Arquivo da categoría: Autores

Xornalistas baixo os focos das viñetas

Un dos intres que máis se recordan do filme Kill Bill de Tarantino é o monólogo de Carradine sobre Superman e a súa identidade secreta como visión crítica dos habitantes da Terra. Arriscándonos coa metáfora poderiamos dicir que o kriptoniano tamén sufriu de certo Síndrome de Estocolmo ao deixarse levar polo idealismo humano, escollendo o xornalismo coma traballo. E non só como un medio para obter información de primeira man senón tamén pola visión romántica da procura da verdade.metropoles01

Reporteiros, redactores, editores e demais membros do mundo da comunica
ción apareceron de xeito regular dende os inicios do cómic, sendo a ferramenta perfecta para achegarse á
realidade social, política ou, simplemente, empregalos como escusa para a aventura cara lugares exóticos.

Cada historia ten un prezo

A vida dun xornalista non é sinxela e aínda se complica máis se ten que salvar o mundo (ou Metrópolis / Nova York) cada día. Con máis de setenta anos ás costas, as historias de Superman, Lois e o resto da redacción do Daily Planet son un bo compendio do mellor e o peor da profesión, evolucionando dende a inocencia dos primeiros tempos até o cinismo do sensacionalismo, a procura do espectáculo en detrimento dos feitos e a chegada do xornalismo dixital. Seguir lendo

Advertisements

Pablo & Jane en la Dimensión de los Monstruos – Booktrailer

O novo álbum de Jose Domingo xa está editado no Reino unido e axiña na España. Os nosos autores seguen acadando recoñecementos e éxitos no mundo.

Unha viaxe ao Período Edo a través do manga

Hai certas culturas que sempre exerceron unha poderosa fascinación sobre a mentalidade occidental, xa sexa por seren totalmente contrarias á propia, pola súa filosofía ou polo engado das súas expresións artísticas. Xapón é o mellor expoñente desa atracción e todo o que chega dese lugar ó outro lado do mundo ten a forza do descoñecido.

O manga, unha das súas exportacións culturais máis fortes, converteuse co tempo nunha boa ferramenta para achegarse ao seu pasado, destacando a multitude de obras situadas na época Edo (1603-1868). Durante eses anos o shogunato Tokugawa pasou por diversas etapas —do esplendor inicial á crise que levaría á Era Meiji— e o cómic foi recollendo dende os seus inicios personaxes, paisaxes e costumes que forman parte do noso imaxinario sobre o país nipón.

O camiño do samurai

Se hai unha imaxe na que pensamos cando se nos fala do período Edo é a figura do samurai e  a estrita xerarquía social da que formaban parte. Boa parte do xénero de espada (coñecido como chanbara no ámbito do cine) está situado nesta etapa histórica, ofrecéndonos dende biografías de guerreiros famosos ata historias intimistas ou de carácter fantástico.

Gatsuma Gishiden: El honor del samurai, é unha lectura básica para achegarse á figura dos samuraicoñecidos guerreiros dun xeito máis realista, afastándose da visión romántica do bushido. En tempos de paz a súa adaptación á vida civil é difícil e destaca o último volume, onde se amosan acontecementos como as obras para controlar as inundacións en 1754 e as duras condicións de vida tanto dos samurai coma dos campesiños.

Pero a referencia por excelencia é El Lobo Solitario y su cachorro, na que podemos seguir o épico percorrido dun home para vingar á súa familia. As loitas internas dentro dos clans para achegarse ao poder xogan un papel fundamental, tamén a corrupción dentro do sistema, que se mestura coa vida das xentes de aldea, bordeis e asasinos, desvelando as raizames podrecidas que levarían ao derrubamento do shogunato no século XIX. Seguir lendo

A DC Comics Style Guide de José Luis García López

Batman_GarciaLopez-Metrópoles DelirantesHai apenas un mes e medio visitaba a súa aldea natal no concello de Lalín, José Luís García López, alí tivemos o privilexio de falar con el na presentación do cuarto número de Castelao de Ivan e Inacio, un home sinxelo e humilde, pero sobre todo, moi agradábel, que se mostraba sorprendido pola repercusión do seu traballo.

