- Título: Baixo o pantano.
- Autor: Ángela Curro.
- Editorial: DemoEditorial.
- Lugar: A Coruña.
- Ano de edición: 2022.
- Número de páxinas: 64.
- Prezo: 14,90€.
Vémonos no pantano

Ángela Curro é unha autora formada nas aulas da Escola Antonio Faílde de Ourense, un centro que xa leva dado un bo número de artistas da BD, e tamén, nas aulas da Facultade de Belas Artes de Pontevedra. Para a súa primeira obra longa, Ángela, escolleu o xénero da ciencia ficción que non é un dos máis habituais do noso cómic fóra do circuíto dos fanzines.
A historia deste Baixo o pantano comeza nun futuro onde as viaxes no tempo son posíbeis, así, calquera que poida pagalo pode trasladarse atrás no tempo. Sonia, a rapaza protagonista, decide volver ao ano 2020 na busca de respostas para as preguntas que non deixa de facerse sobre a súa avoa e a súa familia. Sonia chega a unha vila que celebra unha festa histórica –que lembra moito o Arde Lucus– onde terá que procurar a información que precisa.
Seguir lendo