Arquivo da categoría: Ligazóns

Informe anual de Tebeosfera sobre a bd en España

Asociación Cultural Tebeosfera (ACyT) publica o seu informe anual sobre o estado da industria da bd en España. Comprabase o auxe dos cómics de superheroes e o incremento das traduccións de álbumes franco-belgas.

2.572 novedades foron publicadas en España no 2014 mais só a sexta parte foron primeiras edicións españolas, 1.783 títulos foron traduccións, sobre todo do inglés, do francés e do xaponés (383 mangas).

O xénero predilecto é a aventura (histórica, fantástica ou superheroica) e o meirande número de lanzamentos é en octubro, sobre todo nos formatos libro, mangas e as edicións luxosas para a campaña de nadal.

INFORME_TEBEOSFERA_2014 by DevilDante666

https://www.scribd.com/embeds/256831048/content?start_page=1&view_mode=scroll&access_key=key-7rRHOCTA5G3ytJppYza4&show_recommendations=true

Advertisements

Autobom

Autoban_gif-Metrópoles DelirantesOs organizadores do exitoso Autobán non paran de traballar e así os vindeiros venres 20 e sábado 21 de febreiro, celebrarase o Autobom, a versión invernal do evento de autoedición coruñes. Será un evento máis enfocado aos fanzineiros, e non tanto ao público xeral. Hai varias actividades programadas, algunhas son presenciais e outras non. As presenciais serán en THE ROOM.

VENRES 20 de febreiro.

De 18 a 21 h. – Autolab.

O venres pola tarde haberá unha serie de exercicios de estilo coa axuda da xente de LabOu. Son exercicios divertidos que permiten facer un cómic entre varias persoas dunha forma rápida, amena e colaborativa, a idea é facer durante a fin de semana un fanzine (o Autozine), cun contido que veña do cómic común que se faga ese venres pola tarde e coas colaboracións vía e-mail. A data límite para enviar o teu cómic para o Autozine é o venres 20 ata as 20 horas.

Seguir lendo

Scribd ofrece agora bd en subscrición

Scribd_comicA coñecida plataforma de ebooks, Scribd, ven de poñer en marcha o seu servizo de subscrición de banda deseñada dixital (só en inglés), o servizo xa está en funcionamento, e din que cunha librería de máis de 10.000 volumes de editoras coma Marvel (comezan cun 20% do catálogo), Boom! Studios, Dynamite, IDW/Top Shelf ou Valiant entre outras. Tamén están en conversacións para que DC Cómics estea neste servizo. O primeiro mes é de balde.

O catálogo inclúe clásicos e os últimos números de series actuais. Non hai límite a la cantidade de cómics que se poden ler. Hai unha aplicación de Scribd (dispoñíbel en iOS, Android e Kindle Fire).

O acceso a semellante oferta de títulos será cunha subscrición de 8,99 dólares mensuais e irán chegando novos títulos aproximadamente un mes despois da súa publicación en papel.

Vía: iO9 e 9to5Toys

A-Force, o equipo de Super Heroínas da Marvel

Aforce1-Metrópoles DelirantesNunha industria onde os comic-books adoitan xerar vendas de preto de 100.000 copias, os títulos de Marvel dirixidos ó público feminino están superando as expectativas. Thor No 1, a primeira aventura coa nova Thor femia , vendeu máis de 200.000 exemplares.

Marvel parece que aposta forte polo mercado feminino, despois de relanzar spiderwoman,  agora ven de crear un equipo de heroínas que se chamará ‘A-Force’, e que formará parte da serie ‘Secret Wars’. Esta nova serie sairá en maio e os encargados de darlle vida serán as guionistas G.W. Wilson (Ms. Marvel) e Marguerite Bennett (Angela: Asesino de Asgard) e o arte de Jorge Molina (X-Men).

A-Force estará formado por Hulka, Dazzler, Medusa, Nico Minoru, e un novo personaxe, Singularity que non é humana senón un ente cosmoloxico consciente de si mesmo.

A nova no Time.

Mortadelo e Filemón no casco

mortadelo-filemon-Metrópoles DelirantesOs dous axentes secretos máis coñecidos en España, Mortadelo e Filemón volven a actualidade grazas á nova película: Mortadelo y Filemón contra Jimmy el Cachondo.

empresa de cascos para moto NZI, ven de presentar catro modelos homenaxe ós coñecidos debuxos de Ibañez, dous cos debuxos clásicos dos cómics e outros dous cos da película.

 

Boreal. Un ano ilustrando con conciencia.

1 año de BorealBoreal é unha illa no mundo da ilustración, pois enche un espazo que ata hai un ano estaba baleiro, a opinión e a reflexión, de xeito independente, por medio do debuxo.

Boreal é unha web que ilustra a realidade, pero non dende unha atalaia, coma se o mundo non fora connosco, aquí hai implicación e opinión, os ilustradores debuxan os feitos da actualidade que consideran máis relevantes, coa intención de lembrar, reflexionar e deterse, polo menos 24 horas nun tema, nunha idea, illados da voráxine (manipulativa) informativa e visual destes tempos. En Boreal poñen a súa atención nas novas máis relevantes, non nas efémeras.

mierdacola_internetDespois dun ano oito artistas levan ilustrado 276 momentos onde tratan temas do máis variado, dende a política á relixión ou da sexualidade ata a música e aínda que é unha web de ilustración tamén hai sitio para textos de escritores tanto mexicanos coma españois.

Teñen un manifesto que podedes ler aquí.

Podedes coñecer máis acerca deste proxecto e axudar a financialo mercando os seus libros na súa web.

Tamén teñen twitter e facebook.

Parabéns e que sexan moitos máis!!!

Orgullo y satisfacción, o futuro é dixital?

“Orgullo y satisfacción”, ven de lanzar o primeiro número da que vai ser unha revista dixital mensual.

OYS0001-Metrópoles Delirantes

O número 1 vendeu na mañá da estrea máis de 3.000 exemplares, e acadou 500 subscritores, segundo manifestou Manuel Bartual, un dos autores e impulsores da revista.

Despois do caso de censura de RBA a súa propia cabeceira “El Jueves” varios dos autores históricos desta revista satírica abandonaron a publicación, e aproveitaron o medieval acto de coroación para publicar o que foi o número cero de “Orgullo y Satisfacción”. O grande éxito con máis de 30.000 descargas, animounos a continuar coa publicación.

A revista conta con 100 páxinas, custa un mínimo de 1,50 euros (os usuarios deciden pagar máis, se queren) e publicarase cada primeiro de mes. Está dispoñíbel nos formatos PDF e CBR.

OYS0001-Metrópoles DelirantesEsta nova publicación nace nun momento no que o mercado da bd busca novas fórmulas e experimenta con distintos xeitos de achegarse ó público, e abre o paupérrimo mercado dixital español que parece que pode ser o hábitat natural deste tipo de revistas.

O tempo dirá si este é o empurrón que precisa a publicación de contido dixital, unha estrutura profesional, cun proxecto editorial levado por xente de grande experiencia e con autores de primeiro nivel. Ó morbo do “enfrontamento” entre esta nova revista e “El Jueves” o seu competidor natural, podemos sumar a proba de mercado que vai ser o haber aquí dous modelos ben diferentes, o da editorial vs autoedición e o papel vs dixital.