Arquivo da categoría: Premios

“Cándido y los demás” obra gañadora do XI Premio Internacional Compostela de Álbum Ilustrado 

premio-comp-ilustrado-2018

A obra presentada co lema “Cándido y los demás”, escrita por Fran Pintadera e ilustrada por Christian Inaraja, é a gañadora -por unanimidade- do XI Premio Internacional Compostela de Álbum Ilustrado, organizado polo Concello de Compostela e pola editorial Kalandraka.

Os gañadores recibirán 9000 euros como adianto polos dereitos de autor e o libro será publicado no vindeiro mes de santos nas cinco linguas peninsulares.

O xurado destacou a “variedade e calidade” dos traballos presentados.

Sobre “Cándido y los demás” sinalou “valorase o tratamento da diferencia e a diversidade, a mirada dun mesmo aos demais, e dos demais a un mesmo”. Tamén resaltou o xurados a “contemporaneidade da linguaxe e a universalidade temática, o estilo directo, coherente, circular e a riqueza gráfica, achegada ao deseño actual”. Seguir lendo

Advertisements

Premios do VI Certame de Banda deseñada AX1 do IES Xelmirez I

Entregáronse en Compostela os premios do VI Certame de Banda deseñada AX1 que organiza o instituto compostelán Xelmírez I en colaboración coa Secretaría X. de Política Lingüística e coa Asociación Cultural Colectivo Xelmírez. Seguir lendo

Convocado o XIII Premio de banda deseñada “Castelao”

Deputación Coruña-Metrópoles DelirantesA Deputación de Coruña convoca o seu premio anual de Banda deseñada.

Facemos unha escolma das bases:

Poderán participar todas as persoas, maiores de idade, de calquera nacionalidade, que non fosen premiados neste certame nos catro anos anteriores a éste, e que presenten obra escrita en lingua galega, inédita e non premiada.

As obras presentadas poderán ser escritas e debuxadas, cada unha delas, por un máximo de dúas persoas autoras (unha como guionista e outra como debuxante).

Establécense dous premios, dotados con 6.500 € cada un deles, para cada unha das seguintes categorías:

  • MODALIDADE XERAL. Obras dirixidas a todo tipo de lectores.
  • MODALIDADE LIX. Obras dirixidas especificamente ao público lector infantil e xuvenil.

As obras unicamente poderán presentarse a unha das dúas categorías. Seguir lendo

Convocado o 16º Certame de Cómic de Cangas

1 – Dirixido a xóvenes artistas non profesionais de ata 35 anos cumpridos dentro do ano 2018. Establécense as seguintes categorías:

  • CATEGORÍA A: de 18 a 35 anos
  • CATEGORÍA B: de 14 a 17 anos
  • VIÑETA XOVE: menores de 14 anos

2 – Os traballos serán orixinais con textos en galego, de creación propia e inéditos, non debendo ter sido premiados en ningún outro certame ou concurso.

Tema e técnica libre (cor ou branco e negro) en formato DIN A-4 (210mm x 297 mm).A extensión será de 4 páxinas para as categorías A e B, e de 2 a 4 páxinas para o Premio Viñeta Xove.

3 – A presentación das obras pode facerse de xeito Individual ou conxuntamente entre guionista e debuxante, e poderán presentar tantas obras como o desexen, sempre dentro da categoría correspondente. Cada autor tan só optará a un dos premios. Seguir lendo

Nomeados aos Premios Eisner 2018

Mellor historia curta

  • “Ethel Byrne,” de Cecil Castelluci e Scott Chantler, en Mine: A Celebration of Liberty and Freedom for All Benefiting Planned Parenthood (ComicMix).
  • “Forgotten Princess,” de Phillip Kennedy Johnson e Antonio Sandoval, en Adventure Time Comics #13 (kaboom!).
  • ”A Life in Comics: The Graphic Adventures of Karen Green,” de Nick Sousanis, en Columbia Magazine (Summer 2017).
  • “Small Mistakes Make Big Problems,” de Sophia Foster-Dimino, en Comics for Choice (Hazel Newlevant).
  • “Trans Plant,” de Megan Rose Gedris, en Enough Space for Everyone Else (Bedside Press).

