A Terna de nomeados para o Gran Premio de Angouleme 2019.

 

O nome gañador anunciarase o mércores 23 de xaneiro na cerimonia de apertura do festival.

nomeados-gp-angouleme2019

Rumiko Takahashi

Con corenta anos de carreira é sen dúbida unha das principais autoras do mundo da BD. Cara ao final do seu primeiro ano na universidade, ingresou no taller gekiga fundado polo gran escritor Kazuo Koike. En 1978 comeza a publicación de Urusei Yatsura logo virán éxitos como Maison Ikkoku e Ranma 1/2. As adaptacións animadas das súas series contribúen á súa popularidade máis aló das fronteiras de Xapón.

Emmanuel Guibert

Comezou a súa carreira con Brune, un traballo que aborda o ascenso do nazismo en Alemania. O seu estilo evoluciona rapidamente logo da súa participación no Atelier des Vosges, con autores como Frédéric Boilet, Emile Bravo, Christophe Blain ou Joann Sfar. En 2003 comezou a publicar a súa obra máis premiada, O Fotógrafo, en colaboración co fotógrafo Didier Lefèvre e co colorista Frédéric Lemercier; na que narra o traballo dun grupo de Médicos Sen Fronteiras en Afganistán. Tamen é autor de A Guerra de Alan que publicou, entre 2000 e 2008  unha serie de libros inspirados por recordos do seu amigo Alan Ingram Cope. Creou con Joann Sfar As Olivas Negras e Ariol con Marc Boutavant.

Chris Ware

Chris Ware publicou moi cedo en RAW, a revista vangardista de Art Spiegelman e Françoise Mouly. A principios de 1990, comezou un importante traballo coa serie The Acme Novelty Library. Aclamado en cada novo lanzamento, Chris Ware recibiu numerosos premios, incluíndo 28 Premios Harvey Awards e 22 Premios Eisner. Publicou en 2012 Fabricar Historias, un impresionante libro obxecto composto por quince libros de diferentes formatos. Recibiu o Premio Especial do Xurado no Festival Angulema en 2013.

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s