Arquivo da categoría: Cinema

Gaston Lagaffe terá pelicula en 2016

GastonLagaffe-Metrópoles DelirantesOs dereitos da bd de Franquin, Gaston Lagaffe foron comprados a Dupuis para a súa adaptación ó cinema.

Pierre-François Martin-Laval é quen realizará a adaptación das aventuras do personaxe de Franquin, prevista para 2016 xa que actualmente está ocupado noutra adaptación de comic, Les Profs.

Xa houbo unha adaptación anterior desta obra mestra da novena arte que foi producida en 1981 “Fais gaffe à la gaffe!”  dirixido por Paul Boujenah con Roger Mirmont no papel principal. Unha comedia que non permanecerá na memoria de ninguén.

Advertisements

Cancelada a pelicula baseada no Pyongyang de Guy Delisle

Pyongyang-Metrópoles DelirantesA nova de Hollywood destes últimos días é o ciber ataque que sofreu Sony por mor dunha película humorística ambientada en Corea do Norte, entre outras cousas este ataque causou a cancelación da película que xa estaba en preparación baseada na obra Pyongyang de Guy Delisle.

A productora Fox, seguindo os pasos de Sony, ven de anunciar que suspende o proxecto, que ía dirixir Gore Verbinski (Piratas del Caribe).

Guy Delisle, que publicou Pyongyang no ano 2003 despois dunha estancia de traballo de varios meses na capital norcoreana, escribiu o xoves pasado no seu blogue sentirse “fondamente desolado” “Esta mañá entereime de que a adaptación do meu cómic Pyongyang ía ser cancelada. Non tiña moito contacto cos responsables da produción, fai dous anos que foron vendidos os dereitos e informábanme da evolución por internet. Supoño que é o estilo de Hollywood”.

Pyongyang foi nominada en 2006 ós Eisner (Mellor obra de non ficción e Mellor autor) e xa é un clásico da bd máis comprometida seguindoo ronsel do xornalismo-cómic do que Joe Sacco é probablemente o autor máis importante.

Pelicula do Capitan Marvel (Shazam)

Nesta entrevista con Total Film, Dwayne “The Rock” Johnson recoñece que estivo en conversas durante varios anos coa DC comics para interpretar a un superheroe e que por fin hai acordo e o anuncio oficial será feito axiña.

The Rock é misterioso sobre o papel que vai interpretar, pero deixa caer algunhas pistas, lembrando que o personaxe non é “Green Lantern” e que ten “o poder de Superman”, e remata decido esta frase: “só di a verba”, o que sona como unha clara referencia ao “Shazam” do Capitán Marvel. Seguir lendo

Gus Van Sant vai dirixir Death Note

Death note-Metrópoles DelirantesSegún a web The Tracking Board, a adaptación que están a facer os estadounidenses do manga ‘Death Note’ ten novo director, Gus Van Sant. O cineasta de Kentucky gañou a Palma de Ouro por ‘Elephant’ (2003) e perpetrou o deleznable remake da película de Hitchcock, ‘Psicosis’ (‘Psycho’, 1998), o proxecto ía ser dirixido por Shane Black pero deixouno para centrarse noutros proxectos.

A obra de Tsugumi Ōba e Takeshi Obata, xa levada al cinema no 2006 polo xaponés Shūsuke Kaneko.

death-note-3-Metrópoles Delirantes

O argumento de ‘Death Note’ xira o redor dun caderno máxico que permite asesinar a cualquera simplemente escribindo o su nome nel. Cando o atopa un estudante comenza a usalo para mellorar o mundo eliminando criminais, pero todo se complica cando entra en escea un misterioso detective.

A  estrea está prevista (parece que con moito optimismo) para o 2015.

“A man do diaño” de Brais Rodríguez ó cinema

a man do diaño-Metrópoles Delirantes

Según anticipou Felipe no seu blogue Uruloki,  a obra de Brais Rodríguez “A man do diaño” vai ser levada ó cinema, e Jacobo Paz, coñecido guionista e dramaturgo galego xa traballa na adaptación. O libro foi publicado  por Demo Editorial en galego e por Astiberri en español.

Un grupo se soldados ten a misión de destruír aldeas e matar ós habitantes e fanno sen preguntar, só obedecen. Pero as cousas cambian cando un deles é ferido e comeza a reflexión sobre os seus actos e debe enfrontarse a súa conciencia.  A obra que foi gañadora do VI Premio de Banda Deseñada Castelao da Deputación da Coruña é unha ollada sobre a guerra,

Recensión en Quadriños e no blogue da Biblioteca do IES Antón Losada Diéguez da Estrada.

Dot Galicia fixolle esta entrevista a Brais Rodríguez.

Asterix: Le Domaine Des Dieux, primeiras imaxes

Astérix-La-Residencia-de-los-Dioses-Poster-1-Metrópoles Delirantes

Actualizado 3/7/2014: Teaser.

O novo filme de Astérix e Obélix levará por titulo Asterix: Le Domaine Des Dieux e adaptará o álbum “A residencia dos deuses”. Dirixida por Louis Clichy e Alexandre Astier, leva en produción dous anos. O filme estrearase en Francia no mes de santos de 2014.

A residencia dos deuses conta como Julio César para desfacerse do derradeiro foco de resistencia na Galia, decide construír unha cidade de vacacións para cidadáns romanos chamada ‘A residencia dos Deuses’ no bosque que arrodea á aldea de Astérix.

A residencia dos deuses trata, coa retranca típica de Goscinny, dous temas dos que xa se falaba na época na que foi escrito, a conquista dun pobo, non polo forza, senón mediante a aniquilación da súa cultura, a súa lingua e a transformación da súa economía, que se produce cando a comunidade perde os seus recursos naturais e chegan os romanos.

Por outra banda, Goscinny, fai unha intelixente e mordáz crítica á especulación e á burbulla inmobiliaria que non só fagocita a paisaxe de forma descontrolada senón que tamén altera a economía artificialmente e tamén de forma descontrolada. Retrata o guionista, con ollo certero, os cambios sociais que se producen na aldea gala, o introducir elementos externos que alteran o equilibrio social.

Nestes vídeos, unha reportaxe sobre o filme e un pequeno making of coas primeiras imaxes feitas públicas.