Entre outros traballos, José Luís ilustrou para DC a iniciativa de Warner Bros, a guía de personaxes da compañia, a referencia para outros autores e tamén para o merchandising. A DC Comics Style Guide é un traballo de 1982 da que a páxina de fans en Facebook “José Luis García-López Fans”  pendurou na rede  máis de  200 páxinas, nas que atoparemos os deseños de personaxes, e guías de cor. Un traballo realmente importante e de altísima calidade que podedes (e debedes) ver aquí.

Vía

Os mundos compartidos da Literatura e o Cómic

A literatura e o cómic manteñen unha relación longa e frutífera, con constantes influencias de ida e volta: mentres que a primeira aportou temas e personaxes sobre os que debuxar e experimentar dende a particular visión das viñetas, a BD serviu dende as súas orixes para crear lectores apaixonados, que cos anos ampliaron fronteiras con outros espazos narrativos como a novela ou a poesía.

Nesta relación, os autores de cómic souberon crear universos novos con esas herdanzas literarias —dende a Liga de los Hombres Extraordinarios de Moore e O’Neill, ate Hellboy e a súa conexión cos monstros atávicos de Lovecraft ou a inspiración da xeración Beat que se respira na quinta entrega de Blacksad, Amarillo—. Pero máis aló destas referencias, o papel dos propios escritores e as adaptacións de obras literarias ofrecen sempre material interesante ao que achegarse.

De profesión ‘crear obras universais e salvar o mundo’

O atractivo dos escritores podemos velo nas devanditas homenaxes ás súas criaturas ou no estudo das súas vidas e percorridos profesionais en múltiples biografías. Porén, unha das referencias máis socorridas é o emprego dos autores reais coma personaxes que se moven no mundo de ficción da BD.

sandman2-Metrópoles Delirantes

Poden servir como ferramenta para introducir temas como a procura da inmortalidade, nas que Shakespeare sempre é unha boa escolla. En Sandman aparece en varias ocasións, pero é na historia de El Sueño de una Noche de Verano cando Gaiman aproveita para afondar no papel que Sono —o inconsciente e o irreal—xoga no proceso creativo. Tamén hai presenzas menos filosóficas e realistas, coma o Jack London que coincide con Corto Maltés na guerra entre Xapón e Rusia. O seus diálogos achégannos á súa vida errante como xornalista en conflitos de medio mundo, que nos transporta aos caóticos comezos do século XX en cada unha das súas reflexións irónicas. Seguir lendo

Contando historias persoais (II): retratos dende a primeira liña

Na anterior entrada falamos sobre a importancia que está a ter a biografía como un xénero de seu dentro da banda deseñada e deixamos á parte a autobiografía pola súa variedade de temas, estilos e perspectivas. E se nas primeiras destacaba a nosa curiosidade por indagar na vida dos outros, nas segundas os autores achéganse ao lector dun xeito máis directo con historias coas que nos podemos identificar e comparar coas nosas propias experiencias.

Houbo moitos xeitos de achegarse á autobiografía na literatura: foi un método para relatar vidas relixiosas, agrandar a visión dun mesmo de cara a galería ou incluso desafiar os límites entre o imaxinado e a realidade (ao estilo, por exemplo, de Giacomo Casanova) pero case sempre estaban estruturadas arredor dunha liña cronolóxica definida. No cómic non existen límites temporais nin formais, con regras ditadas unicamente pola personalidade e estilo de cada autor.

A pesar destes múltiples enfoques, pódese blankets-Metrópoles Delirantesfalar dunha tríade que sae a relucir sempre que se fala desta temática: Maus, Persépolis e Blankets. Son obras imprescindibles que recollen parte dos estilos máis empregados nas últimas décadas, dende a procura do pasado familiar, á denuncia dunha situación política vivida de primeira man ou momentos concretos que cambiaron profundamente ós protagonistas. Seguir lendo

Convocada unha residencia na Maison des Auteurs en Angoulême

La cite-Metrópoles DelirantesAcción Cultural Española (AC/E) e a Cité internationale de la bande dessinée et de l’image, coa colaboración do Institut Français de España/ Embaixada de Francia en España, organizan unha residencia para un autor/a español de novela gráfica na Maison des Auteurs en Angoulême.

A residencia ten como obxectivo promover a creación no ámbito específico da novela gráfica. A persoa que resulte elixida gozará da residencia na Casa dos Autores (La Maison des Auteurs) de Angoulême (Francia). Seguir lendo