Arquivo por etiquetas: Andrés Magán

Ideas para agasallar Bd galega

A terra quere pobo. Esta frase que ademais é o titulo dun libro, serve para ilustrar o que necesita a bd do país para se converter nun sector forte e capaz; público.

Serva esta pequena listaxe coma suxestión de agasallos para estas datas, é evidente que non están todas as obras pero pensamos que si está unha boa escolma ben representativa da variedade da bd galega (ou feita por galegos).

Toreromaus-Metrópoles DelirantesToreromaus – Los Bravú.

Unha edición preciosa de Fulgencio Pimentel limitada a 250 exemplares e ben coidada para unha obra que sorprendeu pola frescura e audacia coa que Dea e Diego contan esta pequena aventura etílica.

 

 

 

 

Catalogo_oneroso-Metrópoles DelirantesCatalogo Oneroso de beleza gratuíta – Fran Bueno.

Fran Bueno acadou con esta obra o  VIII Premio Castelao de bd, convocado pola Deputación da Coruña. Unha obra que é unha auténtica marabilla que merece a pena descubrir, sensibilidade e delicadeza, unha obra, no noso parecer,  moi poética.

Seguir lendo

Advertisements

Metrópoles Delirantes 17 – Fosfatina

MD17-Metrópoles DelirantesNa décimo séptima emisión das Metrópoles entrevistamos a Rubén Romero de Fosfatina, a nova editorial viguesa. O Sr B trae ós imprescindibles unha obra do mestre Osamu Tezuka, El libro de los insectos humanos. Con Andrés Magán falamos de Griza Zono o seu novo tebeo e tamén dos proxectos expositivos nos que anda. Lembramos o Batman de 1966 o heroe máis pop, e as novidades deste programa son cousa de Javi de A Gata Tola, puro entusiasmo polos cómics. Todo con música da boa.

http://www.ivoox.com/player_ej_3617267_2_1.html?data=lJuemZeae46ZmKiakpaJd6Kkk4qgo5qZcYarpJKfj4qbh46kjoqkpZKUcYarpJK6x9nWaaSnhqeg0tTQqdSfpcrZy9fFstXZ1JCemZKJe6Shrsrh1Iqnd4a2lNXczsrXb6XZzc7fw9PYqdShhpywj5k.&