Arquivo por etiquetas: Altar mutante

Publicados Altar Mutante 7 e Amair

Altar mutante 7-metropoles-delirantesO fanzine de “horror putrefacto e ciencia ficción grasenta” publica o sétimo número e lanza a serie Amair.

Altar Mutante Comix é unha publicación que desde 2014 reúne historietas de fantasía e terror realizadas por un amplo elenco de creadores e creadoras internacionais. Esta publicación promovida desde A Coruña polo historietistas, ilustradores e deseñadores gráficos Álvaro López e Luis Sendón xa está asentada como unha das cabeceiras de referencia do xénero, optando o ano pasado ao premio ao mellor fanzine no Salón do Cómic de Barcelona.

Para este sétimo número Jagoba Lekuona deseñou  unha impactante portada que é o pano que abre unha serie de historias a cargo do plantel autoral estable de Altar Mutante, Kike Benlloch, Diego Blanco, Manel Cráneo, Debelius, Roberto Díez, Super C, Don Rogelio J., Álvaro López e Luis Sendón. A esta excelente nómina de autores súmanse nesta entrega novos valores de enorme proxección: Gaudino, Kike J. Diaz, Gairah Love, Dani Xove e o propio Jagoba.

A outra novidade do selo é Amair, unha colección de catro números na que Kike Benlloch como guionista e Luis Sendón no debuxo. En Amair, presentan un universo orixinal de fantasía, encadrado nunha vertente escura do xénero de espada e bruxería (Sword & Sorcery). Esta é a primeira banda deseñada en galego desta editorial coruñesa e acompañando este lanzamento podemos desfrutar dunha exposición de debuxos e deseños de producción que se poderá ver do 8 ao 31 de agosto no Bar 13 (rúa Orzán 13, A Coruña).

Advertisements

Begoña García-Alén e Altar Mutante optan aos premios do 36 Saló de Barcelona

Altar-BegonhaBegoña García-Alén e o fancine Altar Mutante son a representación galega nos premios do 36 Saló Internacional do Cómic de Barcelona, están nomeados nas categorias de autora revelación e mellor fanzine.

A pontevedresa foi nomeada polo seu traballo Nuevas estructuras, publicado por Apa Apa Cómics. Por outra banda o fanzine, dirixido por Álvaro López e Luis Sendón conta con colaboradores ben coñecidos na BD do país como Manel Cráneo, Xulia Pisón, ou Debelius, entre outro moitos, mais tamén con artistas internacionais coma Christian Giuseppe ou André Coelho. A publicación xa conta con seis números publicados.

Os premiados coñeceranse mañá, 13 de abril.

Novidades galegas para o Viñetas – Autobán 2015

Xa queda menos dun mes para o Viñetas desde o Atlántico e o Autobán, ambas citas xa ineludibeis na axenda da bd galega. Nestas datas e coincidindo con estes eventos é xa tradición que se presenten moitas novidades.BTFMR-Cartel-Metrópoles Delirantes

A bd galega vai presentar obras ben interesantes: unha nova novela gráfica, Os que levan o lume, a cargo de Álvaro López e editada por Demo Ed; Cuimnhe, la deuda de Kike Benlloch, un historico ademais de prolifico autor da bd Galega; sendos números de Altar Mutante (o terceiro) e un número especial da dixital O Botafumeiro; unha delicatessen da audaz editora viguesa Fosfatina que presenta  unha obra de José JaJaJa, 1997 Hot Summer; o colectivo minhoco, responsabeis do fanzine Compota de Manatí que anuncia o segundo número da publicación; e a escola prrofesional de BD O Garaxe Hermético presentará o terceiro libro da Colección Cornelius, editado por Retranca Ed e que leva por titulo 221 BD. Seguir lendo

XI Festival Internacional de BD de Beja

Festival Bd Beja 2015-Metrópoles DelirantesEn apenas dez días comeza en Beja o décimo primeiro Festival Internacional de Banda desenhada. Coma en todo este tipo de eventos haberá exposicións, mercado do libro, cinema, concertos e segundo anuncian “muita conversa num ambiente descontraído proporcionado pelo Paulo Monteiro e a sua equipa e, claro, sempre tudo acompanhado de boa comida e excelente vinho tinto alentejano”.

Entre outras moitas haberá unha exposición adicada a “Altar Mutante”

Aquí máis información

Concerto presentación de Altar Mutante nº2

cartelAM-Metrópoles DelirantesO segundo número de Altar Mutante está a punto de saír e desta volta queren montar unha boa xoldra para presentalo en sociedade. Así que si es un de eses ou desas que gozan dos tebeos “guarros” e a música insoportable (dino eles), o 21 de Marzo arrástrate ó I AKELARRE MUTANTE.

Dúas bandas vanse unir nesa noite para interpretar un concerto do melloriño. Nashgul ofrecerá un set Grindcore 4 anos despois de súa derradeira aparición na Coruña, tocando temas do seu vindeiro longa duración e repertorio máis antigo e Thee Heavy Random Tone Colour Lab ofrecerá un recital de clásicos do cinema de terror con toda a súa parafernalia de sintetizadores e electrónica en modo power trio.

Entrevistas no Viñetas – Altar Mutante

Falamos da nova revista de bd con Luis e Álvaro o artífices da idea, e con Sergio Covelo que participa neste primeiro número.