As lecturas do SrB: Conversación 

conversacion1Oscar Iglesias (Urbanoscar) e Ines Casarejos son dous autores ben coñecidos no mundo da autoedición galega. Ela publicou no 2015 un interesantísimo fanzine, de formato extraño, titulado Vídeo club y tienda de fotos no que relataba as súas vivencias traballando nun destes establecementos. El leva varios anos publicando o Pictodiario, un interesante diario de tiras autobiográficas.

Este verán veñen de publicar Conversaciones, un cómic editado polo selo do Sindicato do Cómic (que o deus Moebius colme de gloria a Simón e Ricardo polo traballo microeditorial que fan) no que desenvolven, a catro mans, un fanzine de conversas. Así de sinxelo e así de complexo.

conversacion2O primeiro que chama a atención é o formato, supoño que a querencia de Inés polos formatos peculiares tería moita influencia na decisión, Videoclub… é un A3 dobrado pola metade en vertical. Este ten un formato cadrado (21 x 21 cm) e unha curiosa e metafórica portada no que os alter ego en debuxos dos autores bailan o que se intúe é un rock & roll cincuenteiro. Probablemente non hai nada que un poida imaxinar máis alonxado na vida real destes dous.

Non sei se alguén usou algunha vez o termo fanzine-ensaio, se non é así, queda inaugurado, porque iso é o que Inés e Oscar fixeron aquí. A través de dúas conversas na que cada un dos autores se debuxa a sí mesmo van debullando temas nun xeito de psicoanalise público, Sen dúbida aquí a influencia é de Oscar e do Pictodiario.

Estructurado en dúas partes, correspondentes a dúas charlas separadas por un ano, cuestiónanse o porque desta aventura debuxada, as temáticas e pertinencias do seu espido público a través das viñetas; como ven eles o seu propio traballo e o do outro e como o vemos os lectores, a través das opinións que lles transmitimos. Un fazine autoconsciente que reflexiona o seu propio existir, os xéneros, as narrativas, as temáticas, mesmo as súas expectativas como autores e a obra de outros que son referentes para Oscar e Inés.

conversacion3Na primeira charla os temas suceden, como din os actores, de xeito orgánico, van pasando coma as conversas entre amigos que saltan de tema en tema e van e volven unha e outra vez, neste caso pasamos pola metareferencia fanzineira, a arte, a propia vergoña, a militancia social, o futuro do cómic e o AMOR; así con maiúsculas, que hai neste sector. Tamén polo MAL, que algo hai.

Na segunda conversa segue a reflexión núa, da evolución vital, á política, da arte e a estética aos gustos persoais. Un valente e orixinal (na BD galega) exercicio que decorre coa impronta persoal dos autores e as múltiples referencias cinematográficas, artísticas e culturais que despregan para non só conversar entre eles, senón conversar con nós, os lectores e lectoras.

Un fanzine dos que ofrecen moito máis que unha historia ou unhas páxinas de gozo lector, ofrecen unha reflexión sobre o propio formato e os seus camiños máis filosóficos.

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s