Arquivo por etiquetas: Action Comics

Xa podes ler o cómic de 3,2 millóns de dólares

Action1_pag_superman-Metrópoles DelirantesFai dous meses, contamos que fora vendida nunha poxa unha copia do Action Comics # 1 de 1938, a historieta na que Superman fixo a súa primeira aparición, acadou un prezo de  3,2 millóns de dólares americanos.

A compañía CGC Comics, escaneou este exemplar de Action Comics antes da poxa, e agora pono a dispor na súa web para que podamos lelo.

Pódese ler aquí

O estado de conservación deste exemplar é casi perfecto, de aí o alto prezo pagado na poxa, xa que se calcula que aínda poden existir cen exemplares orixinais deste cómic. Segundo a compañía as páxinas non foron retocadas unha moi boa nova tendo en conta os 76 anos que pasaron xa dende a súa publicación.

Advertisements

3,2 millóns de dólares por un Action Comics #1

Action_Comics_1-Metrópoles DelirantesA subasta dunha copia “inmaculada” de Action Comics # 1 de 1938, a historieta na que Superman fixo a súa primeira aparición, rematou o domingo pola tarde, o vencedor pagou 3,2 millóns de dólares americanos.

É o prezo máis alto pagado por unha revista de cadrinhos, a marca anterior era de 2,1 millóns de dólares, para unha copia diferente do mesmo número.

Esta copia do comic-book sobreviviu tan ben ó paso do tempo porque o comprador orixinal mantívo este tebeo nunha caixa na súa casa por décadas onde permaneceu practicamente intacto. Un comerciante comprou o cómic ao comprador orixinal a principios de 1980, cambiou de mans unha vez máis, e foi mantido nunha caixa de seguridade por preto de 30 anos.

Action_Comics_1pag13-Metrópoles DelirantesO poxador prometeu doar o un por cento do produto da venda do cómic para a fundación Christopher e Dana Reeve, que financia investigacións sobre a cura para lesións na medula espiñal.

Supera así en 426.000 € ó orixinal de Tintín recentemente subastado que xa contamos aquí.