Arquivo da categoría: As lecturas do Sr B

As lecturas do SrB: Licor Café

Aquí en español.

13 grolos da Nova Banda Deseñada Galega

LK-metropoles-delirantesDende este verán o Licor café, amais da bebida nacional da nosa terra, é un libro de Banda Deseñada. Manel Cráneo, a mente inqueda que está detrás de Demo editorial é o artífice deste excelente libro que recomplila trece historias curtas doutros tantos autores e autoras da BD do País. Conta o propio Manel no limiar que a idea levaba anos no aire, mais foi finalmente Cristian Fojón, autor dun dos episodios, quen lle puxo un titulo e quen fixo de detonador desta explosión de arte e creatividade que agromou en forma de libro. Xulia Pisón é a coordinadora deste Licor Café, escolma da Nova BD galega que xa é un imprescindíbel da nosa cultura.

A selección de autores e autoras é ben acaida e representativa, con variedade nas propostas. Hai quen xa ten publicada obra longa e hai outros e outras que aínda se moven máis na escena dos fanzines. A edición é de boa calidade, con portada a cor a cargo de Jorge Peral e interior nun expresivo e esencial branco e negro.

Nesta obra colectiva, que usa como nexo común entre as distintas historias a famosa bebida, navegamos ao longo de máis de cen páxinas polas distintas visións, estilos e narrativas destes autores e autoras. Non é só un libro con historias interesantes senón que serve coma visión panorámica da variedade da nosa BD máis nova que nestes momentos é referencia, mesmo no estado, pola súa capacidade, calidade e independencia. Seguir lendo

Advertisements

As lecturas do Sr B: De tripas y corazón

Aquí en español.

Abstenerse hipocondríacos.

DeTripas 1- metropoles delirantesEste libro recibiu o premio especial do xurado no pasado festival de Angoulême, con todo merecemento. Pozla, o seu autor, descubre con 29 anos e tras unha hospitalización de urxencia que o «alien» (así o define el mesmo) co que leva anos convivindo é a enfermidade de Crohn, un mal crónico e grave do aparato dixestivo que cambia totalmente a súa vida e a da súa acabada de crear familia. Pozla cóntanos o camiño que vai percorrendo dende aquela primeira hospitalización de urxencia. As visitas a galenos, os distintos diagnósticos polos que pasa ata que descobren o que realmente padece, e por riba de todo, como é vivir cunha enfermidade que lle fai padecer grandes dores e períodos de hospitalización longos nos que usa o debuxo como terapia para mante-la esperanza de vencer nunha loita contra o seu propio corpo. Seguir lendo

As lecturas do Sr B: La muerte de Stalin

Aquí en español.

MUERTE-DE-STALIN_capaNa BD franco-belga existe unha potente corrente de recreación histórica, un tipo de cómic que no noso mercado adoita ser ben aceptado polo público e non tanto pola crítica máis especializada que nestes tempos anda máis deslumbrada pola risografía, o vangardismo inintelixíbel e o revival, tan oitenteiro, da liña chunga e o lumpen viñetario. Nesta corrente histórica xa demostrou Nury a súa mestría cunha obra excelente, Érase una vez en Francia, que en España foi publicada en tres tomos por Norma editorial.

En La muerte de Stalin os autores aproveitan os feitos reais, a historia, para, engadíndolle partes ficcionadas, crear unha teoría dos feitos. Con Nury no guión e Robin no debuxo, os alicerces para que a obra sexa interesante están ben postos e son sólidos. Seguir lendo

As lecturas do Sr B: La Balada del Norte

Aquí en español.

A revolución que non puido ser.

labaladadelnorte_1-metropoles-delirantesLa Balada del Norte, da que xa temos os dous primeiros tomos nos andeis das librarías (será unha triloxía), é unha obra maiúscula, unha epopea mineira na Asturias do ano 1934, tempo convulso no que a República comezou a dar síntomas de perigosa febleza e os militares salvapatrias de fortaleza xenocida. Un episodio que a propaganda franquista tentou facer desaparecer, ou no mellor dos casos, retorcer ata construír un relato axeitado para o movemento.

Alfonso Zapico, como cantaba a Rosenvinge, toma a distancia adecuada. Conta unha historia ficticia, nunha vila inexistente, Montecorvo, mais nun marco histórico real. Como os bos cociñeiros fai que cada ingrediente ligue co outro para logo resaltar o verdadeiramente importante e a partir da esencia construír un relato no que todo encaixa e todo é sublime. Seguir lendo

As lecturas do Sr B: Lobada

Aquí en español.

Operación Kartoffel.

lobada1- metropolesdelirantesLobada é unha historia de intriga que acontece nos tempos da Segunda Guerra Mundial cando o País estaba inzado de espías de ambos bandos. Os nazis precisaban o wolframio galego para alimentar a súa maquinaria bélica e algúns empresarios da elite franquista comerciaban con este mineral que sacaban das minas a custes ínfimos, con man de obra de prisioneiros políticos na meirande parte, para enriquecelos a eles e ao o xenocida de voz afrautada e maldade de percusor doado.

En Lobada os vigueses Xosé e Ramón Trigo contan como o mesmo Himmler, xefe das SS, envía a Otto Ranh, o seu investigador paranormal en “nómina”, ata Vigo para facerse coa cura para as enfermidades venéreas coa que unha curandeira galega sandou aos enxeñeiros alemáns destinados nas minas. Ao mesmo tempo teñen que darlle solución aos problemas que os fuxidos ao monte ocasionan co estraperlo do valioso mineral e as sabotaxes. Seguir lendo

As lecturas do Sr B: Basura

Aquí en español.


A maxia do lixo

basura-metropolesdelirantesHai autores cun arte especial para contar as cousas máis cotiás de xeito brillante. Este é o caso de Derf Backderf, que xa sorprendeu co seu anterior libro, Mi amigo Dahmer, obra na que narraba a xuventude de Jeffrey Dahmer, o carniceiro de Milwaukee, un asasino en serie do que foi compañeiro de instituto.

En Basura conta de xeito autobiográfico a súa experiencia traballando na recollida do lixo nos seus anos mozos. Puntualiza no limiar que o que conta son historias vividas por el ou por xente que coñece. Seguir lendo

As lecturas do Sr B: Hernán Esteve

Aquí en español

O labirinto da propia vida e o alter ego como terapia.

Hernan-Esteve-metropoles-delirantesEsta nova obra de Hernández, vello coñecido da escena fancineira hispana, está editada pola granadina Libros de Autoengaño e ten un declarado ton autobiográfico. Nun exercicio de desdobramento e de sinceridade brutal o autor ispe o corpo e a alma, e a través dun alter ego, Hernán, e do seu propio personaxe vai debullando cousas da súa vida nas que calquera pode recoñecer a súa infancia, a súa xuventude ou a súa madurez, ou todas a un tempo, porque o libro ten algo de xeracional.

O amor e a amizade, ou a confusión de ambos, que só se pode diferenciar coa distancia da madurez, a manipulación dun adolescente, a inocencia, e porén, a súa perda, estes son algúns dos momentos vividos que Esteban deita nesta obra, un libro que se antolla valente polo que ten de exhibicionista, de berrar certa normalidade oculta e de poñer en cuestión o transcorrer da propia vida. Un exercicio de auto psicoanálise que pode chegar a ser tan imprescindíbel como suicida ou tan innecesario como salvador. Seguir lendo