Arquivo da categoría: Programas

Metrópoles Delirantes 79 – Festival de Cinema e BD de Vilagarcía

CURTAS-2017-metropoles-delirantes

Abrimos programa a todo filispím, co Sr B e as novas da BD. Volvemos a embarcar a Xaime nesta dorna da BD para que nos conte cales son os seus cómics favoritos na sección «andeis cósmicos». Falamos con Luis Rosales, director do festival de cinema e Banda deseñada de Vilagarcia, do que se vai celebrar a cuadraxesimo quinta edición do 23 ao 29 deste mes.

 

As músicas desta emisión son:

  • Mando Diao – Dance with somebody.
  • Stan Getz – On The Up And Up.
  • Ataque escampe –Os problemas crecen.
  • Los Punsetes – Tus amigos.

Metrópoles Delirantes 78 – Berliac

Sadboi_desolation-Metropoles

Neste programa falamos con Berliac, contounos como ve a polemica polo boicot da editora norteamericana ao SadBoi, libro que acaba de ser editado en España, cal é a súa opinión, que buscaba con este libro e moitas máis cousas.

As músicas desta emisión son:

  • Los Nikis – El Imperio Contraataca.
  • The Dave Brubeck Quartet – Blue Rondo a la Turk.
  • Els Amics de les Arts – Jean Luc.
  • Abraham Boba – Asi Se Vive Aqui.
  • My Little Airport – Gigi Leung Is Dead.
  • Lluis Llach – L’estaca.

Metrópoles Delirantes 77 – Fosfatina, Oscar Raña e Cynthia Alfonso

Abrimos programa a todo filispím, co Sr B e as novas da BD. Volve Zapi ás Metrópoles para nos falar dun mito, o gran Jack Kirby nos tebeos xurásicos. No tempo da entrevista falamos con Rubén Romero, señor da Fosfatina e a BD máis adiantada, tamén veñen con el Oscar Raña e Cynthia Alfonso.

Cerca la noche-metropolesdelirantes 1212-metropolesdelirantes

 

 

 

 

 

 

 

As músicas desta emisión son:

  • O Sonoro Maxín – Así se constrúe unha bomba.
  • Arvo Part – Festina Lente.
  • Esteban e Manuel – Ela Namoroume.
  • Miranda – Nadie Como Tú.

 

Metrópoles Delirantes 76 – Barea, Guitián e Xove

 

MD76

Rematamos a tempada cun gran fin de festa, invitamos a Leandro Barea, Alberto Guitián e a Dani Xove e fixemos unha tertulia ao máis puro estilo “Ferreras”. Un programa especial de dúas horas no que simplemente rimos, criticamos, esbardallamos e volvemos a rir, e sen axudas psicotrópicas. Puro delirio.

As músicas desta emisión son:

  • Siniestro total – Naturaleza.
  • Snatch BSO – Boris the blade.
  • The trashmen – Surfin Bird.
  • Novedades Carminha feat Alba Galocha – Yo te quiero igual.
  • The Temper Trap – Closer.

Metrópoles Delirantes 75 – Luis Bustos

Puerta-de-luz-metropoles-delirantesAbrimos programa a todo filispí­m, co Sr B e as novas da BD. Nos imprescindí­beis, anotamos unha obra recente e absolutamente saborosa, I.D. de Emma Ríos. Falamos con Luis Bustos das súas obras pasadas e da recente Puerta de luz, tamén de Kubrick, Haneke e o apocali­pse, porque somos uns culturetas de carallo. Javi veu dende a librarí­a A Gata Tola de Compostela cos libros máis interesantes e as barbas máis longas.

As músicas desta emisión son:

  • The Cure – Friday, I´m in love.
  • Igmig – Marcho para a selva.
  • Sen Senra – Last Time Wasn’t The Last Time.
  • Sigur Rós – Starálfur
  • Zuco 103 – Nunca máis.
  • Rolling Stones – Monkey man.

Metrópoles Delirantes 74 – Emilio Fonseca

Fora-de-mapa-metropoles-delirantesComezamos esta emisión a todo filispím, co Sr B e as novas da BD. Zapi volve ata as metrópoles para falar dos fillos de Victor Mora, nesta emisión dos tebeos xurásicos Jabato, o Corsario de Hierro e o Cosaco verde. Emilio Fonseca e o autor de Fóra de mapa, a obra gañadora do último Premio Castelao de Banda desenhada. Rematamos con Javi que ven dende a libraría A Gata Tola de Compostela cos libros máis interesantes.

As músicas desta emisión son:

  • Bonaparte – Fuck Your Accent.
  • Earth, Wind & Fire – Boogie Wonderland.
  • Chicharrón – Contra acantilados.