Arquivo da categoría: BD Norteamericana

Cando o Western e a BD cabalgan xuntos

Hai certas épocas que forman parte do noso imaxinario colectivo, con escenas e protagonistas que aparecen na nosa cabeza con só escoitar unha palabra. Un deses momentos inabarcables é o século XIX norteamericano e a palabra clave, o Western. Este xénero está enraizado na nosa educación sentimental / visual –persoalmente bótolle a culpa ós planos de Ford, á música de Morricone e ó rostro de Charles Bronson—, sendo o cómic un medio que soubo captar a liberdade, o perigo e as paisaxes sometidas ás cores do deserto.

Mais as viñetas situadas neste contexto histórico falan ademais dunhas circunstancias concretas: o final dun xeito de vida nos Estados Unidos e a chegada da “civilización” (dito isto cunhas comiñas moi, moi grandes). E mentres se dan os primeiros pasos para a brutal modernización do país, nas páxinas camiñan historias que podemos analizar dende múltiples perspectivas.

A paisaxe e o (anti)heroe solitario

Se hai unha protagonista ineludible no Western, esa é a paisaxe: o seu peso na composición convértea nunha personaxe máis que vai moldeando a tódolos individuos que a atravesan. Xa sexa da man de Giraud ou Palacios, os debuxos son quen de facernos sentir a calor, o pó e a beleza dos espazos abertos ou a opresión do Canón do Antílope. Pero tamén é un mundo que agroma arredor do ferrocarril, as cárceres, os pobos mexicanos e as cidades (coa omnipresencia do saloon coma centro sobre o que pivotan boa parte das tramas, tan ben retratado polo trazo de Boucq en Bouncer).western01-Metrópoles Delirantes

Nesta particular xeografía móvense os protagonistas, que durante a primeira etapa do xénero —entre os anos trinta e cincuenta—, popularizaron múltiples cabeceiras con distinta sorte. Entre todas elas destacaron Ringo Kid, El llanero solitario (dando o salto dende un serial radiofónico) ou Two Gun Kid, cun Kirby que volvía demostrar o seu poderío visual para as escenas de acción. Case sempre eran individuos acusados falsamente dalgún delito e durante a súa fuxida aproveitaban para impartir xustiza ó seu xeito. Seguir lendo

Advertisements

Miguel Porto publica “Allen: Fillo de Hellcock” nos EUA

Allen-Metrópoles DelirantesA bd galega segue a exportar talento, Miguel Porto, debuxante e mestre na escola profesional de bd O Garaxe Hermético, publica este vindeiro 9 de Nadal o primeiro número da serie que está a facer para a editora norteamericana Z2 Cómics con guión de Will Tracy e Gabe Koplowitz.

Hellcock2-Metrópoles Delirantes

 

A bd é  unha serie de fantasía épica que conta as aventuras do fillo inconformista dun gran guerreiro medieval. Allen é cobarde e físicamente debil e tamén é o único fillo do heroe máis poderoso capaz de afundir a espada fondamente no escuro corazón do mal … o poderoso HELLCOCK! A pantasma do seu pai empuxa a Allen para ir nunha búsca que non irá polo camino agardado.

Haberá presentación nas librarías Banda deseñada en Vigo e Sindicato del Cómic en Ourense que ademais van ter exemplares á venda.

Lobeto será Laura Kinney

AllnewLobeto-Metrópoles DelirantesParece que Marvel atopou ó filón en feminizar os seus superherois, despois de facelo con Thor volve a facelo con Lobeto. Na nova serie que foi lanzada neste mes nos Estados Unidos a partir de agora, Wolverine será Laura Kinney ou X-23, un clon feminino do mutante que ten as súas mesmas habilidades de rexeneración e forza, e por suposto o esqueleto de adamantium e as características gadoupas .

O personaxe xurdiu cando intentaron copiar o Proxecto Arma X (o experimento científico, que buscaba crear un arma definitiva, onde lle subministraron o adamantium a Logan) Laura foi creada como unha máquina asasina, máis conseguiu liscar e rematou sendo a protexida e aprendiz de Logan.

Na nova serie chamada “All-New, All-Different” Wolverine morre por un virus que ataca a súa capacidade rexenerativa e Laura Kinney ou X-23, decide substituílo co mesmo uniforme.

