Arquivo por etiquetas: Angouleme 2016

Residencia de novela gráfica na Maison des Auteurs 2016-2017

Beca Angouleme2-Metrópoles DelirantesAcción Cultural Española (AC/E) e a Cité internationale de la bande dessinée et de l’image, coa colaboración do Institut Français de España, organizan unha residencia para un autor/a español de novela gráfica na Maison des Auteurs en Angoulême.

A residencia ten como obxectivo promover a creación no ámbito específico da novela gráfica. A persoa que resulte elixida gozará da residencia na Casa dos Autores (La Maison des Auteurs) de Angoulême (Francia). (entre decembro de 2016 e marzo de 2017).

A residencia inclúe.

  • Aloxamento nun piso de 3 habitacións a compartir con outro residente (dous dormitorios) no centro de Angoulême (electricidade, gas y agua por conta do residente).
  • Dispoñibilidade dun obradoiro (persoal ou colectivo) equipado de material de creación gráfica na Maison des Auteurs.
  • Un importe de 1.000 euros ao mes destinado a cubrir os gastos de manutención, transporte local, consumos de auga, gas e electricidade.
  • Billete de tren ou avión ida e volta en clase económica da cidade de residencia en España a París, así coma un billete de tren ida e volta de París a Angoulême. Datas de residencia de dicembro de 2016 a finais de marzo de 2017.
  • En ningún caso a estancia poderá ser fraccionada.

Seguir lendo

Advertisements

Metrópoles Delirantes 46 – Miguel Porto

Allen-Metrópoles DelirantesRepasamos a todo filispín os premios de Angouleme, nunha edición con máis polémicas que un partido de futbol. O Sr B fai imprescindible Comanche, unha magnifica obra ambientada no Oeste norteamericano obra do recén premiado Hermann. Falamos longo con Miguel Porto, do seu último traballo para os  USA e da súa faceta docente no Garaxe Hermético de Pontevedra. Despedimos con Javi de A Gata Tola que ven coas novidades e todo salseado con música boa.
http://www.ivoox.com/player_ej_10272120_2_1.html?data=kpWfmZeVdpGhhpywj5WVaZS1kZWSlaaXdo6ZmKialJKJe6ShkZKSmaiRdI6ZmKiar8rYtoa3lIqvldXTsMbnjKnSzs7Wpc_oxtiYlpuRaZi3jrLS1teJh5SZo5jd0dHJt4y4xtHW1MbSuMbnjoqkpZKU&

As músicas desta emisión son:

  • Gipsy Kings – Hotel California.
  • Neu! – Hallogallo.
  • Siniestro Total – Me pica un huevo.
  • Ponderosa – Pistolier.
  • Solveig Sandnes – Mon ami de l´Ouest.

Quilombo en Angoulême

LOGO FIBD-Metrópoles DelirantesAínda cáseque non encertamos o ano e xa temos quilombo no mundo da BD, desta volta na aparentemente impecable e envexada bd francesa. O Festival de Angoulême publicou hai uns días a lista de nomeados ao Grand Prix deste ano, unha trintena de autores e… ningunha muller na lista.

A primeira do ano e máis importante cita da BD en Europa, a celebrar a finais do mes de xaneiro, será a cuadraseximo terceira edición, e nestas corenta e tres citas só houbo unha gañadora do Grand Prix do festival, Florence Cestac.

O Colectivo de Creadoras de Cómic francés, reaccionou chamando ao boicot e puxo enriba da mesa unha bomba de reloxería que o festival non foi quen de desactivar. Seguir lendo