Arquivo da categoría: Curiosidades

Test Delirante – Sabela Arán

Sabela AránSabela-Aran-Metropoles Delirantes é actriz, deuse a coñecer no 2012 cando protagonizou a película Vilamor, pola que gañou un premio Mestre Mateo, na actualidade é unha das protagonistas da serie da TVG Serramoura e remata de protagonizar Lobos Sucios, unha película sobre as intrigas da explotación do mineral de wolframio ambientada na Galiza da posguerra.

Aquí o seu Test Delirante.

1-Cal é o teu cómic preferido.

“Maus” de Art Spiegelman. Unha maneira distinta de falar do Holocausto.  Seguir lendo

Advertisements

Test Delirante – Diego Giráldez

Diego Giráldez

Foto: María Díaz

Diego Giráldez é un xornalista e escritor galego, colaborou como columnista de opinión en varios xornais e fixo reportaxes culturais para a edición galega de El País, na actualidade escribe no diario Praza Pública, na revista Luzes e dirixe o CanZine, publicación oficial do Festival de Cans.

Gañou varios premios literarios, entre eles o primeiro accésit do Certame Nacional de Narracións Breves Modesto R. Figueiredo o ano pasado e neste 2016 o Certame Manuel Murguía de narracións breves.

Ven de publicar Galeria de Saldos, un imprescindíbel libro de relatos coa arte como trasfondo.

1-Cal é o teu cómic preferido.

Mortadelo y Filemón Contra el “gang” del “Chicharrón”. Seguir lendo

Test Delirante – Susana Sampedro

Susana Sampedro - Metrópoles DelirantesSusana Sampedro é unha polifacética cantante e actriz, foi unha das “malas” da serie O Faro, que nos acompañou varias tempadas na sobremesa da TVG e agora remata de gravar Dalia a Costureira, outra serie que poderemos ver en breve na canle autonómica. Prestouse a ser a nosa primeira vítima neste Test Delirante.

1-Cal é o teu cómic preferido.

Polo tempo que lle teño dedicado, sen dúbida, Mortadelo e Filemón.

2-Licorcafé ou Gintonic.

Despois de saborear ambos nalgún momento da miña vida, teño que dicir que me quedo coa caña de herbas.

3-Lembras cal foi o primeiro que liches?

Non sei se foi o primeiro, pero seguro que está entre eles, e que o lin un millón de veces: Os cigarros do faraón, de Tintín. Seguir lendo

O Museo de Pontevedra expón os orixinais do álbum ‘Nós’ de Castelao 

Castelao-Meu-Pontevedra-Metrópoles DelirantesOs orixinais foron atopados o pasado mes de Marzo cando comisarios da mostra que afonda na relacion entre Castelao e Pontevedra, investigaban para deseñar os seus contidos, a última vez que se expuxeron foi no 1924 en Compostela, e dende aquela deronse por desaparecidos.

Os debuxos orixinais do álbum Nós de Castelao son unha peza chave do pensamento e da cultura galega e xa poden ser visitados no Museo de Pontevedra dentro da exposicion “Meu Pontevedra”, os orixinais contarán cunha sala exclusiva nesta mostra e constitúen unha parte esencial, que abarca entre os anos 1916 e 1936.

A mostra, que toma o título dun texto escrito polo propio Castelao, foi inaugurada onte 28 de xuño, día do plebiscito do estatuto de autonomía de 1936.

Permanecerá aberta ao público no Sexto Edificio do Museo de Pontevedra até o 11 de setembro.

Dédalus en Compostela, o noso Bloomsday

Dédalus_capa-Metrópoles DelirantesHoxe é o Bloomsday, un evento anual que se celebra cada ano o día 16 de xuño desde 1954 na honra de Leopold Bloom o personaxe principal do Ulises de James Joyce. O 16 de xuño é o día no que sucede a acción da novela e os celebrantes realizan distintos actos replicando o que acontece na obra, ata xantan o mesmo que o personaxe de Joyce e  percorren o itinerario exacto da acción pola cidade de Dublín.

Aproveitamos está conmemoración para lembrar unha obra galega que ten moito a ver co Bloomsday e con Joyce, falamos de Dédalus en Compostela, a obra de Vicente Risco que Fernando Iglesias “Kohell” adaptou de xeito impecábel á banda deseñada.

Dédalus en Compostela transcorre en 1926. O alter ego de James Joyce peregrina á capital de Galiza, o azar provoca o encontro con Vicente Risco e xuntos pasean pola cidade ao tempo que conversan. Desta versión en bd de Dédalus en Compostela editáronse mil exemplares que saíron á venda a un prezo de 8 euros.

No Metrópoles Delirantes 30, entrevistamos ao seu autor Fernando Iglesias “Kohell”.

Apple promociona con bd a nova tenda en Bruselas

Apple abrirá o sábado a súa primeira tenda en Bruselas e para promocionala fixo un video con distintos ilustradores e artistas Belgas e imaxes da cidade e dos murais que a decoran. A tenda estará na rúa “Toison d’Or”e o local está actualmente cuberto por un panel no que hai distintas ilustracións.

A DC Comics Style Guide de José Luis García López

Batman_GarciaLopez-Metrópoles DelirantesHai apenas un mes e medio visitaba a súa aldea natal no concello de Lalín, José Luís García López, alí tivemos o privilexio de falar con el na presentación do cuarto número de Castelao de Ivan e Inacio, un home sinxelo e humilde, pero sobre todo, moi agradábel, que se mostraba sorprendido pola repercusión do seu traballo.

Entre outros traballos, José Luís ilustrou para DC a iniciativa de Warner Bros, a guía de personaxes da compañia, a referencia para outros autores e tamén para o merchandising. A DC Comics Style Guide é un traballo de 1982 da que a páxina de fans en Facebook “José Luis García-López Fans”  pendurou na rede  máis de  200 páxinas, nas que atoparemos os deseños de personaxes, e guías de cor. Un traballo realmente importante e de altísima calidade que podedes (e debedes) ver aquí.

Vía