Los años de internet | Damian Bradfield e David Sánchez

  • Autor: Título: Los años de internet.
  • Autor: Damian Bradfield e David Sánchez.
  • Editorial: Astiberri.
  • Lugar: Bilbao.
  • Ano de edición: 2021.
  • Número de páxinas: 88.
  • Prezo: 17€.

A ditadura dos algoritmos

Damian Bradfield, o fundador da tecnolóxica WeTransfer forma sociedade con David Sánchez (Un millón de años, Museomaquia ou En otro lugar), para reflexionar e contarnos, nesta BD, como a hiperconectividade das sociedades actuais nos afecta na nosa vida diaria. As empresas de internet son un monopolio de xigantes tecnolóxicos que comercian cos nosos datos e coa nosa privacidade.

A economía dixital prometía unha revolución que democratizaría o acceso á información, faríanos máis libres para crear e difundir contidos e facilitaría moito as nosas vidas. Ten algo diso, é evidente, máis ten moito máis de crear un negocio novo moi rendíbel no que nós somos o produto. E que é fantástico para o control social.

 Damian e David imaxinan e debuxan un mundo distópico, ou non tanto xa, no que a ditadura dos algoritmos inflúe, domina e controla a nosa existencia. Hoxe xa non podemos, practicamente, vivir sen un teléfono móbil. Dende as conversas privadas até os datos bancarios ou a localización pasan polo aparello. Sen embargo, a nosa confianza é permanentemente violada polo monopolio dixital creando o que o filósofo Byung Chul-Han chama: o panóptico dixital. Os noso dispositivos recompilan información por miles de millóns de bytes que son procesados polo Big Data para segmentar, clasificar, paquetizar e comerciar. Os datos non son o novo petróleo, somos nós. Non somos petróleo, somos gando. As vacas que engordamos o turbocapitalismo que domina o mundo.

Formalmente, só podemos dicir loubanzas do debuxo. Sánchez é posuidor dun estilo realmente agradábel, pulcro, elegante e cun excelente uso da cor que lembra a Julian Opie. O deseñador extrae co seu debuxo moderno, atractivo e sedutor todas as posibilidades dun guión certamente frouxo, ou directamente malo, pueril, inmaturo e, mesmo, algo rídículo. Un roteiro tecido a base de historias curtas que non deixa de ser unha colección de lugares comúns pouco imaxinativos e cun desenvolvemento pobre. A intención é boa, agradécese a iniciativa de levar o debate até a BD. Mais como dicimos en Forcarei: A gaita é para o gaiteiro, Damian.

Advertisement

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s