15º Encontro Galego de Ilustración, 

CARtel A2 02 img BIGA Asociación Galega de Profesionais da Ilustración (AGPI) organiza o decimoquinto Encontro Galego de Ilustración, unhas xornadas con contidos e actividades de interese tanto para profesionais como para o público xeral. O groso das actividades decorrerá na Unitaria (o venres 28) e no Auditorio de Galicia (o sábado 29).

Nesta edición están convidados tres nomes de grande relevancia dentro do panorama actual da ilustración: Ana Galvañ, Juan Díaz-Faes e Miguel Gallardo.

Programación

Sexta feira 28 de setembro (na Unitaria)

  • 18:00 Obradoiro de Ilustración con Miguel Gallardo: «Eu non sei debuxar».

Prazas limitadas. Inscrición: 15 euros (para socios da AGPI: 5 euros). Inscricións ata esgotar as prazas. Accede aquí ao formulario de inscrición.

  • 21:00 Ilustranoite.

Micropresentacións de proxectos de ilustración nun ambiente desenfadado. Entrada libre e de balde.

Sábado 29 de setembro (no Auditorio de Galiza, Sala Mozart)

  • 10:45 Presentación.
  • 11:00 Charla con Ana Galvañ: «Polo menos tes traballo».

Ana Galvañ (Murcia, 1975). Autora de cómics e ilustradora. Tras estudar Belas Artes en Valencia estableceuse en Madrid. En 2010 recibiu o Premio especial do xurado no III Certamen Creacómic, e en 2016 recibiu un dos dez premios Gráffica. As súas historias teñen aparecido en editoriais como Fantagraphics, Nobrow, Ultrarradio, Vertigo DC, Off Life, Autsáider, Apa-Apa e Fosfatina. O seu libro Pulse enter para continuar (Apa Apa Cómics, 2018) terá proximamente edición en inglés en Fantagraphics.

  • 12:30 Charla con Juan Díaz-Faes: «San “quehago” de Compostela».

Juan Díaz-Faes (Oviedo, 1982). Ilustrador en innumerables soportes, ten entre as súas especializacións o deseño de estampados. Colabora con revistas como Yorokobuou Ling, e entre os seus clientes figuran marcas como Coca-Cola, Vodafone ou Ikea. É coautor do libro Treinteenagers, con Carlos G. Miranda (Lunwerg), e dos volumes publicados por Yorokubu Escacatológico, Cromaticaca, Era tan suave… (con José Luis Moro) e Cien pelis para ver y darle al coco (con Borja Crespo). Ademais, é profesor para organizacións como o IED ou Domestika.

Miguel Gallardo (Lleida, 1955). Ilustrador e historietista. Colabora como ilustrador en La Vanguardia, Herald Tribune, New Yorker, El Paíse New York Times, entre outros medios. Foi membro fundador en 1979 da revista El Víbora, e na súa carreira como autor de cómic ten publicado numerosos álbums, con series como Makoki ou Buitre Buitaker, e historias independentes como Un largo silencio ou Tres viajes. Ten traballado ademais para campañas publicitarias de marcas como Evax, Cerveza San Miguel, Estrella Galicia ou BMW. É gañador de dous premios do Salón do Cómic de Barcelona, ademais do Gran Premio por toda a súa traxectoria (2014), e dous premios da Society of Newspaper Design. En 2008 obtivo o Premi Nacional de Cultura al Còmic (Generalitat de Catalunya) polo seu libro María y yo, acerca da súa filla con autismo. O libro foi adaptado posteriormente ao cinema no filme do mesmo título, e en 2015 tivo unha continuación, María cumple 20 años. Entre 2011 e 2015 foi presidente da APIC.

  • 23:00 Festa de fin de encontro: Sesión DJ ilustrada.

Sesión DJ a cargo de Bluemouse + proxeccións de debuxo en directo. Local sorpresa, comunicarase durante a xornada do 29. Entrada libre e de balde.

Descargar o programa en PDF (461 KB)

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s