicada dende 1975 na revista Tintín, tamén é autor de ‘El viaje a Italia’, ‘A la búsqueda de Peter Pan’ y de ‘Saigon / Hanoi’. Tal e como manda a tradición, Cosey presidirá a vindeira edición do festival. Seguir lendo

Cambios na organización do Festival de BD de Angouleme

LOGO FIBD-Metrópoles DelirantesConfirmase que haberá edición de 2017 do festival mais cunha serie de importantes reformas.

Na pasada edición do Festival de Angouleme vivimos varias polémicas coma a escaseza de nomeadas femininas para os premios ou os “falsos fauves” que deu nunha ameaza dos editores de boicotear a próxima edición, para atallar esta crise o Ministerio de Cultura e da Comunicación nomeou un mediador, Jacques Renard, que agora ven de publicar as súas propostas para acabar cos conflitos.

En primeiro lugar, un profundo cambio na gobernanza do festival e a división de responsabilidades que lles son inherentes, para involucrar mellor os financiamento públicos e privados nas principais decisións relacionadas co evento e en segundo lugar, unha clarificación da dirección editorial e artística do evento. Seguir lendo