Arquivo por etiquetas: 8House

Emma Ríos anuncia ISLAND e 8HOUSE

Nunha aparición na Image Expo, Emma Ríos anunciou Island e 8House, ambas colaboracións con Brandon Graham e ambas sairán en Image Comics no 2015.

Island ID Ríos-Metrópoles DelirantesIsland será unha publicación liderada por Ríos e Graham e cun equipo dos artistas máis interesantes dos cuadrinhos, será unha revista mensual de 72 páxinas e está prevista para xuño de 2015. “A idea é facer historias longas en cada edición, de 20 a 30 páxinas” , explicou Graham.

No Island  #1 atoparemos unha historia chamada ID asinada por Emma Ríos, o regreso de Multiple Warheads de Brandon Graham, e Dagger Proof Mummy de Ludroe, xunto cunha serie de ilustracións de Marian Churchland, a revista tamén terá artigos que mesturan prosa e cómics, e deseños mecánicos para as cousas que nunca van existir.

ID conta a loita de tres persoas diferentes que consideran un transplante de corpo como unha solución para as súas vidas. Un conto de ciencia ficción como vehículo para falar da identidade, ver ou ser visto, e sobre coma asuntos serios tamén se poden voltar frívolos.

Seguir lendo