Arquivo por etiquetas: 3 Pintamonas

Metrópoles Delirantes 33 – Roberta Vázquez

MD33-Metrópoles DelirantesFalamos con Tirso Cons un dos creadores de 3 pintamonas, a nova editora que ven de publicar o seu primeiro libro titulado Abastos. Quen vixia ós vixiantes? está frase é o leit motiv do libro do que Sr B fala no seu recuncho dos imprescindibles, a que probablemente, é a obra máis coñecida do mago Alan Moore debuxada por Dave Gibbons; Watchmen. De seguro sabedes da nosa devoción por Fosfatina, a valente editorial, que dende Vigo, non para de poñer no mercado a innovadores autores de bd, agora é a quenda de Roberta Vazquez e o seu Havarti Party. Falamos con ela. E para rematar esta emisión temos a Xaime Lis que trae nos petos as novidades das editoriais dende a libraría Komic.

Os temas que sonan no programa son:Havarti_party-Metrópoles Delirantes

  • Led Zeppelin – Inmigrant Song.
  • Samaris – Hafið.
  • La Casa Azul – Galletas.
  • K.C. and The Sunshine Band – Im your boogie man.
  • Bob Dylan – The times they are a-changin.
  • The Philip Glass Ensemble – Pruit igoe and prophecies.
  • Cream – Strange Brew.
  • Grupo de Expertos Solynieve – Dejame vivir con alegría.

http://www.ivoox.com/player_ej_4608737_2_1.html?data=lZudmpyXe46ZmKiakpaJd6Kkkoqgo5iUcYarpJKfj4qbh46kjoqkpZKUcYarpJK6x9nWaaSnhqeg0tTQqdSfpcrZy9fFstXZ1JCglZKJe6Shrsrh1Iqnd4a2lNXczsrXb6XZzc7fw9PYqdShhpywj5U%3D&

Ligazóns:

Advertisements

3 Pintamonas, nova editora de bd

Abastos-Metrópoles DelirantesSempre é unha boa nova ver nacer unha editorial, e si e de bd, dobre boa nova, por iso levamos unha alegría cando nos enteramos que Tirso Cons e uns amigos creaban 3 pintamonas.

A editorial xa ten a venda o seu primeiro libro “Abastos” unha bd colectiva ambientada en Santiago de Compostela e que ten como punto común nas vidas dos distintos personaxes o restaurante Abastos 2.0 Compostelán.

O libro editarase en galego e máis en español así coma en papel e en dixital.