Balada para Sophie | Filipe Melo e Juan Cavia

  • Título: Balada para Sophie.
  • Autor: Filipe Melo e Juan Cavia.
  • Editorial: Norma Editorial.
  • Lugar: Barcelona.
  • Ano de edición: 2021.
  • Número de páxinas: 317.
  • Prezo: 35€.

Le poète du piano

Melo e Cavia xa levan ás costas unha boa presada de obras, dende o divertido e fantastico Dog Mendonça e Pizzaboy até os Vampiros espectrais (e reais) das guerras coloniais africanas. Sempre fixeron boas obras, ben é certo, mais con esta Balada para Sophie acadaron outro nivel.

Balada para Sophie contanos a vida Julian Dubois, un celebrado e exitoso pianista, xa no final da súa vida, que mantivo unha relación de rivalidade e admiración con outro pianista, François Samson.  Un día aparece na súa porta, Adeline Jourdain, unha xornalista que quere entrevistalo e, pese á reticencia inicial, este remata por contarlle a súa vida e memorias e, tamén, os seus segredos.

O guión desta Balada para Sophie é simplemente magnífico, espectacular, fermoso. Poñan todos os epítetos que queiran, é unha obra de reloxería, todo funciona, todo está no seu sitio, todo o artefacto traballa coordinado para impulsar a lectura, que xa lles advirto, atrapa como a fame despois dunha noite de festa. Un guión que, ademais, é quen de transmitir os matices da música. A carreira de Filipe Melo como pianista sobrevoa a narración, nótase que quen escribiu a historia sabe falar de música e impregnar de melodías e harmonías cada viñeta.

 Os autores son quen de construír uns personaxes ricos, con claros e escuros, cunha evidente capacidade de veracidade, o que sempre é difícil, e unha historia que atrapa e que pasa por momentos drámáticos, tenros, divertidos e tolos cunha naturalidade que seduce e impresiona. Penso que non esaxero se digo que é o mellor guión (de BD) escrito por Filipe Melo en toda a súa carreira.

A nivel gráfico non queda atrás. Cavia desenfunda todo o seu arsenal para acadar un nivel que está no máis alto da escala de calidade da Banda deseñada actual. Non só ten un estilo rico e agradábel, que está ben equilibrado entre o realismo e a idealización, o descriptivo e o ornamental. Cavia amosa un dominio do medio e da linguaxe gráfica absoluta, amais, os anos que levan traballando xuntos fanse evidentes e a conxunción que acadan é tal que mesmo semella que todo o fixera a mesma persoa.

Unha BD moi recomendábel para a que o Filipe Melo mesmo escribiu a partitura da Balada. Se queren velo tocando a pequena peza que da título a este libro so teñen que buscalo na famosa rede de videos que xa saben. 

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s