Arquivo por etiquetas: A Coruña

Convocatoria do Autobán 2018

Autoban 2015-Metrópoles DelirantesOs días 10 e 11 de agosto celebrarase a edición deste ano do Autobán, o festival coruñés de banda deseñada autoeditada. O Festival pretende recoller as propostas creativas de fora do circuíto comercial, dándolles difusión e un espazo propio onde amosar, promocionar e vender este tipo de proxectos.

No Autobán teñen cabida ás propostas de BD autoeditada, pero tamén a pequenas iniciativas editoriais de corte independente e as propostas de autoedición relacionadas coa creación gráfica. Seguir lendo

Advertisements

Viñetas desde o Atlántico 2018

Vinetas-2018-Metropoles-delirantesPresentouse na Coruña a edición 2018 do Salón Internacional do Cómic Viñetas desde o Atlántico que levantará o pano o luns 6 de agosto e fará da cidade unha gran banda deseñada até o domingo 12 de agosto.

O festival aborda a terceira década cun grupo de creadores que transitaron polas primeiras edicións de Viñetas como autores noveis e que hoxe son creadores consagrados e de importante traxectoria. Segundo Miguelanxo Prado, director do festival dende a súa creación: “É o caso de Emma Ríos ou David Rubín, nomeados en reiteradas ocasións aos premios Eisner, e tamén de Homs ou Munuera, hoxe indiscutiblemente consagrados, a todos eles, que teñen hoxe un lugar específico no mercado internacional, vímoslles medrar desde aquelas primeiras historias ata as máis recentes, cuxos orixinais se expoñerán nesta vixésimo primeira edición do Festival”. Hai que destacar nesta edición a importante presenza de autores galegos, Emma Ríos, David Rubín, Tirso Cons, Bea Lema e Xosé Tomás.

O autor do cartaz  é un dos creadores presentes nesta vixésimo primeira edición do festival, José Luis Munuera. Seguir lendo

Sempre son os mesmos

Cartaz-Guitian - Metropoles-delirantesVivir na Coruña que bonito é, xúrovolo, na Coruña non hai problemas, non hai desafiuzamentos, nin pobreza; ningunha familia ten que escoller entre comer ou pagar a luz, de seguro que ningún estudante tivo que deixar a universidade polas subas das taxas, e mesmo é probable que ningún coruñés con moitos títulos e másters e áxil falador de idiomas europeos, ou mesmo asiáticos, tivese que marchar a outro país a traballar de calquera cousa como xa fixeran os seus avós noutros tempos.

Pero hai unha pequena comunidade de xente que non goza da marabillosa cidade, “figuraté”, ata teñen que escoitar a lingua esa tan molesta é difícil de entender que fala “Suyo”. Esa pobre xente que vive nun continuo apocalipse marxista que vai converter a Praza de María Pita nunha praza da revolución mañá mesmo, ou espera, será pasado mañá, ou o mes que ven, da igual cando, pero vai pasar, “de verdad Pitita”. Seguir lendo

Exposición de Emma Ríos na Coruña

fkm-emma-rios-metropoles-delirantesO Festival de Cinema Fantástico da Coruña, FKM, continuando coa serie de exposicións que ven realizando na Fundación Luís Seoane sobre a obra de ilustradores galegos, presenta a exposición Bella Muerte, da autora galega Emma Ríos. A exposición constará de 72 obras orixinais a tinta pertencentes á primeira e segunda parte (aínda inédita en España) do libro homónimo e a outras obras, como I.D., o seu último traballo, no que amáis debuta como autora completa. Esta exposición complétase cunha intervención mural realizada pola artista na mesma sala.

A inauguración terá lugar mañá sábado 1 de outubro ás 13:00h na Fundación Luís Seoane. A autora compartirá a súa experiencia e asinará exemplares da súa obra. Ademais teremos a oportunidade de degustar a cervexa artesá de trigo Bandua amenizada cunha selección musical da propia autora.

Autobán 2016

Autoban-2016Xa estamos preto das datas do Autobán, o festival que pretende recoller as propostas creativas de fora do circuíto comercial dándolles difusión e un espazo propio.

Este ano, o festival de auto edición coruñés será o venres 12 e o sábado 13 de agosto de 2016 e tódalas actividades serán na Nave 1839, situada na estación de trens de Coruña.

O venres 12, primeiro día, será a inauguración do festival cunha breve presentación seguida dunha serie de actividades, para rematar co Autobombo, unha serie de rápidas presentacións a cargo dos participantes no mercadiño que queiran dar difusión ao seu proxecto. O sábado será a xornada máis completa co mercado de fanzines e auto publicacións, charlas e o Combate de debuxantes que pechará o Autobán.

A participación nestas actividades é libre e de balde.

dar cabida ás propostas de BD auto editada, pero tamén a pequenas iniciativas editoriais de corte independente e a propostas de auto edición relacionadas coa creación gráfica.

Aínda que no festival pretenden incluír todas as iniciativas, o espazo é limitado emporiso hai unha selección seguindo criterios o máis obxectivos posible. Si queres apuntarte terás que cubrir este formulario de inscrición.

O prazo para inscribirse remata ás 23:59 horas do luns 25 de xullo de 2016.

Viñetas desde o Atlántico 2016

Cartel-Viñetas-2016-Metrópoles Delirantes

Cartaz de Keko

Esta mañá celebrouse no Pazo Municipal a rolda de imprensa de presentación da edición 2016 do Salón Internacional do Cómic Viñetas desde o Atlántico. Tamén se presentou de xeito oficial o cartaz realizado por Keko, invitado do pasado ano. (Nova que nos adiantou Miguelanxo no MD54).

A decimo nona edición do Viñetas será na Coruña entre o 8 e o 14 de agosto. Segundo a organización “coa vocación de permitir unha ollada cómoda e certeira á realidade actual do cómic”,  o seu director, Miguelanxo Prado, destaca que este ano  terán máis peso ás historias de corte social xa que o cómic “é un dos espazos artísticos que reaccionan con maior rapidez aos acontecementos e inquietudes sociais”. Seguir lendo

Autobom 2016

O Autobom xa está aquí, e vaise celebrar os vindeiros venres 18 e sábado 19, na nave 1839 (Estación do tren) e na cafetería La maleta (Orzán 10).

Esta é a programación.

Autobom-Metrópoles DelirantesVENRES 18 de marzo |  Nave 1839 (Estación do tren).

19:30 | ENCONTRO DE FANZINERXS.

Recepción de los participantes no Autobom e público en xeral. Apertura do stand de fanzines comunitario e o posto de merchandising. Haberá música festiva e picoteo.

20:00 | PROXECCIÓN e PRESENTACIÓN | Sangue de alicorno.

Alberto Vázquez, gañador dun Goya á Mellor Curtametraxe de Animación en 2012, presenta Sangue de alicorno, o seu último traballo nese formato. Poderemos gozar da multipremiada curta e coñecer e escoitar ao autor. Actividade de entrada libre e de balde. Seguir lendo