Xornalistas baixo os focos das viñetas

Un dos intres que máis se recordan do filme Kill Bill de Tarantino é o monólogo de Carradine sobre Superman e a súa identidade secreta como visión crítica dos habitantes da Terra. Arriscándonos coa metáfora poderiamos dicir que o kriptoniano tamén sufriu de certo Síndrome de Estocolmo ao deixarse levar polo idealismo humano, escollendo o xornalismo coma traballo. E non só como un medio para obter información de primeira man senón tamén pola visión romántica da procura da verdade.metropoles01

Reporteiros, redactores, editores e demais membros do mundo da comunica
ción apareceron de xeito regular dende os inicios do cómic, sendo a ferramenta perfecta para achegarse á
realidade social, política ou, simplemente, empregalos como escusa para a aventura cara lugares exóticos.

Cada historia ten un prezo

A vida dun xornalista non é sinxela e aínda se complica máis se ten que salvar o mundo (ou Metrópolis / Nova York) cada día. Con máis de setenta anos ás costas, as historias de Superman, Lois e o resto da redacción do Daily Planet son un bo compendio do mellor e o peor da profesión, evolucionando dende a inocencia dos primeiros tempos até o cinismo do sensacionalismo, a procura do espectáculo en detrimento dos feitos e a chegada do xornalismo dixital. Seguir lendo

Bella Muerte é un dos gañadores do 8º Premio Int. de manga

mangalogo2012-Metrópoles DelirantesEmma Ríos e as súas compañeiras Kelly Sue DeConnick e Jordi Bellaire veñen de recibir o Premio International MANGA Award na súa oitava edición polo excelente Bella Muerte (Pretty Deadly).

O Premio Internacional de manga é organizado polo Ministerio de Asuntos Exteriores de Xapón para homenaxear artistas que contribuísen á promoción do Manga no exterior, trala primeira selección realizada co apoio da Asociación de Editores de Manga, o Xurado do Premio  escolleu un total de 15 gañadores, entre os que están Bella Muerte e La Mondaine de Lafebre e Zidrou.

Gañadores dos premios Harvey 2015

NEW-HARVEY-LOGO-WEB-2012-2-Metrópoles DelirantesComo cada ano, na Baltimore Comic Con, danse a coñecer os premiados nos premios Harvey. Estes premios son outorgados polos propios creadores.

Máis un ano “Saga” (Image comics) é a obra máis premiada e a súa debuxante, Fiona Staples gaña os premios a Mellor Debuxante e Mellor portadista.  Blacksad: Amarillo, a obra de Guarnido e Canales tamén leva un premio, o de Mellor edición Americana de material extranxeiro (Dark Horse), e o Private Eye de Brian K. Vaughan, Marcos Martin, and Muntsa Vicente, leva o de mellor bd online (panelsyndicate.com)

Lista completa:

Mellor Guionista.

Jason Aaron , Southern Bastards, Image Comics
Jen Van Meter, The Death-Defying Doctor Mirage, Valiant Entertainment
Brian K. Vaughan, Saga, Image Comics
Mark Waid, Daredevil, Marvel Comics
G. Willow Wilson, Ms Marvel, Marvel Comics

Mellor Debuxante.

Clayton Crain, Rai, Valiant Entertaiment
Roberto de la Torre, The Death-Defying Doctor Mirage, Valiant Entertainment
Chris Samnee, Daredevil, Marvel Comics
Fiona Staples, Saga, Image Comics
Jillian Tamaki, This One Summer, First Second Books Seguir lendo

A DC Comics Style Guide de José Luis García López

Batman_GarciaLopez-Metrópoles DelirantesHai apenas un mes e medio visitaba a súa aldea natal no concello de Lalín, José Luís García López, alí tivemos o privilexio de falar con el na presentación do cuarto número de Castelao de Ivan e Inacio, un home sinxelo e humilde, pero sobre todo, moi agradábel, que se mostraba sorprendido pola repercusión do seu traballo.

Entre outros traballos, José Luís ilustrou para DC a iniciativa de Warner Bros, a guía de personaxes da compañia, a referencia para outros autores e tamén para o merchandising. A DC Comics Style Guide é un traballo de 1982 da que a páxina de fans en Facebook “José Luis García-López Fans”  pendurou na rede  máis de  200 páxinas, nas que atoparemos os deseños de personaxes, e guías de cor. Un traballo realmente importante e de altísima calidade que podedes (e debedes) ver aquí.

Vía