Arquivo da categoría: Misc

“Desde la sombra” exposición de ACO en Vigo

aco_metropoles-delirantesAté o vindeiro 23 de abril pódese visitar na galería de arte Lab-in unha escolma do traballo do debuxante vigués. Nesta exposición poderemos ver a evolución da súa técnica, e a capacidade de adaptación do autor para sacar o mellor de cada personaxe. ACO traballou para Marvel e DC Comics debuxando personaxes míticos destas editoriais coma Spiderman, Batman ou Wonder Woman.

Desde la sombra» pódese visitar até o 23 de abril de segunda a sexta de 11 a 14.30 e de 15.30 a 20 horas.

Advertisements

Residencia de novela gráfica na Maison des Auteurs 2018

Beca Angouleme2-Metrópoles DelirantesAcción Cultural Española (AC/E) e a Cité internationale de la bande dessinée et de l’image, coa colaboración do Institut Français de España, organizan unha residencia para un autor/a español de novela gráfica na Maison des Auteurs en Angoulême.

A residencia inclúe.

  • Aloxamento nun piso de 3 habitacións a compartir con outro residente (2 dormitorios) no centro de Angoulême (electricidade, gas y agua por conta do residente).
  • Dispoñibilidade dun obradoiro (persoal ou colectivo) equipado de material de creación gráfica na Maison des Auteurs.
  • Un importe de 1.000 euros ao mes destinado a cubrir os gastos de manutención, transporte local, consumos de auga, gas e electricidade.
  • Billete de tren ou avión ida e volta en clase económica da cidade de residencia en España a París, así coma un billete de tren ida e volta de París a Angoulême. Datas de residencia de  decembro de 2018 a finais de maio de 2019
  • En ningún caso a estancia poderá ser fraccionada.

Seguir lendo

Esenciais 2017 da ACDCómic (2º semestre)

A Asociación de Críticos y Divulgadores de Cómic de España (ACDCómic) presenta a segunda quenda dos ‘Esenciales 2017’, unha selección das obras máis destacadas das editadas no estado español. Está formada por 25 novidades publicadas entre xullo e nadal de 2017.

DXIrkRaXkAAYQ54.jpg-large

Seguir lendo

No tengo mamá – 2017

No-tengo-mama-metropoles-delirantes

Cartaz obra de Cynthia Alfonso.

Despois dunha pequena pausa (o ano pasado non se celebrou) o Festival No Tengo Mamá volve ás rúas de Vigo, para celebrar a súa terceira edición, e faino coa programación máis ambiciosa, actuacións, mesas redondas, faladoiros, obradoiros e mercadiño

O NTMM vai dirixido a artistas gráficos, autores e autoras de banda deseñada, colectivos culturais, pequenas editoriais, deseñadores e deseñadoras de moda, músicos, poetas, fotógrafos e artistas do audiovisual, entre outros, calqueira que sexa a súa idade e traxectoria, sempre que a súa labor artística se encadre nos adxectivos novel e/ou independente. Este festival naceu no verán de 2014 como un evento centrado no universo das artes visuais e a autoedición, con especial preferencia cara aqueles traballos creativos de baixo custe que se alonxan dos formatos e contidos habituais.

Seguir lendo

Debuxos por sorrisos

Debuxos por sorrisos é unha iniciativa da Asociación Creativos en Acción, que con este  proxecto pretende recadar donativos para axudar a cubrir as necesidades básicas en  campos de refuxiados repartidos arredor de toda Europa. Moitos artistas aportan o seu arte, debuxos que se converteran mediante a solidariedade nunha gran axuda. Todo dun xeito transparente e correctamente auditado. Cada aportación chega de forma íntegra ao seu destino.

Cada debuxo que elixas, transformarase en axuda directa para un proxecto solidario nunha zona necesitada. Estufas para o frío inverno, mosquiteiras para o verán, lápises e cores para o cole…  Así de sinxelo. Así de doado. Así de solidario. Seguir lendo

A Deputación da Coruña convoca vinte bolsas de estudos artísticos

A área de Cultura da Deputación convoca vinte bolsas para perfeccionamento de estudos artísticos nas que inclúe a banda deseñada.

Artes plásticas e visuais, danza e artes do movemento, teatro, música, audiovisual e ilustración e banda deseñada son os distintos ámbitos das bolsas coas que a área de Cultura quere apoiar a formación de creadores e creadoras en centros de referencia das súas disciplinas.

As bolsas da área de Cultura da Deputación da Coruña permitirán que vinte creadoras e creadores completen a súa formación en centros de referencia de fóra de Galicia nas distintas disciplinas de creación artística que, neste edición, amplían o seu abano coa incorporación de audiovisual e ilustración e banda deseñada.

Cada persoa beneficiaria recibirá un total de 9.000 € co que poderán financiar o gasto da realización de estudos artísticos durante o período 2017-2018. Cada participante poderase presentar só en tres convocatorias das bolsas. En total, a área de Cultura da Deputación destina este ano 180.000 € para as vinte bolsas que se reparten en seis modalidades, oito para a área de música, tres de teatro e interpretación, tres de artes plásticas e visuais, e dúas nas outras tres especialidades, é dicir, danza e artes do movemento, audiovisual e ilustración e banda deseñada.

“Coas bolsas queremos apoiar a formación artística en ámbitos en que completar os estudos é especialmente custoso e require investimentos que moitas persoas non poden soportar. Para nós, é importante manter este apoio que reverterá no futuro da nosa creación cultural”, explica a vicepresidenta e responsábel da área de Cultura da Deputación da Coruña, Goretti Sanmartín.

Sempre son os mesmos

Cartaz-Guitian - Metropoles-delirantesVivir na Coruña que bonito é, xúrovolo, na Coruña non hai problemas, non hai desafiuzamentos, nin pobreza; ningunha familia ten que escoller entre comer ou pagar a luz, de seguro que ningún estudante tivo que deixar a universidade polas subas das taxas, e mesmo é probable que ningún coruñés con moitos títulos e másters e áxil falador de idiomas europeos, ou mesmo asiáticos, tivese que marchar a outro país a traballar de calquera cousa como xa fixeran os seus avós noutros tempos.

Pero hai unha pequena comunidade de xente que non goza da marabillosa cidade, “figuraté”, ata teñen que escoitar a lingua esa tan molesta é difícil de entender que fala “Suyo”. Esa pobre xente que vive nun continuo apocalipse marxista que vai converter a Praza de María Pita nunha praza da revolución mañá mesmo, ou espera, será pasado mañá, ou o mes que ven, da igual cando, pero vai pasar, “de verdad Pitita”. Seguir lendo