Arquivo por etiquetas: AGPI

15º Encontro Galego de Ilustración, 

CARtel A2 02 img BIGA Asociación Galega de Profesionais da Ilustración (AGPI) organiza o decimoquinto Encontro Galego de Ilustración, unhas xornadas con contidos e actividades de interese tanto para profesionais como para o público xeral. O groso das actividades decorrerá na Unitaria (o venres 28) e no Auditorio de Galicia (o sábado 29).

Nesta edición están convidados tres nomes de grande relevancia dentro do panorama actual da ilustración: Ana Galvañ, Juan Díaz-Faes e Miguel Gallardo. Seguir lendo

Advertisements

Guía Ninja do Ilustrador, da AGPI

Guia ninja-Metropoles Delirantes2

Cráneo, Covelo e Guitían presentando a guia.

No pasado Viñetas/Autobán a AGPI presentou a edición impresa da Guía Ninja do Ilustrador, que foi publicando ao longo do ano na súa web. Esta é unha pequena guía de defensa para ilustradores freelance, recóllense os principais perigos e problemáticas que rodean hoxe a profesión e da chaves para facerlles fronte. A Guía Ninja tamén vai dirixida a estudantes de arte, creativos free- lance, clientes, amigos da ilustración e, sobre todo, ás persoas que comezan ou queren comezar na profesión.

A guía, dispoñible en PDF para a súa descarga de balde, estrutúrase coma un decálogo e recolle dez artigos e dez viñetas sobre dereitos de autor, negociación de contratos, como actuar fronte a plaxios, faltas de pago, etc. Na guía colaboraron ilustradores como Manel Cráneo, Santy Guitiérrez, Guitián, Nuria Díaz, Leandro, Bernal Prieto e José Domingo, entre outros.

Dado que a maioría dos ilustradores e ilustradoras son profesionais autónomos amais de crear, teñen que manexar plans de empresa, negociar proxectos, facer presupostos, contratos e facturas polo que é imprescindíbel coñecer a fondo os seus dereitos e deberes para protexer e  explotar a súa creación artística.

Guia Ninja do ilustrador.

XII Encontro Galego De Ilustración, con Puño e Sagar Forniés 

DIPTICO_XII Encontro AGPI-Metrópoles DelirantesO vindeiro sábado, 31 de outubro, a Asociación Galega de Profesionais da Ilustración (AGPI) organiza a duodécima edición do Encontro Galego de Ilustración. Será unha actividade de entrada libre e gratuíta.

O Encontro comezará ás 10:00 horas, coa charla do primeiro convidado, o ilustrador Puño, titulada «Ilustrando ayer, hoy y quién sabe si mañana», Puño percorrerá a liña temporal do oficio de ilustrador, tanto desde unha perspectiva global como desde a súa persoal. Despois dunha pausa, ás 12:00 será o momento da charla de Sagar Forniés, «De la calle al estudio», para Forniés, o debuxante ten un compromiso por entender e explicar aquilo que o rodea a través do debuxo.

Ás 13:30, como remate farase a presentación do novo catálogo da AGPI, titulado Novas olladas sobre os clásicos universais. Nel, medio centenar de ilustradores galegos dan unha visión persoal de obras clásicas da literatura, desde os contos dos irmáns Grimm ata A illa do tesouro ou A pantasma de Canterville.

O encontro será na aula magna da Hospedería San Martíño Pinario (praza da Inmaculada, 3, 15704 Santiago de Compostela, a carón da praza do Obradoiro).

A partir das 14:00, os actos serán só para os socios da AGPI.

Caderno AGPI

cadernoagpi2Co gallo do día da ilustración  foi presentado o caderno AGPI 2015, que ademais das funcións propias dun caderno de apuntamentos, ten coma obxectivo amosar unha colección de bosquexos realizados polos socios e socias da AGPI. En cada páxina atopamos un bosquexo que nos axuda a coñecer o estilo de cada un Cadernoagpi1dos ilustradores que integran a asociación, na que participan artistas tan coñecidos coma David Pintor, Guitián, Manel Cráneo, Emma Ríos, ou Santy Gutiérrez, por enumerar só uns poucos.

Unha moleskine preciosa e con estilo que será moi útil pois nas páxinas finais atoparemos os datos para contactar cos artistas.

Día da Ilustración 2015

Dia_ilustracion2015Esta fin de semana, celebrase o Día da Ilustración, efeméride que se creou facendo coincidir a data co aniversario do nacemento de Castelao, e a (AGPI) Asociación Galega de Profesionais da Ilustración vai celebrar varios actos que incluen Actividades formativas, mesas redondas, propostas de debuxo ao vivo, exposicións ou xogos.

Esta celebración integrouse desde 2014 no Calendario do Libro e da Lectura da Xunta de Galicia. Nesta segunda xeira, todas as actividades serán en Vigo e  A Coruña.

Seguir lendo

Autobán, amor a primeira vista

O meu amor deste verán ten nome de robot. Foi un fin de semana intenso, moitas actividades, moitos estímulos, moitas conversas interesantes, e moita xente facendo cousa boa, tamén un sentimento de estar a gusto, de non sentirse estraño nin fora de sitio.

Autoban1-Metrópoles Delirantes

Combate de debuxantes (Foto: Diego Sendón)

O Autobán naceu coa iniciativa de xente inqueda, á que as etiquetas e os xustillos non se lles axustan, así que, desa inquedanza sae unha proposta arriscada, pero que naceu ben, coa humildade que deben ter os proxectos novos, que teñen que se asentar nunha base sólida para medrar con forza e sen medo a caer.

No Autobán houbo charlas moi interesantes e de temas variados, nun ambiente distendido, un combate de debuxantes que conseguiu ateigar o local ata límites que pasaron o contorsionismo nalgúns corpos, e foi a confirmación, se alguén tiña dúbidas, de que temos futuro, con xente nova que vai ter moito que dicir e moi axiña, e tamén que a ilustración pode ser puro espectáculo.

Seguir lendo

Autobán (non, non é o disco de Kraftwerk)

Autoban-Metrópoles Delirantes

Autobán é un minifestival de autoedición e banda deseñada de autor que se celebrará na Coruña o venres 8 e sábado 9 de agosto, coincidindo co último fin de semana de Viñetas desde o Atlantico.

Haberá un mercado de fanzines e un PechaKucha de autoedición nos que a inscrición é libre e gratuita. Din na presentación que hai no seu blogue que nas próximas semanas irán desvelando detalles e concretando información.

O minifestival está organizado dende a AGPI (Asociación Galega de Profesionais da Ilustración) en colaboración con THE ROOM e o bar Old School, onde se desenvolverán todas as actividades do evento.

Teñen Facebook e Twitter