Arquivo da categoría: Manga

Contando historias persoais (II): retratos dende a primeira liña

Na anterior entrada falamos sobre a importancia que está a ter a biografía como un xénero de seu dentro da banda deseñada e deixamos á parte a autobiografía pola súa variedade de temas, estilos e perspectivas. E se nas primeiras destacaba a nosa curiosidade por indagar na vida dos outros, nas segundas os autores achéganse ao lector dun xeito máis directo con historias coas que nos podemos identificar e comparar coas nosas propias experiencias.

Houbo moitos xeitos de achegarse á autobiografía na literatura: foi un método para relatar vidas relixiosas, agrandar a visión dun mesmo de cara a galería ou incluso desafiar os límites entre o imaxinado e a realidade (ao estilo, por exemplo, de Giacomo Casanova) pero case sempre estaban estruturadas arredor dunha liña cronolóxica definida. No cómic non existen límites temporais nin formais, con regras ditadas unicamente pola personalidade e estilo de cada autor.

A pesar destes múltiples enfoques, pódese blankets-Metrópoles Delirantesfalar dunha tríade que sae a relucir sempre que se fala desta temática: Maus, Persépolis e Blankets. Son obras imprescindibles que recollen parte dos estilos máis empregados nas últimas décadas, dende a procura do pasado familiar, á denuncia dunha situación política vivida de primeira man ou momentos concretos que cambiaron profundamente ós protagonistas. Seguir lendo

Advertisements

Dragon Ball Super, nova serie de tv

Dragon_Ball_Super-Metrópoles DelirantesO estudio de animación Toei Animation ven de anunciar a producción de Dragon Ball Super, un novo anime que será a continuación de Dragon Ball e que ten a estrea fixada para este vindeiro xullo.

Esta secuela contará coa participación de Akira Toriyama, o autor do manga de Dragon Ball e a historia terá lugar anos despois da derrota de Majin Buu.

Vía: Anime News Network

Katsuhiro Otomo, Grand Prix do Festival Internacional da banda deseñada de Angoulême

akira1-Metrópoles DelirantesKatsuhiro Otomo, o creador de Akira, gañou o Grand Prix da 42 edición o Festival Internacional da banda deseñada de Angoulême converténdose no primeiro autor xaponés (e por ende, asiático) en recibir este premio, os finalistas foron o británico Alan Moore, e o belga Hermann Huppen. Otomo sucede a Bill Watterson, premiado na pasada edición e tanto él coma Alan Moore xa foron finalistas deste premio o pasado ano.

“Akira” é a obra máis coñecida de Otomo, é un manga ambientado na cidade deNeotokio, nunha era postnuclear, foi publicada entre 1982 y 1993, a historia transcorre no ano 2030 nunha sociedade violenta e apocalíptica. Esta obra foi levada ó cinema nunha película de animación que foi feita antes de rematar o manga, polo que teñen diferencias argumentais, a película foi un éxito inmediato e foi considerada unha obra mestra dende a súa estrea. Seguir lendo

¡Hasta siempre, Naruto!

Un dos amigos das Metrópoles, José Andrés Santiago, teórico da bd especializado en manga e membro da acdc, ademais de otaku, está agora no Xapón e fainos chegar este texto co gallo do fin dun dos mangas máis coñecidos e exitosos da historia do cómic: Naruto.

NARUTO_001-Metrópoles Delirantes

Hoy, como cada lunes, se pone a la venta el volumen semanal de la revista Shônen Jump. No obstante, el número de hoy es especialmente significativo porque incluye – tal y como se habían anunciado hace ya unas semanas – los dos últimos capítulos del manga superventas de Masashi Kishimoto: Naruto.

El desenlace – tosco y predecible – es, por otra parte, el esperado por millones de fans en todo el mundo ¿Acaso alguien imaginó un final sorprendente con grandes giros argumentales? Naruto es una fábula clásica, una historia «de manual», un manga perteneciente a la revista shônen «mainstream» por antonomasia. Como tal, Naruto adolece de muchos de los males del manga comercial (más conformista y ordinario) pero también de sus virtudes: la capacidad de emocionar a millones de lectores en todo el mundo y de marcar el ritmo de la industria es algo sólo al alcance de unos pocos títulos. A lo largo de las últimas dos décadas, varios de esas obras de referencia han compartido espacio en las páginas de la Jump, la revista matriz de Naruto.

Seguir lendo

Lecturas para o verán (Parte 2)

La entrevista. Manuele Fior (Ed Salamandra Graphic).

Un libro de ciencia-ficción lixeira. Fior gusta de contar historias de relacións humanas, o medo ó descoñecido e ós cambios son unha constante na narrativa deste autor que neste libro abandona a festa colorista que foi o anterior “5000 quilómetros por segundo” polo máis sobrio branco e negro.

La entrevista-Metrópoles Delirantes

I´m a hero. Kengo Hanazawa. (Norma Ed).

O manga sempre ten un atractivo especial, ten algo de efervescente. Éste apúntase á moda dos apocalipses zombis, e neste caso, Hanazawa, fai que os outros camiñantes non poidan máis que pecharse na casa mortos de vergoña.

Premios_Shogakukan-Metrópoles Delirantes

(Aínda que non comezaron a se publicar este ano “I´m a hero” e “Termae Romae”, ó ser unha serie si que continúan publicando números.) Seguir lendo

Gus Van Sant vai dirixir Death Note

Death note-Metrópoles DelirantesSegún a web The Tracking Board, a adaptación que están a facer os estadounidenses do manga ‘Death Note’ ten novo director, Gus Van Sant. O cineasta de Kentucky gañou a Palma de Ouro por ‘Elephant’ (2003) e perpetrou o deleznable remake da película de Hitchcock, ‘Psicosis’ (‘Psycho’, 1998), o proxecto ía ser dirixido por Shane Black pero deixouno para centrarse noutros proxectos.

A obra de Tsugumi Ōba e Takeshi Obata, xa levada al cinema no 2006 polo xaponés Shūsuke Kaneko.

death-note-3-Metrópoles Delirantes

O argumento de ‘Death Note’ xira o redor dun caderno máxico que permite asesinar a cualquera simplemente escribindo o su nome nel. Cando o atopa un estudante comenza a usalo para mellorar o mundo eliminando criminais, pero todo se complica cando entra en escea un misterioso detective.

A  estrea está prevista (parece que con moito optimismo) para o 2015.

Wet Moon de Atsushi Kaneko – Premio Asia da ACBD

wet-moon-manga-volume-3-simple-76741

Os membros da ACBD (Asociación dos Criticos e xornalistas de Banda Deseñada de Francia) concederonlle  o “Premio Asia da Critica ACBD 2014” a Wet Moon de Atsushi Kaneko.

Influenciado polo underground americano, os fanzines e as capas de discos punk, Atsushi Kaneko creou un estilo gráfico propio, a miúdo comparado con xente da talla de Charles Burns ou Paul Pope: unha sorte de liña clara reforzada con grandes masas de cores escuras que lle dan un aspecto casi surrealista.

Wet Moon presenta ó Inspector Sata nunha cidade asediada pola corrupción, a finais de 1960, e que despois dun misterioso accidente esqueceu todo.  Sata leva no cranio unha peza de metal que fai que teña alucinacións e amnesia. Como dirixir unha investigación baixo estas condicións?

Que nos saibamos, non está aínda editado en España.

wet-moon-docteur-b-Metrópoles Delirantes