Mellor número único “One shot”

  • Barbara, de Nicole Miles (ShortBox).
  • Hellboy: Krampusnacht, de Mike Mignola e Adam Hughes (Dark Horse).
  • Pope Hats #5, de Ethan Rilly (AdHouse Books).
  • The Spotted Stone, de Rick Veitch (Sun Comics).
  • What Is Left, de Rosemary Valero-O’Connell (ShortBox).

Seguir lendo

Laura Pérez Vernetti gaña o Gran Premio do 36 Salón Internacional do Cómic de Barcelona

Hoxe, sexta feira 13 de abril,  entregaronse os premios del 36 Salón Internacional del Cómic de Barcelona. A autora de banda deseñada Laura Pérez Vernetti, recibeu o Gran Premio do Salón polo seu percorrido na Banda deseñada. A obra de Laura Pérez comenza a darse a coñecer nos años 80 gracias á súa calidade artística e ás colaboracións coa revista El Víbora.

Tamén foron premiados: Pinturas de Guerra de Angel de la Calle (Reino de Cordelia), co premio á Mellor Obra de Autor Español; El arte de Charlie Chan Hock Chye. Una historia de Singapur de Sonny Liew (Amok Ediciones/Dibbuks), proclamada como a Mellor Obra Extranxeira. Ana Penyas, recibeu o galardón á Autora Revelación Premio Fundación Divina Pastora; namentras que Los diletantes foi elixido como o Mellor Fanzine.

Unha magoa que non tiveran premiado a ningún dos representantes galegos, Begoña García Alén e Altar Mutante.

Os premios foron escollidos, tras unha primeira fase na que os profesionaies (autores, editores, distribuidores, libreiros, fanzines, críticos e xornalistas especializados) votaron aos seus candidatos, por un xurado composto por Josep Maria Martín Saurí (Gran Premio del Salón del Cómic 2017), Elisa McCausland (Colectivo de Autoras de Cómic), Anna Abella (xornalista de El Periódico de Catalunya), Pepe Gálvez (Asociación de Críticos y Divulgadores de Cómics), Ferran Velasco (libreiro especializado e presidente da Zona Cómic de CEGAL), Jaume Vilarrubí (grupo Biblioteca y Cómic del Col·legi Oficial de Bibliotecaris i Documentalistes de Catalunya) e Antoni Guiral (crítico, editor,  guionista de historieta e comisario de exposiciones deste 36 Salón Internacional del Cómic de Barcelona).

En canto á categoría de votación popular, a de Mellor Cómic Publicado en España en 2017 decidida mediante unha votación na web a gañadora foi a obra de Gonzalo Torné de la Guardia, Sergio Sandoval e Mado Peña, Alma Cubrae 1 (Evolution/Panini Cómics).

Begoña García-Alén e Altar Mutante optan aos premios do 36 Saló de Barcelona

Altar-BegonhaBegoña García-Alén e o fancine Altar Mutante son a representación galega nos premios do 36 Saló Internacional do Cómic de Barcelona, están nomeados nas categorias de autora revelación e mellor fanzine.

A pontevedresa foi nomeada polo seu traballo Nuevas estructuras, publicado por Apa Apa Cómics. Por outra banda o fanzine, dirixido por Álvaro López e Luis Sendón conta con colaboradores ben coñecidos na BD do país como Manel Cráneo, Xulia Pisón, ou Debelius, entre outro moitos, mais tamén con artistas internacionais coma Christian Giuseppe ou André Coelho. A publicación xa conta con seis números publicados.

Os premiados coñeceranse mañá, 13 de abril.