III Festival da Arte da Ilustración “Allariz Debuxado”

allariz-ilustrado_03_baixa_1Os días 25 e 26 de xaneiro, Allariz acollerá a terceira edición do Festival da Arte da Ilustración “Allariz Debuxado”. Esta iniciativa desenvolvida conxuntamente pola editorial Aira, a escola Antonio Faílde de Ourense e Pablo Picasso da Coruña será un foro de participación de ilustradores, tanto profesionais coma afeccionados e nela participarán máis de cen alumnos e alumnas das escolas galegas.

Na programación atopamos palestras con ilustradores de recoñecido prestixio no sector como Javier Olivares; Miguel Ángel Giner e Cristina Durán, que presentarán as súas bandas deseñadas “Tercer día” e “Una posibilidad”. Un encontro cos editores de Kalandraka, Manuela Rodríguez e Xose Ballesteros, ensinarán aos participantes como presentar traballos ás editoriais. E tamén unha exposición que acollerá a Galería circular durante a fin de semana con traballos galardoados no Premio Compostela promovido pola propia Kalandraka.

En paralelo celebrarase, no entorno do Allariz Debuxado, a Feira de Ilustración con máis de 20 expositores e a realización de 7 microprentacións.

O programa é:

Venres 25

  • 12:30 Presentación das xornadas a cargo de César Lorenzo, director de Aira Editorial.
  • 13:00 Palestra a cargo de Javier Olivares: Intermundos. Crónicas de mil viajes entre la historieta y la ilustración.
  • 17:00 Palestra a cargo de Miguel Ángel Giner Bou: Guión y narrativa gráfica. Claves para contar unha historia.
  • 19:00 Palestra a cargo de Cristina Durán e Miguel Ángel Giner Bou: El cómic como herramienta de transformación social.

Sábado 26

  • 10:30 Encontro cos editores de Kalandraka, Manuela Rodríguez e Xose Ballesteros: Premio internacional Compostela de Álbum ilustrado.
  • 12:00 Feira da ilustración no Espazo Bencomún: Micropresentacións e Presentación dos Nimales de Miki Plliviam.
  • Exposición na Galería Circular: 11 anos de Premio Internacional Compostela de Álbum Ilustrado.
Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s