Arquivo da categoría: Fanzines

Fanzinadas, novo evento de autoedición na Galiza

Fanzinadas21015-Metrópoles DelirantesFanzinadas será a nova cita, desta volta en Carballo, para facer medrar ó calendario de eventos de autoedición dos que podemos gozar na terra nosa, ás xornadas do Liceo Mutante (gripo, gripo) en Pontevedra, Autobán na Coruña, No tengo mamá en Vigo, e as AU-OU en Ourense, engádese agora esta en Carballo.

Encadrado na Praza dos Libros que é a feira cultural que se celebra do 20 ó 23 de Agosto no Xardín Municipal, teremos o Fanzinadas, unha mostra de fanzines e autoedición. Dende a organización do evento poñen a dispor este correo electrónico  info@lauratova.com (ata o 12 de Agosto) para os que esteades interesados en levar os vosos traballos a esta cita.

Unha fermosa iniciativa do Concello de Carballo que está apostando moi forte pola cultura con eventos coma este, o festival de webseries ou iniciativas coma o derrubando muros con pintura, un exemplo que deberan seguir eses concellos que só gastan cartos en poñer barcos na terra.

Advertisements

GRIPO GRIPO – Xornadas de Edición Modesta no Liceo Mutante

gripo gripo logo - Metrópoles DelirantesO Liceo Mutante leva xa anos loitando e organizando eventos e multitude de actividades dende talleres a concertos, e cada ano unhas xornadas de autoedición que foron pioneiras e xérmolo de outras coma o Autobán ou No tengo mamá.

Os vindeiros 26 e 27 de xuño voltan as  fantabulosas Xornadas de Edición Modesta, esta vez baixo o nome de GRIPO GRIPO. Coma en anteriores ocasións será unha cita imperdible. E se queredes estar presentes como expositores tedes que seguir estas directrices:

Seguir lendo

Concerto presentación de Altar Mutante nº2

cartelAM-Metrópoles DelirantesO segundo número de Altar Mutante está a punto de saír e desta volta queren montar unha boa xoldra para presentalo en sociedade. Así que si es un de eses ou desas que gozan dos tebeos “guarros” e a música insoportable (dino eles), o 21 de Marzo arrástrate ó I AKELARRE MUTANTE.

Dúas bandas vanse unir nesa noite para interpretar un concerto do melloriño. Nashgul ofrecerá un set Grindcore 4 anos despois de súa derradeira aparición na Coruña, tocando temas do seu vindeiro longa duración e repertorio máis antigo e Thee Heavy Random Tone Colour Lab ofrecerá un recital de clásicos do cinema de terror con toda a súa parafernalia de sintetizadores e electrónica en modo power trio.

Basura especial

Basuraespecial-Metrópoles DelirantesCando tes unha mente inqueda e unhas boas mans para ilustrar só poden nacer proxectos divertidos e de calidade, e isto mesmo é o que pasa no caso de Basura Especial, un blogue no que Xiana Alonso, unha ilustradora galega, publica os seus traballos, que son, como poderedes comprobar moi sorprendentes.

Un estilo gráfico ben definido con (cáseque) exclusividade do lapis en trazos sinxelos e un envexable humor negro, que Xiana mestura en sabias e medidas doses, con algo de inocencia, é o que fai de Basura Especial un proxecto divertido e sorprendente como unhas zocas con chatolas, aquí hai ilustracións de cine, música, moda, e ata recurtables, tamén hai dous webcómics, nun, Xiana ilustra a vida de Hildegart Rodríguez Carballeira unha nena superdotada e adiantada ó seu tempo que ten unha tráxica, pero apaixonante historia. No segundo ilustra a coñecida e cinematográfica historia da Dalia negra.

Tamén podemos conseguir na web un exemplar dun fanzine de 20 páxinas con ilustracións e poesías infantís.

Bundle de cómics en español

Atado-Metrópoles DelirantesNo mercado Norteamericano é moi usual atopar “bundles”,  e decir, varios produtos vendidos nun paquete cun precio máis ventaxoso que comprando por separado cada un deles.

ATADO é unha oferta mensual en formato “pague o que queira” adicada a promover contenido dixital orixinal, independente, de autor, e en español… como cómics, música, libros…

Para celebrar o Comicópolis arxentino poñen a dispor un bundle de sete cómics e fanzines dixitales. Só quedan cinco días.

Fanzineando – Gris

Portada gris-Metrópoles DelirantesNo pasado Autobán, trouxemos un bo feixe de tesouros autoeditados que imos degustando ós poucos, o primeiro que lemos foi un fanzine que chama atención xa dende a portada, a obra é de Fernando Castro e leva por título Gris.

A portada de Gris e clara, limpa, moi elegante, unha gran masa de branco na que se debuxa un home de costas que leva unha palanca na man e que esta arrodeado de follas voando que aportan a nota de cor á unha portada que nos pareceu exquisita.

Fernando cóntanos, nesta primeira entrega, os primeiros pasos da historia dun home gris, metido en asuntos turbios e que parece superado pola súa vida familiar. O debuxo en branco e negro e matices de gris é claro, limpo, sinxelo pero con personalidade e forza narrativa. A historia, da que neste número só coñecemos o principio, ten gancho, lese ben, e as páxinas teñen unha boa distribución de viñetas e ritmo, ó único “defecto” e que nos deixa con ganas de ler máis.

A edición deste fanzine é impecable, ben rematado e ben impreso, e presentado nunha bolsiña que ven de marabilla para os coleccionistas.

Fernando é outro máis dos autores que veñen a confirmar que a bd galega está moi viva, que o camiño iniciado polos que hoxe son grandes figuras ten continuadores, e que a calidade é o selo distintivo no cómic galego.

Non quero rematar sen recomendar esta entrada no tumblr do Kike Benlloch e citar a súas verbas que para iso é un grande escritor de historias:

Agora Fernando, nom nos falhes e completa a história, nom abandones até concluir porque seria umha mágoa. E parabéns!